Amosando publicacións coa etiqueta Movemento de Pensionistas e Xubiladas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Movemento de Pensionistas e Xubiladas. Amosar todas as publicacións

venres, setembro 24, 2021

Concentración en Ferrol na defensa das pensións públicas, as presentes e as futuras - Na demanda dunha auditoría das contas da Seguridade Social - Sábado 25 de setembro, ás 12 do mediodía no Cantón

Este sábado 25 de setembro, a Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas, convoca unha concentración en Ferrol, ás 12 do mediodía no Cantón, na defensa das pensións presentes e futuras, centrada na demanda dunha auditoría das contas da Seguridade Social.

Na concentración poñerase unha mesa para recoller sinaturas, para solicitar unha auditoría das contas da seguridade social que se entregarán no Congreso do Deputados, xunto ás que chegaran de todos os lugares, vilas e cidades, do Estado.

Mantense o lema da defensa das pensións públicas goberne quen goberne e, esta concentración, forma parte das mobilizacións preparatorias da marcha a Madrid que terá lugar o 16 de outubro, xunto a todas as plataformas e colectivos das diferentes nacións e pobos do conxunto do Estado.

Quen queira ir a Madrid, pode reservar praza este sábado na concentración ou chamando aos teléfonos 616868602 e 629850305.

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Valoración de Modepen do acordo para reformar do sistema público de pensións, acadado o 28 de xuño deste ano 2021, polas organizacións sindicais CCOO e UGT, as patronais CEOE e CEPYME e o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. | Acceder/Baixar.

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
______________

luns, xuño 28, 2021

Manifestación en Santiago de Compostela por uns Servizos de Dependencia Públicos e de Calidade - Vídeo con todas as intervencións do acto final na Praza do Obradoiro

O domingo 27 de xuño de 2021, diversas organizacións que conforman a Plataforma Galega polos Servizos Públicos da Dependencia, realizaban unha manifestación en Santiago de Compostela por uns Servizos de Dependencia Públicos e de Calidade.

A manifestación partiu ás 12 do mediodía desde a Alameda compostelá e percorreu diferentes rúas da capital galega, rematando na Praza do Obradoiro onde tiveron lugar as intervencións de representantes de diferentes organizacións que integran a Plataforma Galega.

As persoas que inteviñeron foron: Isabel Faraldo de Podemos, Isabel Vilalba do Sindicato Labrego Galego, Cristina Moreno de TreGa, Antón Sánchez de ANOVA, Guillermo Crego por Esquerda Unida, Pepe Bernárdez da asociación por unha Vellez Digna, Olalla Rodil polo BNG e Gonzalo Balo por Modepen, rematou o acto cunha interpretación músical.

A manifestación estaba convocada pola Plataforma Galega polos Servizos Públicos da Dependencia, conformada por FADUR, TREGA, MODEPEN, a Plataforma SAF Galicia, o Sindicato Labrego Galego (SLG), CNT, CSIF, a CUT e PROSAGAP, así como polas formacións políticas ANOVA, BNG, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS.

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______

martes, xuño 22, 2021

Manifestación en Santiago de Compostela por uns Servizos de Dependencia Públicos e de Calidade - Este domingo 27 de Xuño - Haberá autobuses desde Ferrol, para participar na mobilización

Manifestación en Santiago de Compostela por uns Servizos de Dependencia Públicos e de Calidade

✅ Día: Domingo 27 de Xuño.
✅ Hora: 12 do mediodía.
✅ Lugar: Alameda de Santiago de Compostela.

✅ Haberá autobús desde Ferrol, para participar na mobilización que sairá ás 10 da mañá desde ás inmediacións da Praza 10 de Marzo, no barrio de Recimil, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas. A hora aproximada de regreso será sobre as 2 da tarde, unha vez rematada a manifestación. O prezo da viaxe ida/volta será de 8 euros. Para apuntar-se hai que chamar ao 629850305 (Pepe) e 616868602 (Ramón). A data tope para apuntar-se será venres 25.

A manifestación está convocada pola Plataforma Galega polos Servizos Públicos da Dependencia, conformada por FADUR, TREGA, MODEPEN, a Plataforma SAF Galicia, o Sindicato Labrego Galego (SLG), CNT, CSIF, a CUT e PROSAGAP, así como polas formacións políticas ANOVA, BNG, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS.

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______

luns, xuño 21, 2021

Sobre a necesidade de Servizos da Dependencia Públicos, disertará en Ferrol, o activista e médico epidemiólogo, Francisco Vázquez Vizoso, este martes 22 de xuño, ás 7 da tarde no CFIP Ferrolterra (Recimil)

Sobre a necesidade de Servizos da Dependencia Públicos, disertará o activista e médico epidemiólogo, Francisco Vázquez Vizoso, en Ferrol, este martes 22 de xuño, ás 7 da tarde, no salón de actos do CFIP Ferrolterra, situado no barrio de Recimil, na rúa Ramón y Cajal, S/N, nas inmediacións do monumento á solidariedade obreira "10 de Marzo".

O compañeiro Francisco Vázquez Vizoso, defende a necesidade duns servizos públicos da dependencia, accesíbeis e de cualidade, concretados nas residencias de maiores, centros de día, atención no fogar, ...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______

martes, xuño 15, 2021

Así foi a concentración de hoxe en Ferrol contra os abusos da banca, por unha Banca Pública - Vídeo - Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas

A Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas, realizou unha concentración, na Praza de Armas, contra os abusos da banca. A mobilización tivo lugar este mediodía, do  15 de xuño, na Praza da Armas, de Ferrol.

Pablo Portero, foi o compañeiro encargado de falar no nome da Plataforma.

A mobilización tiña o obxectivo de denunciar os abusos bancarios, e de concienciar na demanda dunha Banca Pública que teña como prioridade o servizo público financeiro para as persoas, non un mero negocio especulativo. Un servizo público que non abuse e que non excluía ás persoas con menos recursos económicos e que non maltrate ás persoas maiores. Contra o peche de oficinas bancarias e contra as restricións horarias na atención ao público. Que  respecte a atención presencial nas sucursais.

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Música autor: IlyaSound
Título de música : Epic Cinematic Piano Orchestra
Licencia : CC BY-NC-ND
Descargar : musica de fondo
_______

luns, xuño 14, 2021

Modepen de Ortegal convoca unha concentración na defensa do Sistema Público de Pensións, para o vindeiro sábado 19 de xuño, ás 12 do mediodía diante da Casa do Concello de Cariño

Modepen de Ortegal convoca unha concentración na defensa do Sistema Público de Pensións, para o vindeiro sábado 19 de xuño, ás 12 do mediodía diante da Casa do Concello de Cariño.

Enviado por:
MODEPEN ORTEGAL-CARIÑO
-modepen.carino@gmail.com-
13 de junho de 2021 09:53

_______

sábado, xuño 12, 2021

A Plataforma de Ferrolterra en Defensa das Pensión Públicas, ten convocada unha mobilización na Praza de Armas, o vindeiro martes 15 de xuño, ás 12 do mediodía, contra os abusos da banca

O vindeiro martes 15 de xuño ás 12 do mediodía, a Plataforma de Ferrolterra en Defensa das Pensión Públicas, ten convocada unha mobilización na Praza de Armas, ás 12 do mediodía, contra os abusos da banca.

A Plataforma de Pensionistas segue na campaña contra os abusos bancarios, e de concienciación para a demanda dunha Banca Pública que teña como prioridade o servizo público financeiro para as persoas, non un mero negocio especulativo. Un servizo público que non abuse e que non excluía ás persoas con menos recursos económicos e que non maltrate ás persoas maiores. Contra o peche de oficinas bancarias e contra as restricións horarias na atención ao público. Que  respecte a atención presencial nas sucursais.