Amosando publicacións coa etiqueta SOS Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOS Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións

xoves, xullo 17, 2014

Desde Galiza SOS - Sanidade Pública, denuncia caza de bruxas na sanidade madrileña


Como resposta ao feito de que a Consellería de Sanidade de Madrid non conceda a prolongación do servizo activo Madrid, Mariano Sánchez Bayle, un dos portavoces da Marea Branca en Defensa da Sanidade Pública (que conseguiu paralizar a privatización dos hospitais e centros de saúde desa CCAA) a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere traslada á opinión pública e profesional que:
1.- Adiantar as xubilacións dos traballadores sanitarios aos 65 anos, lonxe de supoñer unha medida para rexuvenecer o sistema e dar oportunidade aos novos profesionais, está servindo para recortar brutalmente o persoal e deixar sen oportunidade de traballo aos novos sanitarios. Como consecuencia estes deben saír do Estado para poder exercer a súa profesión o que  supón unha descapitalización do sistema sanitario público que se gasta unha gran cantidade de recursos en formalos.

2.- O resultado desta estratexia é a perda de 28.496 empregados do sistema, contando só os persoais orgánicos dos hospitais e os centros de saúde, si cóntase ao persoal laboral e eventual o recorte e de máis de 53.000 traballadores (En Galicia estímase en máis de 1.000 prazas).

3.- Este tremendo recorte está repercutindo negativamente na calidade da atención, no crecemento das listas de espera e no aumento da mortalidade. Na atención de saúde non é posible substituír ao persoal por máquinas.

4.-Consideramos paradoxal que mentres a CCAA de Madrid (gobernada polo Partido Popular) prolonga o período activo á gran maioría dos médicos (consecuencia de que a brutalidade do recorte de persoais esta paralizando a actividade de moitos centros) lla denega o mesmo a un profesional comprometido coa Defensa da Sanidade Pública. Isto só pode atribuírse a unha represalia pola súa participación activa nas Mareas Brancas e no seu rexeitamento á privatización.
Consideramos que o Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade de Madrid, do mesmo xeito que a Consellería de Sanidade de Galicia, gobernadas polo Partido Popular están desenvolvendo unha estratexia de recorte desmantelamento e privatización do sistema sanitario, caracterizada polo amíguesmo e a arbitrariedade cos traballadores, especialmente con quen se enfrontan aos seus designios.

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública
669704177

info@sos-sanidadepublica.org

http://www.sos-sanidadepublica.org/

facebook  SOS Sanidade Pública

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de julho de 2014 13:52

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

________________

domingo, outubro 27, 2013

A Xunta de Galicia comeza a desmantelar o servizo de cirurxía pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense -CHUO


A Xunta de Galicia comeza a desmantelar o servizo de cirurxía pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense -CHUO

O progresivo desmantelamento da sanidade Pública, por parte do goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia.

A política sanitaria do goberno de Alberto Nuñez Feijóo, pasa pola privatización, recortes, pepago, desmantelamento dos servizos, ...


Nos últimos anos aos vellos problemas do noso sistema público de saúde temos que engadirlle moitos outros (repago de medicamentos, infraestructuras sanitarias obsoletas, perda da atención universal, recobro por transporte sanitario, disminución do persoal sanitario e non sanitario, pago por material protésico e ortoprotésico, etc) e agora en Ourense hai que sumarlle a perda, na práctica, do servizo de Cirurxía Pediátrica que até hai uns meses estaba cuberto por catro profesionais e agora quedan somentes dous, o que fai imposible atender cun mínimo de calidade as prestacións a tempo completo e provocan que menores de 16 anos teñan que ser atendidos de urxencia en horario de tarde/noite ou ao longo de todo o día nos domingos e festivos haxa que derivalos ao Hospital de Vigo creando un problema non só de atención sanitaria senón tamén social e familiar.

SOS Sanidade Pública de Ourense chama á mobilización pola defensa e mellora do servizo galego de saúde e esixe á Consellería de Sanidade que busque unha solución, de xeito inmediato, en defensa servizo de cirurxía pediátrica, para que os menores e as familias non teñan que desprazarse. Demanda que un servizo básico como é v o de  este a tempo completo.

Noticias de prensa:
  • A plataforma sanitaria inicia as protestas de cirurxía pediátrica o día 30 | La Voz de Galicia.
  • O traslado de nenos para operarse a Vigo xera as primeiras protestas | La Región.
  • A oposición clama contra a 'perda' de ciruxía pediátrica | La Región.
  • Os pediatras alertaron do deterioro da ciruxía infantil ao unila a Vigo | La Región.
  • O conflito pola ciruxía infantil chega a colexios e ás redes sociais | La Región.
  • Recollen máis de 800 firmas contra o traslado de Urxencias Pediátricas | Faro de Vigo.
Material para difundir:
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
25 de outubro de 2013 17:25
www.plataformadspferrol.blogspot.com

______________

sábado, outubro 19, 2013

Hoxe, Sábado 19 de Outubro seguen, en Ferrol Terra, ás 11:00hs, as I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública, cunha Mesa Debate sobre a 'A Relación Público/Privada' (Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión)


I XORNADAS SANIDADE PÚBLICA

Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013.
Salón de Actos da Fundación NovaGaliciaBanco.
Na Praza do Cantón
.

Hoxe, Sábado  19 de Outubro comezan, ás 11:00hs, as I Xornadas sobre a defensa da Sanidade Pública, en Ferrol Terra, cunha Mesa Debate sobre a'A Relación Público/Privada' (Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión), Moderada por Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. E participando como relatores: a Dra. Mª Luísa Lores Aguín e o Dr. Carlos Piñeiro Díaz..

Posteriormente está previsto, ás 12:30hs que comece a Mesa Redonda: 'Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta'. Moderada por Germán Castro Tomé, ex-director do xornal comarcal Diario de Ferrol, e paricipando no acto membros dos  Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG, da cámara Galega. Conta-se coa presencia de: Miguel Angel Santalices Vieira (Grupo PP - sen confirmar ou substitut@),  Beatriz Sestayo Doce (Grupo PSdeG-PSOE), Eva Solla Fernández (Grupo AGE ) e Mª. Montserrat Prado Cores (Grupo BNG).

Algúns datos de interese das persoas relatoras que participan hoxe
:

Maria Luísa Lores Aguín: Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento | Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública | Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra | Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Carlos Piñeiro Díaz:  Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA( Asociación Galega de Víctimas do Amianto).
---
Organiza as Xornadas: a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, integrada na plataforma galega 'SOS Sanidade Pública'.
______________

venres, outubro 18, 2013

Hoxe, venres 18 de Outubro comezan, ás 17:30hs, as I Xornadas sobre a Sanidade Pública, en Ferrol Terra, cunha Mesa Debate sobre a 'A Contrarreforma Sanitaria'


I XORNADAS SANIDADE PÚBLICA

Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013.
Salón de Actos da Fundación NovaGaliciaBanco.
Na Praza do Cantón
.

Hoxe, venres 18 de Outubro comezan, ás 17:30hs, as I Xornadas sobre a Sanidade Pública, en Ferrol Terra, cunha Mesa Debate sobre a 'A Contrarreforma Sanitaria' (Recortes/Repagos/Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias), moderada por Xosé Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, un dos promotores e impulsores da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol. Nesta primeira Mesa das Xornadas, esta previsto que participen como relatores o Dr. Pablo Vaamonde García e o Dr.Manuel Martín García.

Posteriormente está previsto, ás 19:00hs que comece a segunda Mesa Debate, moderada polo concelleiro de Narón Dr. Manuel A. Ramos Rodríguez, sobre 'A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico', participando como relatores o Dr.Jesús Sueiro Justel e o Dr.Bernardino Pardo Teijeiro.

Mañá continuaran as Xornadas co seguinte Programa:

Sábado 19 de Outubro

Ás 11:00hs  Mesa Debate: 'A Relación Público/Privada' ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión).

Moderada por Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. E participando como relatores: a Dra. Mª Luísa Lores Aguín e o Dr. Carlos Piñeiro Díaz.


Ás 12:30hs Mesa Redonda: 'Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta'.

Moderada por Germán Castro Tomé, ex-director do xornal comarcal Diario de Ferrol, e paricipando no acto membros dos  Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG, da cámara Galega. Conta-se coa presencia de: Miguel Angel Santalices Vieira (Grupo PP - sen confirmar ou substitut@),  Beatriz Sestayo Doce (Grupo PSdeG-PSOE), Eva Solla Fernández (Grupo AGE ) e Mª. Montserrat Prado Cores (Grupo BNG).

Algúns datos de interese das persoas relatoras
:

Pablo Vaamonde García: Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006.

Manuel Martín García: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública do Estado Español | Exerce no Centro de Saúde de Seixo en Pontevedra.

Jesus Sueiro Justel: Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) | Exerce no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago | Promotor da campaña de obxección de conciencia para seguir atendendo ás persoas inmigrantes en situación irregular fronte ao RD Lei 16/2012.

Bernardino Pardo Teijeiro: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria | Exerce no Centro de Saúde de Nadela en Lugo | Vicepresidente de ASPNAIS, asociación dedicada ao coidado de discapacitados | Colabora con Unicef e Adega.

Maria Luísa Lores Aguín: Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento | Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública | Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra | Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Carlos Piñeiro Díaz:  Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA( Asociación Galega de Víctimas do Amianto).
---
Organiza as Xornadas: a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, integrada na plataforma galega 'SOS Sanidade Pública'.
______________

martes, outubro 15, 2013

Primeiras Xornadas en Defensa da Sanidade Pública, en Ferrol Terra - Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013


Primeiras Xornadas en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol Terra.
Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013


Venres día 18

Ás 17:30 horas. Mesa Debate:
A Contrarreforma Sanitaria.
Recortes/Repagos/Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias.
Ponentes:Dr. Pablo Vaamonde García e Dr.Manuel Martín García.

Ás 19 horas. Mesa Debate:
A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico.
Ponentes: Dr.Jesús Sueiro Justel e  Dr.Bernardino Pardo Teijeiro.

Sábado 19

Ás 11 horas Mesa Debate:
A Relación Público/Privada ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión).
Ponentes:Dra. Mª Luísa Lores Aguín e Dr. Carlos Piñeiro Díaz.

Ás 12:30 H Mesa Redonda:
Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta.
Ponentes: Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG.


Quen son as persoas relatoras nestas xornadas informativas , reivindicativas e de debate público:

Pablo Vaamonde García: Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006.

Manuel Martín García: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública do Estado Español. Exerce no Centro de Saúde de Seixo en Pontevedra.

Jesus Sueiro Justel: Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Exerce no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago. Promotor da campaña de obxección de conciencia para seguir atendendo ás persoas inmigrantes en situación irregular fronte ao RD Lei 16/2012.

Bernardino Pardo Teijeiro: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Exerce no Centro de Saúde de Nadela en Lugo. Vicepresidente de ASPNAIS, asociación dedicada ao coidado de discapacitados. Colabora con Unicef e Adega.

Maria Luísa Lores Aguín: Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento. Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública. Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Carlos Piñeiro Díaz: Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA (Asociación Galega de Víctimas do Amianto).

Descarga aquí o díptico das xornadas.


__________________

venres, agosto 23, 2013

Desmentelamento de recursos prevención do VIH en Galicia - Documento de SOS Sanidade Pública

Valoración da Plataforma SOS Sanidade Pública da Convocatoria de Subvencións 2013 que recorta os fondos para  proxectos e programas de prevención do VIH en Galicia xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro.

1º.- Esta Orde introduce un recorte brutal no orzamento das subvencións para proxectos de prevención do VIH  do 65 %  no 2013 e do 60%  no 2014 , que  afectará gravemente a política de prevención da saúde pública por parte do Goberno actual da Xunta de Galicia.

Partidas Subvención proxectos prevención VIH Galicia do 2012-2013-2014.
2011
2012
2013
2014
Subv. VIH do 2012 Xunta de Galicia
Subv. VIH do 2012 Xunta de Galicia
Subv. VIH 2013
Xunta de Galicia
Subv. 2014
Xunta de Galicia
·         149.061,00 €, para asociación
·         12.276€ para concellos.
145.0000 € para entidades
51.900 € para entidades
58.000 € para entidades

2012. Ano no que suprimen as axudas aos concellos
65% de redución con respecto ao 2012 (entidades)
60 % de redución con respecto ao 2012 (entidades)

2º.- O recorte afecta fundamentalmente aos Comités Antisida que levan anos traballando en actividades relacionadas coa prevención  do VIH en colectivos vulnerables, realizando diagnóstico precoz,  actividades de  atención sociosanitaria ás persoas seropositivas  e  loitando  contra a discriminación das persoas afectadas, seguindo as recomendacións dos organismos internacionais  (ONUSIDA, OMS,..).

3º.- Os recortes reducen en catro o número de Comités Antisida (A Coruña,  Ourense, Ferrol -Lazos),  ECOS do SUR ou Faraxa, o que supón o desmantelamento dunhos  recursos que  tanto costou crear e manter e que demostraron sobradamente a súa eficacia (segundo se constata nos informes epidemiolóxicos da propia Consellería de Sanidade).  Como xa pecharon o Comité Cidadán Galego Antisida (Santiago de Compostela), Comité Antisida de Lugo, Colectivo Moucho de A Coruña, ASUT Ourense e Comité antisida de Vilagarcía de Arousa, complétase así o desmantelamento  do Plan Autonómico do Sida, descoñecéndose o que vai suceder a partir de agora.

4º.- Esta medida ten un evidente contido ideolóxico xa que pretende acabar co modelo baseado na participación social  e comunitaria das persoas afectadas, racha co  baseado no dereito, na equidade e na igualdade de oportunidades, para restaurar o modelo de atención baseado na caridade (en favor das organizacións vinculadas a Igrexa Católica) reducindo a capacidade de resposta e de actuación das entidades como os Comités Anti Sida que, dunha forma seria i eficiente, ven traballando con o VIH durante os últimos 20 anos.

M. Martin
Tno 669704177
Portavoz da Plataforma Galega SOS - Sanidade Pública
www.sos-sanidadepublica.org 


Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
plataformadspferrol@gmail.com
19 de agosto de 2013 23:18

www.plataformadspferrol.blogspot.com

____________________

venres, xuño 28, 2013

Realizaron-se mobilizacións en toda Galiza na defensa da Sanidade Pública - Miles de persoas nas rúas de vilas e cidades da Galiza - Manifestación de Ferrol - Comunicado - Fotos


Miles de persoas en toda Galiza, secundaron o chamamento da Plataforma SOS Sanidade Pública, este Xoves, 27 de Xuño de 2013. Miles de persoas saíron, á rúa, mobilizando-se en defensa da Sanidade Pública, contra a privatización, o repago, a perda de dereitos e os recortes. En Ferrol a manifestación cidadá rematou na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, onde Miguel López en representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, leu un comunicado unitario que a continuación transcribimos.

Comunicado á Cidadanía

Boas tardes a todos e a todas recibide un saúdo no nome das 50 entidades que conforman a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Non estamos solos, hoxe e un día de loita en toda Galicia contra os recortes, as privatizacións e o repago, en definitiva, contra o desmantelamento que está a facer o Partido Popular e o Goberno de Núñez Feijoo desde a súa chegada a Xunta de Galicia no ano 2009.

O mesmo ocorre en Madrid, onde a cidadanía e os profesionais da sanidade levan meses de loita, en  Valencia e Castela-A Mancha.

As políticas neoliberais pretenden utilizar a crise, que eles mesmos crearon, para convencer de que o Sistema Sanitario Público é insostible.

Esa mesma canción están aplicando ao Sistema Público de Pensións, tamén din que é insostible.

Detrás de esas informacións falsas so se esconde o negocio para os seus amigos, a Banca, as aseguradoras e as empresas farmacéuticas.

O sistema sanitario público é sostible como tamén o é o sistema público de pensións .
En Galicia moitos máis recortes utilizan a escusa da crise:
  • Redución do orzamento sanitario público en 1000 millóns de euros en tres anos.
  • Recortes de dereitos, recursos e servizos asistenciais.
  • Desmantelamento das áreas e dos servizos.
  • Privatización de moitas parcelas do sistema sanitario público.
En Atención Hospitalaria:
  • Paralización da actividade dos hospitais pola tarde.
  • Desviación de doentes a centros privados.
  • Incremento das listas de espera ( Un 30% en tres anos ).
  • Privatización da xestión do Novo Hospital de Vigo.
  • Abandono da ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra.
  • Paralización dos Planos Directorios de 7 hospitais para reformar os servizos deteriorados, entre eles o de Ferrol.
  • Paralización da construción de 6 Centros de Alta Resolución.
  • Peche dos laboratorios dos Hospitais Comarcais.
  • Centralización na empresa privada das probas analíticas e innovadoras.
  • Creación dun Anel Radiolóxico, suprimindo radiólogos nas urxencias dos Hospitais Comarcais.
  • Cesión á Sociedade Anónima Galaria da xestión e equipamento tecnolóxico dos Hospitais Públicos.
  • Mantemento do Concerto Singular co Hospital Privado Povisa que é o que ten as maiores listas de espera de Galicia.
Privatización de Servizos Centrais da Consellería de Sanidade e Sergas:
  • Central de chamadas 112.
  • Plataforma Informática.
  • Central de Compras.
  • Almacenamento e distribución.
  • Concursos de selección de persoal.
Desmantelamento das Áreas sanitarias do Salnés, Barbanza, Monforte e o Barco de Valdeorras, para deixar paso á sanidade privada.

Peche de 5 centrais de ambulancias e 1 UCI móbil.

Redución de prazas de persoal sanitario e non sanitario: Xubilación forzosa aos 65 anos, repoñendo só o 10%, o que supón só en facultativos unha perda de 1700 persoas.

Precarización das condicións de traballo do cadro de persoal do Sergas, cunha importante redución salarial e de dereitos, non coberturas por baixas ou ausencias e volta aos contratos lixo por días e mesmo por horas.

En Atención Primaria:
  • Abandono do Plano de Mellora en Atención Primaria: Supresión de 915 novas prazas e paralización da construcción de 66 novos centros de saúde.
  • Absorción da Xestión da  Atención Primaria por Hospitais, a chamada Xestión Integrada.
  • Relegar a Atención Primaria a ser a portería dos hospitais para que poidan seleccionar aos doentes en función dos intereses dos hospitais privados.
Co Real Decreto 16/2012 establecen:
  • Copago receitas das/os  pensionistas
  • Copago de próteses, ortopróteses, cadeiras de rodas e trasporte non urxente en ambulancias.
  • Supresión do dereito á  atención: mozos/as de máis de 26 anos que non teñan cotizado, amas de casa divorciadas, inmigrantes sen papeis( criminalizándoos e culpandoos de que colapsan a sanidade o que é outra mentira máis).
Agora establecen que, con independencia dos ingresos das persoas, van ter que adiantar o custo íntegro das próteses, cadeiras de rodas, etc, moitas veces miles de euros, e logo agardar que o Sergas reintegre a cantidade a que se teña dereito, sen establecer prazos para esas devolucións. Persoas con pensións baixas e salarios baixos, non esquezamos que en Galicia temos as pensións e os salarios máis baixos do Estado, van ter que afrontar, ademais do repago farmacéutico, o adianto dos cartos para próteses. Quererá Núñez Feijoo volver aos tempos en que a xente andaba cunha pata de pau?

Coa chamada Lei de Garantías so se pretende:
  • Compensar o desgaste do Goberno da Xunta de Galicia fronte aos recortes en sanidade e o incremento das listas de espera.
  • Descapitalizar o sistema público facilitando aos centros privados a provisión de servizos custeados con diñeiro público.
  • Recortes en Hospitais Públicos que producen:
  • Incrementos na derivacións a centros privados.
  • Aumentos nas listas de espera.
  • A metade dos doentes en lista de espera están en listas ocultas, as non estruturais.
  • Moitas listas se pechan por tempo indefinido para que eses doentes non computen.
As consecuencias da aplicación da chamada Lei de Garantías son:
  • A descapitalización dos centros públicos que deberán compartir o orzamento hospitalario con centros privado.
  • Atraerá a multinacionais sanitarias como Capio ou Ribera Salud en mans de fondos de capital risco internacional, ao garantírselles a clientela.
E unha carga de profundidade contra o actual modelo sanitario ao impedir:
  • A planificación dos recursos en función das necesidades de cada zona.
  • A equidade polo nivel de renda ou lugar de residencia.
  • O traballo en equipos multidisciplinarios.
  • A integralidade da Atención Sanitaria.
  • A coordinación entre os distintos niveis asistenciais.
  • Supón unha manobra de marketing político xa que simula unha oferta de dereitos, imposibles de cumprir no marco de recortes orzamentarios, de recursos humanos e asistenciais.
  • É unha tapadeira para camuflar a decapitalización dos centros públicos en beneficio do sector privado.
  • Atenta contra a universalidade, integridade, equidade, racionalidade, calidade e eficiencia.
En definitiva con esta Lei Trampa chamada Lei de Garantías o que se pretende e poñer unha cortina de fume diante da política do Partido Popular de descapitalizar o sistema sanitario público.

Un novo recorte en dereitos é a supresión ou modificación da Lei do Aborto que, a demanda de Rouco Varela, ven a supoñer un retroceso nos dereitos das mulleres a  poder decidir por elas mesmas

Na Área sanitaria de Ferrol:
  • Na Área Sanitaria de Ferrol tense paralizado o proxecto de investimento de 63 millóns de euros en tres anos para a actualización do antigo Hospital Naval.
  • Tense paralizado o Plano Director do Complexo Hospitalario.
  • Aínda están en obras o Centro de Saúde de Serantes e das Somozas.
  • Os centros de saúde de Ares, Cedeira, A Capela e Narón xa tiñan que estar rematados.
  • O proxecto de ampliación do Fontenla Maristany está esquecido.
  • Quedamos fora do mapa de Novas Tecnoloxías.
  • Se producen peches de camas nos meses de verán o que está producindo colapsos en Urxencias con esperas de 48 horas para ingresar, precisamente pola falla de camas.
  • Pecháronse os consultorios da Graña e O Seixo e xa se fala de novos peches.
  • Se pretende pechar o Hospital Novoa Santos, coa escusa de cederllo á Universidade, que non o precisa, mentres se mantén un concerto co Juan Cardona por 6.5 millóns de euros anuais.
No Hospital Novoa Santos  tense que construír o Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais de Galicia, que de tratamento a todos o que están afectados por enfermidades profesionais como sucede nesta comarca con milleiros de persoas por culpa do amianto. Tamén ten que dar cabida a entidades socio sanitarias ás que se está levando á súa desaparición como Asfedro, Lazos, Aspanes e outras, para que poidan desenvolver o seu importante labor asistencial. Teñense que crear camas de enfermos crónicos e pluripatolóxicos o que posibilitará que, xunto coa potenciación da Atención Primaria, se colapsen as urxencias do Arquitecto Marcide.

Quen pode entender que se peche un Hospital Público, o Novoa Santos, e se manteña un concerto co Juan Cardona por 6.5 millóns de euros anuais?

Ademais se permite que persoal da sanidade pública preste servizo en centros concertados, atendendo a doentes do concerto, o que é absolutamente ilegal e que a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública estamos debatendo de poñelo en coñecemento da Fiscalía Anticorrupción.

Poderiamos seguir falando dos moitos recortes e privatizacións que se están a producir na Sanidade Pública desde o ano 2009, moitos deles non son percibidos pola maioría da sociedade, pero non acabariamos nunca, porque a lista é moi longa,

Coa actual Xunta de Galicia as privatizacións, recortes, repagos, diminución dos dereitos de usuarios e de traballadores, vai continuar, polo que a continuidade das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública faise máis necesaria que nunca, por que é preciso facerlle fronte a esas políticas cunha mobilización continua e sostida no tempo, como están a facer noutras partes do Estado Español e como hoxe estamos facendo en moitas partes de Galicia.

Por que é posible derrotar a esas políticas temos que seguir loitando de xeito unitario e continuo, tanto nas rúas como nos centros sanitarios.

A Sanidade Pública non se vende, se defende¡ A Saúde non é un negocio¡

Moitas grazas.

---

Algunhas fotos da Manifestación:

Enlaces de interese:

http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

http://www.sos-sanidadepublica.org/

__________________

domingo, xuño 16, 2013

Manifesto de profesionais da sanidade a prol de mellor Atención Primaria no Sistema de Saúde


A necesidade de priorizar a Atención Primaria no Sistema de Saúde
.

No argumentario neoconservador dominante hai unha falacia básica para tentar xustificar a demolición do Sistema Nacional de Saúde (SNS): a crise actual fai insustentable o seu futuro. Esta afirmación é falsa, pois a porcentaxe do PIB adicado en España a sanidade é das máis baixas da súa contorna mentres que os seus indicadores de saúde e satisfacción da poboación son dos máis altos. O que se quere presentar como un fenómeno natural, imposible de atallar, non é tal; o pensamento clasista e as políticas impostas polo goberno actual son as que provocan a grave contrarreforma sanitaria que nos devolve aos anos setenta. Hai outras políticas que se poden aplicar para soster e mellorar o noso sistema sanitario, mais as decisións adoptadas baséanse nunha brutal ideoloxía ultraliberal que está a desmontar o Estado de Benestar que tanto custou construir (perda de dereitos laborais, privatizacións na educación, na sanidade e nos servizos sociais, adelgazamento do Estado, laminación dos orzamentos públicos etc).

Na sanidade a vía trazada é clara: o Real Decreto Ley 16/2012 provoca a quebra do modelo de universalidade e sustitúeo por outro de aseguramento, impón copagamentos e fragmenta a carteira de servizos (introducindo a posibilidade de negocio nun futuro próximo para as aseguradoras). Ademáis o actual goberno introduce modelos de colaboración público-privado para a construcción e xestión de centros sanitarios, outra área de negocio para empresas afíns.

O persoal ben capacitado é o maior activo do Servizo Nacional de Saúde
.

Pero hai máis: as políticas de xestión do persoal, con contratos precarios e interinos con ausencia de OPEs, taxas de reposición do 10%, xubilacións obrigatorias aos 65 anos para persoal altamente cualificado -700 médicos foron expulsados de xeito ofensivo dos seus postos en Madrid-, reducións salariais importantes, redución dos días de libre disposición e desaparición dos relacionados coa antigüidade (LDs e vacacións adicionais), perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal (IT) para enfermidade común e accidente non laboral ata o día 21 da IT; tamén realizaron unha diminución drástica das substitucións –con grave prexuízo para o persoal das listas de contratacións, para o persoal dos centros que sufre a conseguinte sobrecarga asistencial, e para as usuarias e usuarios que ven reducida a calidade asistencial-. Xunto a todo isto observamos como o incremento da concertación coa sanidade privada e as novas formas de xestión das listas de espera configuran un modelo de política sanitaria que abre novas vías de penetración empresarial no Sistema Público de Saúde dunha magnitude ata agora descoñecida, nunha estratexia de privatización progresiva do SNS.

Na crise actual os principios de universalidade, equidade, eficiencia e calidade dun sistema sanitario gratuíto son imprescindibles.


É certo que o gasto sanitario veu medrando nos últimos anos por enriba do crecemento do PIB. Tamén se sabe que o aumento constante da inversión en sanidade, superado un determinado dintel, non se acompaña de melloras notables nos indicadores de saúde nin na satisfacción dos usuarios. Ante esta situación as medidas adoptadas foron todas na mesma dirección. Hai castigo para os profesionais (recortes salariais, deterioro das condicións laborais, precarización dos contratos, ausencia de OPEs), hai penalización para os enfermos (copagamentos que gravan a economía familiar, exclusión do sistema a diversos colectivos da poboacion), e hai tamén un impulso decidido á privatización dos servizos sanitarios xenerando novas parcelas de negocio ás aseguradoras e ás poderosas empresas da sanidade privada. Os impulsores da privatización/externalización falan de eficiencia, de reducir gastos e de mellorar a atención, mais non é certo: as experiencias previas teñen demostrado que a xestión privada é máis cara, menos eficiente e provoca máis inequidade (EEUU gasta tres veces máis do seu PIB que España e ten uns indicadores de saúde penosos, con grandes capas de poboación sen cobertura sanitaria e graves inequidades).

Fortalecer a Atención Primaria.

En Galicia os pasos dados van no camiño contrario ao necesario. O que se necesita en tempos de crise non é privatizar e introducir o lucro como elemento distorsionador no SNS. O que se precisa, con urxencia, é reorientar o sistema sanitario cara a Atención Primaria. O sistema sanitario público está organizado en dous niveis asistenciais: Atención Primaria (AP) e Atención Hospitalaria (AH). Nas últimas tres décadas a AP experimentou unha mellora moi importante. É sinalada polos expertos como o eixo fundamental do sistema sanitario. Cando actúa como elemento de coordinación e porta de entrada é máis doado garantir a equidade e o uso racional dos recursos.

A potenciación da Atención Primaria é clave para que o modelo sanitario actual sexa sostible.

Para poder exercer como eixo vertebrador do sistema asistencial a AP ten que reunir unha serie de requisitos básicos: infraestructuras adecuadas, equipamento e dotación tecnolóxica correcta, profesionais formados e en número suficiente dacordo cos ratios establecidos, axendas activas que permitan unha xestion efectiva do tempo, implementacion de técnicas diagnósticas e terapéuticas hoxe secuestradas no medio hospitalario, potenciación da telemedicina, actividade docente e investigadora etc.

Cómpre priorizar a Atención Primaria porque é donde se realizan as actividades de prevención útiles para afrontar as doenzas crónicas, donde se coñece ao paciente no seu contorno, con atención ao longo de toda a vida, donde estan os profesionais formados para manexar a cronicidade, donde se fai a educación sanitaria coa promoción de hábitos saudables e o autocoidado, donde se garante a continuidade da atención aos pacientes, e donde se debe centralizar a coordinación de toda a atención, incluída a hospitalaria.

O papel dos profesionais.

Para que o nivel de AP poida realizar estas funcións é preciso fomentar o compromiso e a implicación activa dos profesionais, hoxe maltratados pola Administración. O nivel de implicación e participación é máis ben escaso. A coordinación da atención aos pacientes debe realizarse a través de vías ou procesos que comezan e rematan na AP. Sexan procesos con hospitalización ou sen ela os xestores deberían asumir que este nivel asistencial é a peza clave. O acordo e o consenso dos profesionais que interveñen en todo o itinerario do paciente é imprescindible para procurar que estes procesos sexan o máis eficientes posible. E os profesionais de AP deben asumir a responsabilidade e o protagonismo para actuar como coordinadores dos procesos de atención á saúde da nosa poboación. O sistema informático Ianus pode evitar a duplicidade de probas ou actuacións seguindo guías e protocolos que garantan o uso racional das mesmas.

Recuperación do Plan de Mellora
.

O Plan de Mellora (PM) da AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009) foi abandoado polo actual goberno. Dito Plan, que debería desenvolverse ata 2013, servíu para impulsar diversas medidas en relación cos recursos humanos, a mellora da calidade asistencial e a xestión clínica, que potenciaron de xeito notable o papel deste nivel asistencial. Despois destes anos de retroceso tería que haber un novo impulso político (hoxe inexistente) para recuperar o tempo perdido.

-Recursos humanos. Cómpre detectar e corrixir os puntos asistenciais deficitarios e, no caso dos facultativos, haberá que facer un estudio e actualización das cotas sobrecargadas e, en todo caso, sempre se deben ocupar as vacantes producidas polas xubilacións (hoxe a taxa de reposición é do 10%). Por outra parte as Unidades de apoio (fisioterapia, saúde bucodental, matronas e traballo social) deben extenderse a toda a xeografía dacordo cos criterios establecidos no PM. Tamén é preciso garantir unha maior substitución dos profesionais (cos criterios establecidos no seu día en Mesa Sectorial) e abandoar a realización de contratos precarios, que a día de hoxe son cada vez máis frecuentes en todas as categorías profesionais.

-Calidade. O acceso á petición de probas pola AP debe realizarse nas mesmas condicións que o resto de especialidades. Tamén é preciso continuar co equipamento dos centros de saúde de forma equitativa en toda a xeografía galega. Hai que recupear a elaboración dos ADX-S (Acordos de Xestion que reflexan os obxectivos anuais dos centros asistenciais) de forma colaborativa, e procurar un deseño participativo na definición das estretexias da Área Sanitaria.

-Xestión clínica. No PM establécese que os profesionais de AP deben ser axentes de saúde dos pacientes e actuar como xestores de casos e os especialistas hospitalarios actuarán como consultores. Tamén se recoñece que a atención aos doentes crónicos e pluripatolóxicos debe estar centralizada en AP.

As Xerencias de Xestión Integrada
.

Estes que vimos de referir son alguns dos elementos que deberían ter en conta os actuais gobernantes se tivesen como obxectivo procurar a sustentabilidade dos servizos sanitarios públicos: fortalecer a AP e mellorar a coordinación e a integración de niveis mediante a instauración de procesos asistenciais compartidos e coordinados desde AP. Mais a ferramenta impulsada, as Xerencias de Xestión Integrada (XXI), pode provocar unha deriva hospitalocéntrica que aumentará o gasto sanitario de xeito incontrolable. Nun contexto de fragmentación e fomento de estratexias privatizadoras, as XXI son algo máis que unha operación cosmética, xa que procuran a creación dun órgano de control, centralizado e burocrático, mentres reducen a AP a un mero apéndice da AH –anulando a posibilidade de que poida fortalecerse-. Neste modelo a AP queda relegada a un papel subalterno pero funcional co obxectivo de controlar a porta de entrada á AH e para realizar a selección de pacientes e patoloxías dacordo con criterios de rendibilidade económica.

Temos que evitar a deriva hospitalocéntrica que supoñen as Xerencias de Xestión Integrada

En Galicia, nunha fuxida silenciosa do dereito administrativo público e o seu carácter garantista, estanse a implartar novos modelos que utilizan o dereito privado para a xestión dos servizos públicos (Fundacións, Entidades Públicas Empresariais, Concesións tipo PFI, contratos de colaboración público-privada, concertos, contratos de xestión de Atención Especializada...), que invaden o Sergas e facilitan oportunidades de negocio para a actividade empresarial privada a expensas dos orzamentos públicos. Este diseño -disperso, desordenado e fragmentado- impide a creación de estructuras asistenciais integradas que procuren a mellora e a eficiencia na atención dos pacientes, pero facilita a actuación de axentes privados externos que acuden en procura de lucro en detrimento da xestión pública e do interese xeral.
A incapacidade de conseguir financiamento privado para a construcción dos hospitais de Vigo e Ourense demostra a inviabilidade do modelo público-privado cos niveis de gasto sanitario actuais no noso país.

Por todo o descrito entendemos que o modelo das XXI, na vez de mellorar a coordinación de niveis, perpetúa a fragmentación da atención supeditando a AP aos intereses da xestión dos hospitais, condebidos como empresas que compiten entre sí nun mercado sanitario aberto e disfuncional. Para procurar unha maior eficiencia é preciso instaurar unha atención coordinada donde a AP participe, en condicións de igualdade co resto dos servizos, na planificacion e xestión dos procesos asistenciais, tanto intra como extrahospitalarios.

Mais, co deseño actual, consideramos que as XXI representan un paso atrás na mellora da xestión sanitaria e supoñen un perigo certo para o futuro da sanidade pública. Por eso reclamamos, de novo, que se poña freo á implantación deste modelo, que se incrementen os orzamentos de AP e que se inicie un proceso de debate público para garantir a continuidade e mellora do sistema sanitario sen poñer en risco os avances xa acadados.

Decálogo para mellorar a eficiencia do sistema sanitario
  1. Reorientar o sistema sanitario cara a Atención Primaria.
  2. Convertir a A.P. no eixo vertebrador do sistema asistencial, centralizando a coordinación de toda a atención na A.P.
  3. A coordinación da atención aos pacientes debe realizarse a través de vías ou procesos, baseados na racionalización do gasto, e que comezan e rematan na AP.
  4. Fomentar o compromiso e a implicación activa dos profesionais na xestión e toma de decisións, para que asuman a responsabilidade e o protagonismo, e poder actuar como coordinadores dos procesos de atención á saúde da nosa poboación.
  5. Recuperar e readaptar o Plan de Mellora á situación actual
  6. A equidade cos pacientes debe prevalecer en todos os niveis asistenciais (áreas,centros, profesionais…)
  7. A solicitude de probas complementarias debe de ser accesible para todos os niveis do sistema, baseada na patoloxía do doente segundo os protocolos establecidos.
  8. Poñer freo á implantación do modelo de Xerencias de Xestión Integredas (XXI)
  9. Os consensos, e non as imposicións, deben de primar en todas as actuacións sanitarias, incluídos os ADX (Acordos de Xestión).
  10. Impedir o acceso á historia clínica dos pacientes por parte de persoal alleo ao sistema público de saúde (Mutuas, Sanidade privada…).
Texto elaborado por: Xosé Luís Álvarez Prieto, Concepción Cruces Artero, Manuel-V. Fernández Fernández, Manuel González Moreira, Manuel Martín García, Bernardino Pardo Teijeiro, Jesús Rey García, Celso Sánchez González, José Emilio Santiago Nieto, Jesús Sueiro Justel, Pablo Vaamonde García.

Galicia, xuño de 2013.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
Manuel Martín
-mmartin@nodo50.org-
16 de junho de 2013 11:35

Manifesto de profesionais da sanidade a prol de mellor Atención Primaria no Sistema de Saúde. Un saudo. Manuel Martin (669704177). Portavoz SOS Sanidade Pública.

________________

xoves, marzo 07, 2013

En defensa da Atención Primaria de Galicia - Sobre a imposición do modelo de Xerencias de Xestión Integrada


Manifesto sobre a imposición do modelo de Xerencia Integrada da Atención Primaria de Galicia


En defensa da Atención Primaria de Galicia

O sistema sanitario público en España está organizado en dous niveis asistenciais: Atención Primaria (AP) e Atención Hospitalaria (AH). Nas últimas tres décadas a Atención Primaria experimentou unha mellora notable, seguindo as estratexias da OMS para transformar este nivel de atención, coa creación da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria e das Escolas Universitarias de Enfermaría con novos contidos formativos, a regulación normativa (RD 137/84) que promoveu a creación de Centros de Saúde coa incorporación de equipos multidisciplinarios e coa mellora da dotación tecnolóxica. Todos estes elementos situaron a AP como un dos piares básicos do sistema sanitario.

Diversos estudos confirman que os sistemas sanitarios deseñados en dous niveis (un primeiro nivel que actúa como porta de entrada e coordenador da atención, e un nivel hospitalario que atende aos pacientes  máis complexos que requiren de medios non dispoñibles en AP) son os que prestan unha mellor atención e son máis eficientes. Barbara Starfield dixo que “un sistema sanitario forte precisa unha AP forte”. Neste tempo de crise, que leva aos gobernos a reducir os orzamentos adicados a sanidade, habería que procurar un maior protagonismo deste nivel asistencial, pois é a maneira de garantir unha boa asistencia con menor custe.

A reforma da AP en Galicia realizouse con moita demora, pois os gobernos do PP apoiaron na década dos oitenta as posicións profesionais máis inmobilistas. O Decreto 200/1993 é a norma que regula o desenvolvemento deste nivel asistencial, con dez anos de atraso. O goberno progresista (2005-2009) impulsou de forma decidida a AP e puxo en marcha un Plan de Mellora que foi posteriormente anulado polo goberno de Núñez  Feijóo.  Mais o golpe decisivo contra estes avances é a posta en marcha das Xerencias de Xestión Integrada que eliminan a autonomía organizativa e orzamentaria da AP.

A primeiros de 2005 o PP puxo en marcha a “xerencia única” de Ferrol, e o conselleiro expresou a súa pretensión de extender  ese modelo a toda a comunidade. O cambio de goberno frustrou eses plans, que agora retomaron: xa puxeron en marcha as xerencias de A Coruña-Cee, Ourense, Santiago e Pontevedra-Salnés;  en breve prazo teñen previsto constituir as Xerencias de Xestión Integrada de Vigo e Lugo-A Mariña. Daquela expuxemos o noso criterio sobre esta estrutura organizativa. Podemos recuperar os mesmos argumentos:

1. Non existe ningunha experiencia previa adecuadamente avaliada que permita predicir que este novo modelo vai mellorar a xestión e a eficiencia do sistema sanitario público (a experiencia de Ferrol, a día de hoxe, tampouco foi avaliada).

2. O modelo de AP  implantado en España nas últimas décadas ten demostrado ofrecer claros beneficios para a saúde das persoas e da comunidade. Este modelo, baseado nos Servizos de Atención Primaria, está pouco desenvolvido en Galicia; precisa de maior impulso para mellorar a súa calidade, a dotación de persoal e recursos e potenciar  a súa carteira de servizos.

3. A creación dun único centro de xestión condiciona de xeito negativo o futuro desenvolvemento da AP, que perde autonomía no desenvolvemento dos seus proxectos e queda funcionalmente subordinada ás extratexias de xestión da xerencia única. Neste modelo os hospitais volven ser o centro e precisan dunha AP que seleccione os pacientes con criterios de rendibilidade económica.

4. A creación desta estrutura tampouco garante que a coordinación de AP e AH sexa mellor.  En vez de coordinación hai subordinación. Atención Primaria perde todo o control do proceso asistencial e refórzase o “hospitalocentrismo”. Esta orientación  vai contra da eficiencia: a atención hospitalaria utiliza máis tecnoloxía, provoca máis iatroxenia e resulta máis cara.

5. A creación dun centro único de xestión, xunto coa marxinación da AP, favorece que os recursos deriven, aínda máis, cara os hospitais. A reducción das inversións en  AP  frea o seu desenvolvemento, o que levará ao deterioro da calidade asistencial. A  AP, que xa xestionaba un escaso  10% dos orzamentos da sanidade (cando os expertos aconsellan o 25%), queda sen estrutura organizativa nin capacidade de decisión.

Os impulsores deste modelo afirman que reducen gastos en persoal e que suprimen cargos directivos. Non é certo. Os membros das Xerencias de AP integráronse no novo organigrama na súa totalidade, se ben agora ocupan cargos irrelevantes, con escasa función  directiva. Tamén afirman que se mellora a continuidade da asistencia. Mais non é así: a supresión das Xerencias de AP non mellora a coordinación e o uso eficiente de ambos niveis asistenciais.

O PP está aplicando unha estratexia dirixida a externalizar e privatizar progresivamente a sanidade pública. Utilizan o modelo da concesión administrativa ou PFI para entregar a mans privadas a xestión de parcelas cada vez máis amplas da nosa sanidade. Nas comunidades de Madrid e Valencia, onde xa existen as Xerencias Integradas, están a ofertar a empresas privadas a xestión non só dos  hospitais senón das áreas sanitarias, incluíndo os Centros de Saúde. Este será, probablemente, o seguinte paso que tenten dar en Galicia. Como o obxectivo das empresas é conseguir beneficio económico xa podemos enxergar cal será o papel a desenvolver pola AP: será a porteira do sistema, mais verá limitado o seu acceso a probas e terá incentivos para reducir as derivacións ao nivel hospitalario e para  realizar selección adversa de pacientes co fin de reducir os custes.

Por todo o descrito consideramos que as Xerencias de Xestión Integrada veñen ser  o certificado de defunción da AP, representan un paso atrás na mellora da xestión sanitaria e supoñen un perigo certo para o futuro da sanidade pública, á vista da evolución seguida noutras autonomías. Reclamamos que se poña freo á implantación deste modelo de xestión e que se recuperen as Xerencias de AP, con capacidade decisoria e orzamento propio. Tamén solicitamos un incremento dos orzamentos de AP e o inicio dun proceso co fin de potenciar o sistema sanitario público, sen poñer en risco os avances e melloras acadados ata o momento.

Galicia, 28 de Febreiro de 2013.

Asinantes:

-Manuel Martín García. Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP).

-Jesús Rey García. Coordinador do Plan de Mellora de Atención Primaria do Sergas (2006-2009).

-Jesús Sueiro Justel. Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).

-Manuel-V. Fernández Fernández. Presidente da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC).

-Pablo Vaamonde García. Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas (2005-2006).

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

SOS - Sanidade Pública
http://www.sos-sanidadepublica.org/

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
6 de março de 2013 22:41

_________________

martes, febreiro 05, 2013

Proposto o debate aberto en SOS Sanidade Pública para mobilizar-se o vindeiro 17 de Febreiro en todo o Estado a Petición do Encontro en Defensa da Sanidade Pública de Madrid

Estimados amigos e amigas envíovos o Manifesto aprobado pola práctica totalidade das organizacións sanitarias, cidadás, sindicais e políticas en Defensa do sistema sanitario público e contra o seu desmantelamento e privatización na Comunidade Autónoma de Madrid.

Esta situación responde á aplicación nesa CCAA dunha estratexia global das forzas neoliberais para deixar á sanidade pública en mans privadas.

No desenvolvemento desta estratexia están aliados fondos de investimento de capital-risco, bancos, construtoras, empresas sanitarias privadas, partidos políticos, administracións e gobernos, que comparten os mesmos obxectivos e metodoloxía e aplícana de xeito similar en todas as CCAA.

Parece lóxico que para facer fronte a un grupo de presión tan poderoso e unido é necesario organizar unha gran alianza de todos os afectados polo desmantelamento da sanidade pública como son os cidadáns e os traballadores sanitarios e promover mobilizacións de rexeitamento.

A privatización sanitaria se esta desenvolvendo con máis intensidade nalgunhas CCAA como Valencia, Galicia e agora Madrid, gobernadas polo Partido Popular, como tamén están sendo a resposta cidadá e profesional, aínda que falta coordinación entre as diferentes plataformas organizadas nas Comunidades Autónomas afectadas.

A loita en defensa da sanidade pública en Madrid é a mesma que en Galicia. o triunfo ou a derrota de sanitarios e cidadáns  en Madrid afectará aos de Galicia ou Valencia, e viceversa.

É urxente articular alianzas e accións concertadas en todo o Estado contra a destrución do sistema sanitario público. A mobilización do dia 17 de febreiro é unha oportunidade para dar un primeiro paso neste sentido.

Por todo isto propoño que valoremos a posibilidade de articular desde SOS Sanidade Pública algún tipo de apoio á convocatoria.

Un saudo
Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública
mmartin@nodo50.org
669704177


MANIFESTO DO ENCONTRO DE MADRID EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Como todos recordamos, o pasado 31 de outubro as autoridades políticas que gobernan a CAM, deron a coñecer a súa intención de abrir definitivamente as portas da Sanidade Pública madrileña a empresas con ánimo de lucro. Dita intención, viña camuflada baixo o nome de Plan de Medidas de Garantía para a Sostenibilidad do Sistema Sanitario Público.

Desde ese momento, tanto os traballadores como os usuarios da Sanidade Pública, manifestamos noso máis rotundo rexeitamento ao Plan de todas as formas posibles; fixemos manifestacións, encerros, folgas (laborais e de fame), concentracións e marchas multitudinarias. recollemos, e entregado na Consellería, case 1.000.000 de firmas de madrileños que se declararon contrarios á aprobación do Plan. mantivemos reunións co Conselleiro, Sr. Fernández-Lasquetty e presentado propostas de aforro e de mellora da xestión.

Con todo, desoíndo as masivas protestas cidadás e facendo caso omiso ás propostas dos profesionais, o día 27 de Decembro de 2012, o goberno autonómico do Partido Popular aprobou a Lei de Acompañamiento aos orzamentos de 2013 utilizando a súa lexítima maioría absoluta, algo que non xustifica o expolio sanitario que trae como consecuencia.

E chegados a esta situación, PATUSALUD e todas as organizacións participantes neste Encontro (SATSE, CCOO, AMYTS, CESIT, UGT, USAE, a Federación Rexional de Asociacións de Veciños de Madrid, e a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, todas elas integrantes da Mesa en Defensa da Sanidade Pública, xunto ao Comité Profesional Médico, Comité Profesional de Enfermería, PSOE, IU e UPyD), manifestan a súa rotunda oposición a tan inxusto e devastador Plan.

Entre todos impediremos que se regalen 6 hospitais e 27 centros de saúde, que se utilicen os impostos que pagamos todos os cidadáns para enriquecer a empresas privadas, que se reduza a calidade da asistencia ao reducir as dotaciones de persoal e que se extingan 26 categorías profesionais, privatizando as funcións que ata agora desempeñaban. E imos esixir que os Hospitais Carlos III, a Princesa e a Lavandería Central manteñan a súa actividade como o fan até agora. De igual xeito, denunciamos a inxusta pechadura do Hospital Instituto de Cardiología e outros Centros Asistenciales, así como a desaparición do persoal non sanitario do SERMAS do Hospital Porta de Ferro.

A unidade de acción foi sempre a base e a meta do noso funcionamento, e creemos que é a mellor estratexia para evitar a desaparición dun dos alicerces do estado de benestar como é a Sanidade Pública. Ningunha das organizacións que estamos aquí presentes imos aforrar esforzos, cada un desde o seu marco de acción, para levar a bo fin o noso obxectivo.

Como até agora, o Goberno da CAM e a Consellería de Sanidade, vannos a ter en fronte, loitando unidos a favor dun Sistema baseado na equidade, a solidariedade e a ausencia de ánimo de lucro.

Os ataques á Sanidade Pública están xurdindo en distintos puntos da nosa xeografía. Por iso, convocamos aos traballadores e usuarios da Sanidade Pública  a manifestarse nunha MAREA BRANCA o día 17 de Febreiro ás 12 h., a cal facemos extensible ao resto do Estado.

Madrid, 30 de xaneiro de 2013

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
5 de fevereiro de 2013 00:12

______________

mércores, decembro 19, 2012

Foi presentada a Iniciativa Lexislativa Popular - ILP, de SOS Sanidade Pública no Parlamento Galego - O PP rexeita defender os principios básicos da sanidade pública votando en contra


Presentacion da ILP SOS Sanidade Pública

Unha representación da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada e fundadora de SOS Sanidade Pública, acudimos a Compostela a concentrarnos diante do Parlamento Galego para apoiar a intervención de Manolo Martín en defensa da ILP presentada e apoiada de preto de 30.000 sinaturas. das que máis do 25% foron recollidas en Ferrolterra pola Pdspf, máis de 8300 sinaturas. Fomos a representación máis numerosa de cantas se traladaron a Compostela e estivemos presentes baixo unha choiva incesante e intensa coa nosa pancarta a onde se achegaron a saludarnos unha representación dos grupos parlamentarios do Psoe, AGE e BNG , onde estaban presentes as deputadas ferrolás Beatriz Sestayo do Psoe e Iolanda Díaz de AGE.

Os grupos parlamentarios de Psoe, AGE e BNG apoiaron a Defensa da Sanidade Pública e o Partido Popular rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular.

Compre salientar a ausencia de Núñez Feijoo no Parlamento Galego durante o debate a Iniciativa Lexislativa Popular, o que amosa o que lle importa tanto a Sanidade Pública como que unha iniciativa de 30.000 galegos e galegas chegase ao Parlamento. Temén a Conselleira de Sanidade, con vinculacións directas co  grupo POVISA, que chegou ao Parlamento cando xa Manolo Martín rematara a súa intervención(achegamos intervención de Manolo Martín e o alegato final). Outor tanto a Presidenta do Paralamento Galego. Pilar Rojo, quen durante a intervención de Manolo Martín non parou de falar, xusto detras del, polo teléfono móbil.

Lembramos que esta Iniciativa Lexislativa Popular tiña como promotores na comarca de Ferrol a Carlos Piñeiro e Xosé Miguel López.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos seguir mobilizándonos en contra dos recortes de dereitos e da privatización da Sanidade Pública e participaremos, coa nosa pancarta,  na concentración convocada pola Alianza Social Galega, da que formamos parte, o xoves día 20 de decembro ás 19:30 horas diante do Edificio da Xunta na Praza de España, facendo un chamamento á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra.

A noticia nos Medios:
http://praza.com/politica/3061/o-pp-tomba-a-lei-de-sos-sanidade-e-reprochalle-que-non-criticase-o-bipartito/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/12/18/pp-corta-paso-iniciativa-popular-favor-sanidad-publica/00031355831849233337757.htm

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/12/18/plataforma-gallega-recoge-30000-firmas-favor-sanidad-publica/675040.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/pp-echa-abajo-dos-iniciativas-populares-defensa-sanidad-preescolar-na-casa/idEdicion-2012-12-18/idNoticia-782069/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/12/18/galicia/1355834864_912671.html

http://www.eldiario.es/galicia/PP-SOS-Sanidade-Publica-bipartito_0_80842390.html

Documentos de interese nos Arquivos Ártabros:

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
18 de dezembro de 2012 17:29

______________

sábado, decembro 15, 2012

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol que participa na Plataforma Galega SOS-Sanidade Pública, presentou onte, en rolda de prensa, a Iniciativa Lexislativa Popular "ILP" que o vindeiro martes será debatida no Parlamento Galego


A Mesa do Parlamento de Galicia, controlada polo dereitista Partido Popular -PP, decidiu o pasado 11 deste mes de Decembro de 2012, que a Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos en apoio á mellora do sistema sanitario público e contra a súa privatización, se vai debater o próximo martes día 18 de Decembro sobre as 10 da mañá. A decisión tomada por sorpresa polo PP, déixanos un curto espazo de tempo para preparar a presentación da mesma e a súa difusión social.

O debate será sobre as dez da mañá, e teremos 15 minutos para presentala ao Pleno do Parlamento, e posteriormente cada grupo parlamentario disporá de dez minutos para o seu debate e pecharase cunha quenda de cinco minutos de réplica para o relator de SOS Sanidade pública.

A Iniciativa Lexislativa Popular sobre sanidade pública debátese o martes

A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública en Ferroltera-SOS Sanidade Pública presentou onte a Iniciativa Lexislativa Popular "ILP" que o vindeiro martes será debatida no Parlamento galego e defendida por un dos representantes da agrupación SOS-Sanidade Pública. Desde o PSdeG, BNG e AGE tamén se defenderá a postura da iniciativa popular.

Para presentar esta proposta no Parlamento foi precisa a presentación de 15.000 firmas "que se duplicaron" avalando a iniciativa. En Ferrolterra conseguíronse case a metade das necesarias para que se puidese defender a ILP.

Os representantes da Plataforma recordaron onte que coa iniciativa preténdese garantir o dereito á saúde no marco da sanidade pública que debe ser universal e gratuíta.

Así, aludiron non só ao copago farmacéutico senón ao que agora se expón para os servizos ortoprotésicos e para o transporte sanitario non de urxencia, que afectará a todas aquelas persoas que deban acudir a diálises, rehabilitación ou outros servizos.

O día 18 haberá ademais concentracións ante o Hórreo.

Nova publicada no xornal comarcal Diario de Ferrol | 15.12.2012

Borrador do Texto (acceder ou Baixar) que se vai ler no Parlamento Galego:

INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A DEFENSA E A PROMOCIÓN DA SANIDADE PÚBLICA EN GALIZA DA PLATAFORMA GALEGA SOS SANIDADE PÚBLICA

Escrito rexistrado do texto da prosta de ILT para que aprobe o Parlamento Galego:

Iniciativa Lexislativa Popular en formato pdf

PSdeG, AGE e BNG comprométense a loitar xuntos no Parlamento pola sanidade pública | 03.12.2012 | Ler en Praza Pública.



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Información baseada na enviada por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
15 de dezembro de 2012 09:17

______________