Amosando publicacións coa etiqueta Movemento de Pensionistas e Xubiladas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Movemento de Pensionistas e Xubiladas. Amosar todas as publicacións

sábado, maio 29, 2021

Concentración do movemento de pensionistas en Ferrol: Non ao Pacto de Toledo, aos seus recortes e privatizacións - Vídeo


Concentración en Ferrol na defensa do sistema público de pensións: Non ao Pacto de Toledo, aos seus recortes e privatizacións. Como en diferentes cidades da Galiza e do resto do territorio do Estado, en Ferrol, tivo lugar unha mobilización simultánea, para deixar claro que o movemento de pensionistas rexeita o intento de privatizacións e recortes, pola reforma prevista polo ministro Escrivá.


Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______

venres, maio 28, 2021

Mobilización de pensionistas e non pensionistas en Ferrol, na Galiza e en todo o territorio do estado, na defensa do sistema público de pensións - Sábado 29 de maio, ás 12 do medio día no Cantón de Ferrol


Mobilización de pensionistas e non pensionistas en Ferrol, na Galiza e en todo o territorio do estado, na defensa do sistema público de pensións, este sábado 29 de maio, ás 12 do medio día no Cantón de Ferrol.

NON AO PACTO DE TOLEDO, ÁS SEUS RECORTES E PRIVATIZACIÓNS

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______

luns, maio 17, 2021

Así foi a Concentración en Ferrol contra os abusos bancarios, contra a exclusión financeira, por unha banca pública - Comeza unha loita protagonizada polo movemento de pensionistas e xubiladas ate conseguir unha Banca Pública - Vídeo da mobilización - 14 de maio de 2021

Así foi a Concentración en Ferrol contra os abusos bancarios, contra a exclusión financeira, por unha banca pública - Comeza unha loita protagonizada polo movemento de pensionistas e xubiladas ate conseguir unha Banca Pública  co control social e que preste servizos financeiros con criterios éticos e sostíbeis, para evitar a exclusión financeira, asegurar o aforro, xestionar os pagos e cobros, facilitar o consumo das persoas, financiar a vivenda social, en definitiva garantir os dereitos económicos. | Vídeo da mobilización - 14 de maio de 2021



CONTRA OS ABUSOS DA BANCA 14.05.2021 | Fotos de Fernando Ocampo, Ramón Sestayo Castiñeira e Ártabra 21. | Música autor: She's Electric https://soundcloud.com/sheselectricity - Título de música: In Your Arms - Licencia: Creative Commons CC BY.

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!


Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______

xoves, xaneiro 21, 2021

As pensións públicas están ameazadas por un proxecto privatizador e é nese contexto onde se quere preparar á poboación cunha visión sesgada da realidade das pensións - Unidade Coespe manifesta o seu malestar ante a visión deformada da situación das pensionistas nun programa de alta difusión da RTVE


O movemento social en defensa das pensións públicas UNIDADE COESPE manifesta o seu malestar ante a visión deformada do pensionista medio que se lanzou á opinión pública a pasada madrugada do 12 de xaneiro no Comando Actualidade de RTVE.

A reportaxe ofrecida no programa non reflicte a realidade; pola contra, presenta ao pensionista en xeral como alguén coa vida resolta con facilidades para dedicarse, sen problemas, ás súas afeccións, a gozar da vida.

Nada máis lonxe do que ocorre neste amplo colectivo de preto de 9 millóns de persoas, no que, segundo os datos da Seguridade Social, o 20 % das pensións roldan a extrema pobreza (non chegan a 500 euros ao mes), o 40 % non chegan ao limiar de pobreza (menos de 700 euros ao mes) e o 60 % non alcanza o salario mínimo interprofesional (actualmente de 950 euros ao mes). E onde é máis patente a diferenza de pensións entre homes e mulleres, é na chamada brecha das pensións rolda o 34 % (provocada, sobre todo, pola dedicación, case exclusiva, das mulleres aos labores de reprodución e coidados).

Por outra banda, debemos destacar á opinión pública as reformas que quere aprobar o goberno sobre sistema público de pensións, pois toda a poboación estará afectada, ben porque é pensionista, pero sobre todo porque o será nun futuro. As pensións públicas están ameazadas por un proxecto privatizador e é nese contexto onde se quere preparar á poboación cunha visión sesgada da realidade das pensións.

Ademais, entendemos que desde os medios de comunicación considerados como servizo, non se debe colaborar nun proxecto privatizador dun dereito social como é o das pensións.

Por todo iso, solicitamos publíquese este comunicado, dado que somos un colectivo que estudamos en profundidade o sistema público de pensións, que é a nosa especialidade, no que contamos con técnicos cualificados, ademais de recoller o sentir da rúa.

UNIDADE COESPE
20 xaneiro 2021

Enviado por:
Ricardo Castro
-prensa@coespe.info-
21 de janeiro de 2021 11:13

_______

sábado, xuño 06, 2020

Marchas Cívicas nas sete cidades da Galiza, o xoves 11 de xuño: por uns Servizos Sociais 100% Públicos, Contra a Privatización, e en Solidariedade coas Vítimas da Covid'19 nas Residencias - En Ferrol ás 12 do mediodía na Praza de Armas


Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias.

CONVOCATORIA DE “MARCHAS CÍVICAS”: por uns Servizos Sociais 100% Públicos, Contra a Privatización, e en Solidariedade coas Vítimas da Covid'19 nas Residencias.

O xoves, 11 de xuño, terán lugar “MARCHAS CÍVICAS”nas sete principais cidades galegas: Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. As “Marchas” están organizadas polo colectivo de pensionistas “Movemento Galego pola Defensa das Pensións e Servizos Públicos” (MODEPÉN), e o grupo de “Traballadoras das Residencias Galegas” (TReGA). As “Marchas” contan co apoio de familiares de usuarios das residencias de maiores, e representantes deses familiares tomarán tamén a palabra nos actos finais das “Marchas”.

MODEPÉN, TReGA, e os familiares dos usuarios das residencias, veñen traballando xuntos desde hai case 1 ano na denuncia das precarias condicións nas que estas se atopan. O forte exceso de mortes polo COVID'19 que houbo nas residencias, sobre todo nas de xestión privada, son unha proba máis da necesidade de introducir profundos cambios no modelo de residencias actualmente existente.

Os OBXECTIVOS das “Marchas” son os seguintes:

▪ DENUNCIAR A FORTÍSIMA PRIVATIZACIÓN das residencias e demais servizos galegos da dependencia: só o 15,6% das prazas das residencias galegas son plenamente públicas, é dicir de titularidade e xestión públicas.

▪ EXIXIR UNS SERVIZOS SOCIAIS 100% PÚBLICOS: precisamos residencias, servizos de atención no fogar, centros de día, ..., de titularidade e xestión plenamente públicos, e caracterizados por ser universais, centrados nos coidados no domicilio, e de calidade. Debemos superar o modelo actual de servizos públicos para os maiores e dependentes marcado pola súa enorme privatización, prezos moi caros, e calidade de atención moi mellorábel.

O dereito ao correcto coidado no solpor da vida debe ser garantido polos poderes públicos, como sucede nos países nórdicos; e como xa sucede no caso do ensino ou a sanidade pública.

▪ SOLIDARIZARSE COAS VÍTIMAS DA COVID-19 NAS RESIDENCIAS e demandar xustiza e reparación para as mesmas.

A HORA E LUGAR DE saída das “Marchas”, serán as seguintes:

▪ VIGO: ás 20:00 horas, no cruce de Rosalía de Castro con García Barbón

▪ OURENSE: ás 20:30 horas, na Praza Maior

▪ SANTIAGO: ás 20:00 horas, na Alameda

▪ PONTEVEDRA: ás 12:00 horas, na Praza da Peregrina

▪ CORUÑA: 12:00 horas, no Obelisco

FERROL: 12:00 horas, na Praza de Armas

▪ LUGO: 12:00 horas, na Praza do Concello,

Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias. Coa denominación de “MARCHAS CÍVICAS”queremos facer fincapé nos seguintes aspectos:

▪ As marchas só se realizarán se contan con todos os permisos legais preceptivos nestes tempos da Covid'19;

▪ Pedímoslle a todos e todas as participantes nas marchas que se organicen en ringleiras mantendo a distancia de seguridade de 2 metros entre as persoas, que leven máscaras de protección, e que sigan as instrucións do servizo de orde;

▪ As persoas do servizo de orde irán con chaleques identificativos, levarán máscaras de protección, disporán de solucións hidroalcóholicas para hixiene de mans, e repartirán entre os participantes cintas de 2 metros para axudar a manter a distancia de seguridade.

▪ En cada unha das 7 marchas, haberá unha única pancarta inicial co seguinte texto: “Contra a privatización e por uns servizos sociais 100%públicos”;

▪ Solicitámoslle a todas e todos os participantes nas ‘Marchas’ que respecten o seu carácter plural e transversal, e non utilicen faixas ou bandeirolas específicos dos colectivos dos que poidan facer parte;

▪ Pedímoslles a todas as persoas que estean de acordo cos obxectivos das ‘Marchas Cívicas’ que participen nelas, e esa petición estendémoslla tamén a todos os colectivos sociais, veciñais, sindicais, políticos, profesionais... que tamén os compartan.

01/06/2020

Plataforma Ferrolterra en Defensa das Pensión Públicas

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/



_______

venres, xaneiro 18, 2019

Comunicado da III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións - ...non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivos


Reunida en Madrid este 11 de xaneiro de 2019, pasados uns meses do segundo ano da súa constitución, a III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, decidiu entre outros asuntos, continuar coas mobilizacións e emitir o seguinte comunicado:

COMUNICADO DA COORDINADORA ESTATAL NA SÚA III ASEMBLEA.

Compañeiros e compañeiras; o 10 de setembro de 2016, nacía nos xardíns do Paseo del Prado de Madrid esta Coordinadora, coa participación dunhas poucas CC.AA. e unha vintena de persoas. O pasado día 11 de xaneiro, apenas dous anos máis tarde, celebrouse en Madrid a III Asemblea da COESPE coa participación da práctica totalidade das CC.AA, e 70 persoas colaborando nas diferentes comisións de traballo, sen dúbida todo un éxito que vos debemos a vosoutr@s, pola vosa persistencia, resistencia e apoio a un movemento social que aínda ten moito traballo por diante, e moito que opinar sobre pensións e dereitos no noso país. Agradecemos todo o traballo realizado aos compañeiros/as saíntes, aínda que sabemos que no fondo seguirán con nosoutros, e toda a forza necesaria para os compañeiros/ as, que continúan na loita.

Dixémosllo á Ministra Magdalena Valerio o día 31 de xullo: nós queremos unha solución ao noso Sistema Público de Pensións; nós estamos dispostos a traballar nesa solución, a achegar o que sabemos, a fixar prazos realizables e con compromisos, onde todos/as podamos sentir cómodos/as, pero nós non abandonaremos as rúas e as prazas de pobos e cidades, se só tratades de poñer parches a unha situación que se vén degradando desde a firma do Pacto de Toledo.

Temos a impresión, máis ben a constatación, de que o Goberno non busca a solución do problema, de que non lle interesa realizar unha reforma integral do SPP, que proporcione unha vida digna a millóns de cidadáns/as que malviven con pensións de miseria; de que non quere un debate aberto á sociedade, nin do por que chegamos a esta situación, nin de como podemos entre todos abordar as solucións futuras.

Temos a constatación dun Goberno que nin tan só se atreveu a mellorar o pacto establecido entre PNV e PP. Non se atreveu a fixar a subida das pensións de acordo co IPC, nin ha derrogar a Reforma do ano 2013 e o Factor de Sustentabilidade, o que nos aboca de novo a que volva o 0,25%. Dicímoslle alto e claro, que esperabamos algo máis que declaracións de boas intencións. Podémolo dicir máis alto, pero non máis claro, queremos a derrogación das dúas reformas de pensións de 2011 e de 2013, así como a Reforma Laboral do PP que escraviza aos traballadores, e a Lei Mordaza que impide o libre exercicio das liberdades cidadás.

Pero tamén, imos dicirlle ao Goberno de Pedro Sánchez desde xá, sobre todo o próximo día 2 de febreiro, en que a III Asemblea convocou a primeira gran mobilización deste ano, que non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivos.

INSISTIR, PERSISTIR, RESISTIR.
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDESE,

Comisión de Portavoces.
---

Por un sistema Público de Pensións Digno, Xusto, Blindado e para asegurar o das novas xeracións.

Pola pensións presentes e futuras!!

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
6 de janeiro de 2019 09:53

_______

mércores, decembro 12, 2018

En Ferrol como noutras 13 cidades e vilas da Galiza e en máis de 200 do resto do territorio do Estado, está convocada unha concentración este sábado 15 de decembro, ás 12 do mediodía no Cantón, na defensa das pensións públicas, polo noso futuro


Concentración día 15/D


A Plataforma Ferrolterra en Defensa do Sistema Público de Pensións, seguindo as mobilizacións que se están producindo na Galiza e no resto do territorio do Estado, onde están convocadas máis de 200 concentracións e mobilizacións, facemos un chamamento ás cidadás e cidadáns de Ferrol e a súa comarca para o día 15 de Decembro ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, participen na Concentración de Ferrol e Comarca.

Por un sistema Público de Pensións Digno, Xusto, Blindado e para asegurar o das novas xeracións.

Pola pensións presentes e futuras!!

#ONosoFuturo15D

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/


Info baseada na enviada por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
12 de dezembro de 2018 13:00

_______________