Amosando publicacións coa etiqueta Movemento Galego polo Clima. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Movemento Galego polo Clima. Amosar todas as publicacións

domingo, marzo 14, 2021

Acción Global polo Clima, este venres 19 de marzo, en Ferrol, o Movemento Galego polo Clíma, chama a concentrar-se ás 12 do mediodía no Cantón, como así o fai noutros lugares da Galiza - Non hai Planeta 'B' - #NonMaisPromesasBaleiras - Fridays for Future


Este venres 19 de marzo, hai unha Acción Global polo Clima, en miles de lugares, pobos e cidades, terá lugar unha mobilización popular en defensa do planeta. O movemento internacional "Fridays for Future" convoca esta acción mundial, na Galiza o son máis de 85 organizacións e colectivos os que conflúen no Movemento Galego polo Clíma. que convoca accións locais en cidades e vilas da nosa Terra.

En Ferrol este venres 19 de marzo de 2021, ás 12 do mediodía, concentración no Cantón, no Día Global de Accións polo Clima.

"O quecemento global é consecuencia directa do modelo de produción e consumo que continuamente se demostra incapaz de satisfacer as necesidades vitais das persoas. Un modelo que precariza ás persoas e pon en situación de vulnerabilidade a gran parte da poboación mundial, especialmente ás mulleres, así como aos ecosistemas e o resto de seres vivos que habitan este planeta. Un modelo que arrisca a nosa supervivencia como especie, ao basearse na explotación ilimitada e acelerada dos recursos fósiles, mineiros e naturais, impactando de maneira inxusta nas poboacións máis pobres e vulnerables. Pero, nesta crise, a ciencia tamén sinalou a vía de actuación, que non é outra que a redución e descarbonización do noso sistema económico, especialmente nas sociedades industrializadas occidentais que temos máis responsabilidades e maiores capacidades. Un sistema económico que se paralizou ante a crise do coronavirus e que debemos reformularnos antes de reiniciar. Temos que modificar radicalmente o noso modelo de producir e consumir respectando os límites biofísicos..."

Movemento Galego polo Clíma

O Movemento Galego polo Clima xorde en Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future Future (Venres por Un Futuro) do pasado  27 de setembro do 2019, co obxectivo de saír á rúa e reclamar accións urxentes que fagan fronte á mudanza climática, garantindo un futuro ecosocial xusto para todas.

Até o momento, máis de 85 colectivos galegos xuntáronse para facer fronte á Emerxencia Climática que vive o planeta. Se queres unirte a este movemento asina o manifesto e contáctanos.

Contacto:
movementogalegopoloclima@gmail.com

#NonMaisPromesasBaleiras
_______