Amosando publicacións coa etiqueta Sartaña: Praza Pública. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sartaña: Praza Pública. Amosar todas as publicacións

mércores, xaneiro 31, 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolvamente os recursos de Sartaña

Esquerda Unida-IU de Ferrol: Comunicado de Prensa
De:-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.co
Data: 31 de xaneiro de 2007 13:38
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva os recursos de Sartaña


“Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva
os recursos de Sartaña”

Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar o seguinte:

Que, como se lembrará, o seu Grupo municipal no Concello de Ferrol presentou, o pasado 23 de xuño de 2006, un Recurso de Reposición, contra o acordo número 11 da Orde do Día do Pleno da Corporación Municipal de Ferrol de data 25 de maio de 2006: “Proposta de adxudicación á Empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto de xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no Barrio de Ultramar”.

Pois ben, dende a dita data e a pesar de ser requerido, incluso por escrito, que foxe dictada a correspondente resolución expresa sobre o mesmo o Sr. Alcalde non se dignou todavía a facelo.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol esta actitude amosa, unha vez máis, o carácter intolerante e a doble vara de medir do PP. Pois non ten a dignidade de contestar a un recurso presentado por un Grupo Municipal da Corporación Municipal que el preside e, doutra banda, el que anda a pedir respecto aos procedementos administrativos e co mesmo argumento, esixímoslle o respecto o procedemento administrativo, e tal como lle foi solicitado por escrito, resolva expresamente sobre o recurso de Esquerda Unida tal e como estipula a Lei.

É evidente que, con esta actuación, o Sr. Alcalde está a demostrar que cando as cousas non lle van ben esixe o cumprimento da legalidade ou utiliza esta no seu beneficio, esquecéndose arbitrariamente que a Lei é para todos e todas, nos dereitos e nas obrigas, e polo tanto consonte a Lei de Procedemento Administrativo esixímoslle que resolva, xa non só, o recurso presentado polo noso Grupo Municipal senón tamén o millar de recursos presentados pola veciñanza. Recurso , todo sexa dito, perfectamente argumentado e incluso acompañados de informes técnicos que veñen demostrar que o acordo recorrido vulnera a legalidade urbanística.

Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol seguimos a considerar que a idea de colocar un centro deportivo nunha praza pública para negocio dunha empresa, que conta coa oposición da veciñanza, e que ten alternativas máis viables é, con todas as letras, unha auténtica barbaridade polo que invitamos ao Grupo de Goberno a reconsiderar o seu proxecto e eviten unha nova usurpación dun espazo público da nosa cidade.

Ferrol, 31 de xaneiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

Solidariedade coa veciñanza de Sartaña: o Goberno Municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro

Solidariedade coa veciñanza da Praza de Sartaña: Sartaña Praza Pública.

O goberno municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro de 2007.

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol continua co seu empeño de facernos crer que o progreso consiste e encher as cidades de cemento, construír sen mais, para especular, para beneficiar a uns poucos que xa verten de privilexios. Nese empeño, queren acabar coa Praza de Sartaña, queren facer da Praza un centro de "lecer" de beneficio privado, sen atender as case 1000 alegacións presentadas [30.06.2006], nin ao recurso de reposición interposto no seu día polo grupo municipal de Esquerda Unida. Van presentar este Xoves, 1 de Febreiro, ás 9 e media da mañá a aprobación definitiva do nefasto proxecto do "Centro de Ocio Sartaña" concedido á empresa "amiga" SERVIOCIO [Con data 25 de maio de 2006, o pleno do Concello de Ferrol acordou adxudicar á empresa Serviocio, o contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro de ocio na Praza de Sartaña].

A Plataforma Ártabra 21, reunida en Asemblea Xeral Ordinaria, onte dia 30 de xaneiro, acordou, por unanimidade, solidarizarse coa veciñanza da Praza de Sartaña, nas súas xustas reivindicacións que non son outras que se desestime o proxecto de privatizar a Praza, e se aprobe a súa remodelación e acondicionamento integral como un espazo público, con xardíns, instalacións deportivas e parque infantil, para uso e goce de toda a cidadanía e en especial da veciñanza do barrio.

Conforme ás resolucións aprobadas pola PA21, na Asemblea Xeral Constituínte do 29 de maio e na segunda do 27 de xuño do pasado ano, de apoio á veciñanza de Sartaña e de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ... chamado Centro de Ocio de Sartaña, e en defensa da Praza de Sartaña como Parque Publico, voltamos reiterar este apoio incondicional ás xustas demandas veciñais.

Non permitamos un novo atropelo contra o patrimonio veciñal, hai alternativas sobre a mesa, para unha nova proposta de asentamento dese proxecto, que ten o goberno municipal e a empresa SERVIOCIO, na zona do Bertón onde está previsto reurbanizar a curto prazo. Ademais poderíase facer unha verdadeira piscina municipal, non a bañeira ou lámina de auga, que queren facer na Praza de Sartaña.


Praza de Sartaña: Parque Público !!

Non permitamos a súa privatización !!

Acude ao Pleno Municipal este xoves, 1 de febreiro de 2007



Relación de enlaces de referencia públicados no Blog da PA21:

Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]
RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA


Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]

sábado, outubro 28, 2006

A veciñanza de Sartaña denuncia o intento de facer catas na pista da Praza

A veciñanza da Praza de Sartaña, impideu este 23 de Outubro, e xa van dúas veces, a realización das catas ilegais que se pretendian facer na pista da Praza. O xoves, 26 levou como a todos os Plenos ao final de mes, a súa protesta, mas desta vez com máis contundencia, na defensa de Sartaña como espazo público. A veciñanza pide que se lles diga quen foi que deu a orde para a realización das catas.


Clica dúas veces na imxen do escritopara velo con detalle.

martes, outubro 24, 2006

A veciñanza impide e denuncia novas catas na Praza de Sartaña


NOVAS CATAS NA PISTA DE SARTAÑA

jose ramon -JOSERJOVE@terra.es-
23 de octubre de 2006 23:32
Para: "Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume"
-artabra21@gmail.com-

Boa noite.
Adxúntovos nota de prensa onde dase conta do incidente ocurrido na tarde hoxe.

Un saúdo,
José Ramón Jove
Boa tarde.

Comunícovos que na tarde de hoxe arredor das 7 da tarde, os veciños impediron a realización dunhas "calicatas" que comenzaban a facer unha parella de traballadores.

En principio estos se mostraron contrariados pero inmediatamente depuxeron a súa actitude.

Este feito púxose en coñecemento do 092 que acudíu ó lugar e tomou declaración e nota do que alí estaba sucedendo, para posteriormente e segundo manifestaron cursar o correspondente informe.

Cabe sinalar tamén que os traballadores procederon a instancia dos veciños a tapar o oco realizado, como non podía ser doutro xeito.

Os veciños somos sabedores con certeza de que non hai licencia municipal para realizar ningunha actividade. Estas maniobras cremos que obedecen a presións da Concellería de Deportes e "puenteando" á Concellería de Urbanismo.

Os veciños non imos a consentir baixo ningún concepto este tipo de maniobras e menos cando nos ampara a legalidade, xa que nin hai licencia, nin se resolveron todavía o recurso presentado por Esquerda Unida, nin se respostaron as mil alegacións entregadas en contra da redacción do proxecto de adxudicación da pileta de Sartaña.

Adxúntovos fotos do relatado anteriormente.

Un saudo,

José Ramón Jove Vidal
DNI: 32 629 752 C
Tfno. 618 929 865

Veciños na defensa de Sartaña

venres, agosto 18, 2006

A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

O Colectivo Veciñal en defensa do parque público de Sartaña impediu, o pasado mércores, a realización de catas na praza, na que o Concello pretende construír un Centro Privado deportivo e de lecer.

A empresa Control y Estudos pretendia na tarde do pasado mécores [16.08.2006], facer catas no solo da praza cunha perforadora de grandes dimensións para proxectar as cimentacions do complexo privado de ocio adxudicado polo Concello á empresa SERVIOCIO.

Un grupo de veciñ@s impideu que se realizasen as obras de catación do terreo. A empresa despois de varias horas de presión veciñal, decideu non continuar no seu empeño e a media tarde retirou a maquinaria do lugar.

A veciñanza lembrou aos medios alí desprazados que os responsabeis municipais aínda non deron resposta aos recursos e ás mil alegaciones apresentadas o pasado 30 de Xuño. A veciñanza reafirmouse na súa posición de non permitir de nengún xeito que se constrúa o complexo e moito menos que atenten contra os seus dereitos. Manteñense na súa reivindicación de que a praza de Sartaña siga sendo un espazo público e demandan a urbanización da praza e o seu acondicionamento sen perder o seu uso actual.

Diante do acontecido, solicitara-se unha reunión co novo concelleiro de urbanismo, Guillermo Evia, para solicitarlle unha esplicación polo ocurrido e voltar a recordarlle cais son as reivindicacións veciñais para esa praza.


A noticia no Diario de Ferrol

Principais referencias no Blog ao conflito de Sartaña:

Resolucións da Asemblea Constituinte [29.05.2006]

Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]

Sartaña, de JFK

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]


venres, xuño 30, 2006

Sartaña

Sartaña [*]
J.F.K.

Poucas veces ten o cidadán de a pé a oportunidade de observar ao vivo e en directo a cara máis noxenta da indignidade da cobardía política. Do pleno do xoves 25, no que se aprobou o proxecto de construcción dun centro de ocio e saúde na praza de Sartaña falouse moito, pero con pouca profundidade (agás excepcións).

Máis aló de episodios anecdóticos referidos a broncas, insultos, etc., debidos máis que nada á desesperación de moitas familias, o verdadeiramente importante non se analiza.

Porque o que se dilucidaba nese pleno era a consumación da ignonimia que supón a construcción dese adefesio arqui­tectónico en Sartaña. E, sobre todo, a expectación estaba centrada na fórmula de voto que ía desempeñar o Partido Popular, así como a súa explicación. Pois ben, o seu portavoz fixo unha exhibición de divagacións, sen explicar á opinión pública, con claridade e rigor, punto por punto, o que sucedeu no seu grupo municipal nestas últimas semanas, e que levou ao voto afirmativo nesta sesión. É dicir, terían que explicar ao pobo de Ferrol:

¿Por que se abstiveron nas mesas de contratación? ¿Que documentos lles faltaban? ¿Xa están aportados estes? ¿Que din estes? ¿Que é o que rematou de convencelos para votar afirmativamente? ¿Están seguros de que a obra é legal?

O seu especialista en urbanismo, o señor Evia, non abreu a boca, pese a que o público llo solicitou; grave erro tendo en conta que tiña pensado "votar en conciencia" (sic). ¿Votou en conciencia? ¿Si? Algunhas persoas que asistían ao pleno albergaban pequenas esperanzas de que cumprise a súa palabra, ou cando menos explicase o seu cambio de parecer; esperanzas que se viron frustradas co conseguinte "cabreo" poste­rior.

Outro grave erro do portavoz do PP foi atreverse a dubidar da representatividade dos alí presentes, por unha razón sinxelísima: a un pleno que se convoca para aprobar un proxecto poden acudir persoas que están a favor del e persoas que están en contra del. Pois ben, dos que estaban a favor, ali non habia ninguén. Polo tanto: ¿Donde está o apoio cidadán a ese proxecto? ¿E a cúpula da Asociación de Ueciños?

Tamén é ignominioso catalogar aos "veciños na defensa do parque público de Sartaña" de alborotadores, insultadores, etc. Cando é todo o contrario. Ademais de asistirlles a razón, a súa loita é impecable democraticamente; e ademais, o que verdadeiramente asombra destes veciños é a súa tenacidade, a súa constancia nas mobilizacións dende hai ano e pico; vellos e mozos inasequibles ao desalento, reforzando as súas conviccións a medida que aumentan as dificultades; así choiva, faga vento, frío ou sol, ali están.

E digo máis: as máis impresionantes, as grandísimas protagonistas son ELAS, as mulleres as señoras, coa presencia de ánimo, a rabia contida, e mirando de frente aos ollos dos que gobernan, con grande dignidade e tirando para diante...

Quero dicir tamén, contradecindo a certo prócer do periodismo local, que o xoves dimos un paso atrás, para dar tres pasos adiante; tal como o fan os ferroláns amantes das cousas ben feitas.
Esa obra é ilegal, e así se demostrará nos tribunais de xustiza; advertencia que fixo o portavoz de IU no pleno e cuxos perigos para o Concello de Ferrol só os intuiu o portavoz accidental de IF (ou así mo pareceu a min).

Polo tanto, non se preocupen os veciños/as e compañeiros/as, e non se relamban os bufóns da burguesía barrial, porque o mellor está por vir.

Por último, xa que estivo na nosa cidade.... ¡Viva Ignacio Ramonet!... (e o lector avispa­do xa sabe por que o digo).

[*] Publicado no Diario de Ferrol [04.06.2006]

mércores, xuño 28, 2006

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]

RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA

Conforme coa resolución da pasada Asemblea Xeral de apoio á veciñanza de Sartaña e de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña, e en defensa da Praza de Sartaña como Parque PÚblico, esta Asemblea Xeral da Plataforma ártabra 21,

ACORDA

Apoiar a campaña do Colectivo veciñal pola defensa do parque público de Sartaña, co obxectivo de difundir os argumentos veciñais de oposición ao chamado Centro de Ocio e os pasos a dar para seguir loitando contra a imposición do inxusto acordo plenario cos votos de PP e IF.

Resolvendo espallar e difundir os modelos de alegacións que apresenta o propio colectivo que a continuación relacionamos:

1.- Alegacións por contaminación

2.- Alegacións por motivos técnicos e de legalidade

3.- Alegacións referentes á sustentabilidade

4.- Alegacións: por motivos de saúde pública

5.- Alegacións por motivos cívicos e sociais


E apoiar a concentración veciñal do vindeiro venres 30 de Xuño ás 12 do medio-dia para posteriormente entregar as alegacións no registro municipal.




RESOLUCIÓN CONTRA A DERRUBA DO BARRIO DE RECIMIL E SI A FAVOR DA SÚA REHABILITACIÓN

A Plataforma Ártabra 21, integrada por 17 colectivos organizacións e asociacións, consonte os nosos principios de defensa dunha política xusta, democrática, participativa e responsable cara o futuro da humanidade, e segundo os nosos obxectivos xerais en contra da privatización dos espazos públicos e da especulación inmobiliaria,

DECLARAMOS

o noso rexeitamento á derruba do Barrio de Recimil de Ferrol, e o noso apoio á súa rehabilitación, por resultar menos agresiva para o medio ambiente, e como preservación do noso patrimonio cultural.

Esta Resolución fundaméntase nas opinións de organismos e persoas de recoñecido prestixio neste tema, como son o Colexio de Arquitectos, o Colexio de Xeógrafos, ou a Comisión Provincial de Patrimonio Histórico.

E acordamos acudir ao pleno municipal do Concello de Ferrol, do vindeiro xoves 29 de Xuño, para apoiar á veziñanza de Recimil nas súas xustas reivindicacións.