Amosando publicacións coa etiqueta Mugardos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mugardos. Amosar todas as publicacións

sábado, setembro 08, 2007

Cinco Semanas

Cinco semanas.

Son cinco semanas, non son “cinco semanas en globo” como a primeira novela do escritor francés Julio Verne publicada en 1863 hai cento corenta e catro anos. Tampouco é unha ficción é unha realidade son cinco semanas as que as veciñas e veciños de Meá levan pechados no Concello de Mugardos en defensa das súas vidas e das nosas vidas, xa que todas elas están en perigo de maneira innecesaria por un proxecto do que se gaba Fraga Iribarne, ex-presidente da Xunta de Galicia e ex-ministro do réxime ditatorial de Franco, o proxecto de Reganosa en Mugardos, argallado entre o empresario Tojeiro e o propio Fraga Iribarne e que recibiron como un regalo envelenado, e non parece que con desagrado, os actuais máximos mandatarios da Xunta de Galicia o Sr. Touriño e o Sr Quintana.

Cando se produciu o tan desexado cambio de goberno na Xunta de Galicia, se paralizaron proxectos herdados do anterior Goberno como máis encoros para produción de enerxía eléctrica, novos parques eólicos, novos piscifactorías en espazos sensible e mesmo se paralizou durante un tempo a chamada Cidade da Cultura( outro dos proxectos dos que se gaba Fraga Iribarne), pero non se paralizou o proxecto de Reganosa que so tiña iniciado a construción dun depósito en pouco máis de dous metros de altura. ¿ Por que, cando os ciclos combinados de Endesa e Fenosa que é para quen se fai Reganosa e non por qué sexa estratéxica para Galicia, non van funcionar ata o 2008, non se acorda trasladar a Planta de Gas á segunda fase de Porto Exterior de Ferrol, acelerando así a súa demorada construción?. Simplemente por covardía política e por confundir o que son intereses das compañías eléctricas, que levan esquilmando Galicia anos e anos e pretendes seguir facendo, co que son os intereses de Galicia que de ningún modo coinciden cos intereses das compañías eléctricas que cada vez obteñen máis beneficios.

Os veciños e veciñas de Mugardos, da parroquia de Meá, están dando un exemplo de como se defende a legalidade e a xustiza ata as últimas consecuencias. Ese exemplo está sendo entendido pola intelectualidade e os/as artistas galegos, moitos deles comprometidos coa desaparecida, a saber por qué, Plataforma Nunca Máis, que lles veñen ofrecendo continuamente o seu apoio. Tamén polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que xa leva organizado dúas mobilizacións de apoio e de rexeitamento da planta de gas en Mugardos, e que xa está preparando unha mobilización moi importante para o 30 de setembro en Ferrol.

Reganosa ten dúas sentenzas do TSXG en contra , non ten avaliación de impacto medio ambiental, non cumpre o RAMINP en canto á distancia que debe manter ás poboacións que é de 2000 metros como acaba de dicir o TSXG con respecto da EDAR de Ourense e que deberá ser derrubada. Reganosa non cumpre a norma de que un gaseiro poida saír da Ría de Ferrol polos seus propios medios. Reganosa xa sufriu un incendio, que durou dous días, nun dos seus tanques na súa construción e acaba de ter un escape nun dos gasoductos. Reganosa é ilegal e é perigosa e debe ser trasladada fóra da Ría como veñen defendendo desde hai cinco semanas, nun exemplo de dignidade e coherencia, polos homes e mulleres de Méa .

Agora que se está a debater a necesidade de que se aprenda o Himno Galego nas escolas, haberá que debater tamén a ensinanza da defensa da verdade, da legalidade, da xustiza e da vida, tomando como exemplo ós homes e mulleres de Mugardos que loitan pola Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol. Seguramente nin eles e nin elas serán conscientes do que están facendo pero que teñan a seguridade de que “ os bos e xenerosos a súa voz entenden” e “ so os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden non”.

Desde a Asociación veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, tedes o noso total apoio.

________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

A. V. "O Cruceiro de Meá": Interesantes entrevistas a do ex-alcalde Toimil. Non ten perda.

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de setembro de 2007 13:16

Asunto: A boas horas!!!



A boas horas!!!

Interesantes entrevistas nunha revista comarcal a do ex-alcalde Toimil. Non ten perda.

Onde dixen digo, digo Diego

[Para ampliar as imaxens clicar acima delas]



______________

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______
_______

mércores, setembro 05, 2007

Comunicado da Platafroma Veciñal "O Cruceiro de Meá" sobre a reunión mantida en Madrid na sede do Ministerio de Industria

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de Setembro de 2007 23:00
Asunto: Reunión en Madrid na sede do Ministerio de Industria



Logo de 43 días de peche unha representación da Asociación de Vecinos Do Cruceiro de Mehá foi recibida polos máximos responsables da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria.

Os responsables do Ministerio mostráronse realmente receptivos á información facilitada pola Asociación en relación co gran número de irregularidades cometidas no procedemento de otorgamiento das sucesivas autorizacións que, de forma fraudulenta, veu obtendo REGANOSA e comprometéronse a estudar a posibilidade de volver solicitar informe a todos os organismos sustantivamente competentes -e que no seu día informaron a favor da Planta, sempre que se cumprisen determinadas condicións- para que, con carácter previo ao otorgamiento do permiso de posta en funcionamento, pronúnciense sobre se, efectivamente, a Planta construída é respectuosa cos requisitos que se lle impuxeron. Habemos de recordar que a autorización de construción da Planta condicionouse, entre outras cuestións, a que se respectasen as distancias de seguridade aos nucleos de poboación e a que os buques, en caso de urxencia, puidesen abandonar a Ría o máis axiña posible e polos seus propios medios.

Así mesmo, os responsables do Ministerio de Industria aceptaron elevar a solicitude da Asociación de ser recibidos, ben polo Secretario Xeral de Enerxía, ben polo Propio Ministro, Sr. Clos. Neste sentido desde a Asociación informouse da decisión adoptada de forma unánime polos veciños de continuar co peche en tanto non se produzan estes encontros.

PLANTA DE GAS FORA DA RIA

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

VENCEREMOS
___________________

Enlaces de Interese:


Comité Cidadán de Emerxencia

Ferrol-CAPE

Videoteca Anti-REGANOSA

Noticiario do Noroeste

Regadeles

galice.net

A Ría é Nosa

Aturuxo

Ferrolan@s.com

Trasancos

P. V. "O Cruceiro de Meá"

Artritis

Rompendo Muros de Silencio

Plataforma Ártabra 21
__________________

luns, setembro 03, 2007

O domingo 9 de setembro os Cempés en Mugardos, en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 2 de Setembro de 2007 17:50

Asunto: OS CEMPES EN MUGARDOS



OS CEMPES EN MUGARDOS


O vindeiro día 9 de setembro ás 20:00 horas actruará na praza do concello de Mugardos OS CEMPÉS, solidarizándose deste xeito cos encerrados como consecuencia da localización da planta de gas de REGANOSA no interior da Ría.

Este grupo volve unirse para ofrecer un dos seus últimos concertos para apoiar e dalgún xeito loitar pola barbarie que esa planta significa na contorna de todo ferrolterra.

Esperamos a vosa presenza ante tan significativa visita. (adxunto fotografia do cartel)

VENCEREMOS

PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
____________________


_______________

sábado, setembro 01, 2007

Concedida unha entrevista coa "Dirección General de Política Energética y Minas" en Madrid

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de Setembro de 2007 21:15

Asunto: Concedida unha entrevista coa "Dirección General de Política Energética y Minas" en Madrid


POR FIN UNHA ENTREVISTA

Logo de 41 días de peche no concello de Mugardos, por parte dos veciños de Meá, conseguimos que se nos conceda a entrevista coa Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas o día 4 de setembro ás 12:00 horas en Madrid. A devandita reunión asistirán por parte deste colectivo a presidenta LUZ MARIÑA TORRENTE LÓPEZ acompañada por outro membro da plataforma veciñal e asistidos pola avogada PATRICIA GABEIRAS.

Esta é unha das tres entrevistas que os veciños encerrados solicitaran formalmente para impedir que se conceda a autorización de funcionamento da planta de gas de REGANOSA.

Consideramos que esta entrevista é moi importante debido a que este organismo foi o que concedeu a Autorización Administrativa previa o 3 de xuño de 2002 e a autorización de construción o 13 de febreiro de 2004. Ambas as autorizacións están condicionadas ao cumprimento de determinados condicionantes imposibles de cumprir tales como:

-Distancias á poboación, esixidas tanto pola Directiva Europea SEVESO II, como polo RAMINP [Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas] en vigor na lexislación estatal española.

-Cumprimento da norma EN-1532 [1], sobre tráfico de buques gaseiros, a cal require que o buque poida saír rapidamente e polos seus propios medios en caso de accidente durante a descarga.

-Tamén se esixe que o circuíto de refrixeración do gas sexa pechado.

-Que a Autoridade Portuaria remita un informe técnico sobre o dragado da ría.

Entendemos que dito organismo foi quen puxo estes condicionantes e debe ser el mesmo quen asegure o seu cumprimento.

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"

Presidenta: LUZ MARIÑA TORRENTE LÓPEZ (Teléfono: de contacto: 699548246)
__________________

[1] Nota.-

Installations and equipment for liquefied natural gas - Ship to shore interface.
EN 1532:1997

Instalaciones e equipas para gas natural licuado. Interfaz entre buque e terra. UNE-EN 1532:1998

O orixinal define as exixencias aplicábeis no terminal e na placa ao buque para garantizar a transferencia segura do GNL. Define tamén as conexons do buque/costa asociadas con transferencia do GNL. Trata das operacións de transferencia do GNL do buque a costa ou ao revés.

_______________________________

Visita de Antoń Reixa á veciñanza de Mugardos pechada na Casa do Concello

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de Setembro de 2007 11:07

Asunto: Visita de Antoń Reixa á veciñanza pechada na Casa do Concello


[Clicar acima da foto para ampliar]

Este venres, 31 de agosto: visita de Antón Reixa a Mugardos para expresar o seu apoio os veciños de Meá pechados no Concello e a súa oposición á Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol.
_____________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________

Casa do Concello de Mugardos, venres 31 de agosto: visita de Antón Reixa e actuación do grupo Gaiteirada

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de Agosto de 2007 20:18

Asunto: Visita de Antón Reixa e actuación do grupo gaiteirada


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

O día 31 de agosto ás 18:00 horas, visitou aos pechados no concello de Mugardos ANTON REIXA, polifacético cantante, escritor e director, quen amosóu a súa solidariedade coa problemática que os veciños veñen demandando contra a localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría ferrolá (punta Promontoiro). Tamén se lle acompañou a Montefaro para que puidese observar en persoa o estreita que é a ría e a dificultade que isto entraña aos gaseiros na manobra tanto de entrada como de saída da mesma.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Ese mesmo día ás 18:45 horas, actuaron na praza do concello de Mugardos o grupo GAITEIRADA, composto por mozos que non querían deixar pasar a súa oportunidade de solidarizarse e apoiar ao colectivo anteriormente mencionado.

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
____________________