Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Amosar todas as publicacións

venres, decembro 22, 2017

O Premio 'Ferrol Solidario 2017' foi para contribuir coa financiación da construción dun pozo de agua potábel, para 15.000 persoas, no campo saharaui de Djala - O proxecto sociosanitario da asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui foi o recoñecido nesta décima edición


SOGAPS RECOLLE O X PREMIO SOLIDARIO DO CONCELLO PARA SUFRAGAR A CONSTRUCIÓN DO POZO DE AUGA POTABLE EN TINDUF

Os 5.000 euros do premio financiarán a construción dun pozo de agua potable para 15.000 persoas no campo saharaui de Djala.

Foi o proxecto mellor valorado entre os 17 que se presentaron a esta décima edición por parte das 16 entidades participantes.

Sogaps, a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, foi recoñecido hoxe coa X edición do Premio Solidario Cidade de Ferrol, cun proxecto sociosanitario para dotar dun pozo de auga potable aos campamentos de Tinduf, de apoio a poboación refuxiada no campo de Djala e mellorar a saúde e a calidade de 15.000 persoas.

Foi nun acto moi emotivo celebrado este mediodía no Salón de Recepcións, encabezado polo alcalde, ao que asistiron os representantes do Goberno, dos outros grupos da corporación municipal e tamén foron convidados os representantes das entidades do tecido social da nosa cidade, que se tiñan presentado a esta décima convocatoria do Premio Solidario: Acción Familiar,Asociación Parkinson Ferrol (con dous proxectos), Asociación de Persoas Xordas, Cociña Económica, Asociación Sociocultural ASCM, Refuxio Pardo de Atín, Aspace, Asotrame, Cáritas, Cogami, Alcer, Asociación de Veciños Val de Esmelle, Sogaps, Fundación Autismo, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación Grupo Diversidade Funcional.

O proxecto de SOGAPS foi o mellor valorado de entre os 17 proxectos presentados por 16 entidades a esta décima edición. Trátase dun proxecto de escavación que levará a cabo no Campamento de Dajla nun terreo cedido polo Goberno Saharauí e que estiman, podo beneficiar, de xeito directo a 15.000 persoas.

Ao recoller o galardón, a representante de SOGAPS, Maite Isla, emocionada e agradecida, relatou a dureza das condicións de vida nos campos saharauis, do que procede Yousuff, o neno que recollía o galardón que reduNdadá no beneficio do seu pobo, así como que durísima, inxusta represión política e social extrema de Marrocos sobre o Sáhara.

O alcalde, Jorge Suárez, destacaba o espírito deste premio solidario como “un valor fundamental na convivencia da sociedade, na construción da paz, na loita contra a desigualdade, a marxinación, a violencia..” e o compromiso do Goberno coa xustiza social e coa loita para construír unha sociedades de oportunidades para todos.

Neste día, e neste X premio solidario, é obrigado recoñecer o labor das entidades sociais da nosa cidade, que fan da solidariedade o fío condutor e o obxectivo final do seu día a día”, destacaba o rexedor.

A concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, tamén salientaba a dimensión e o impacto que a proposta gañadora terá na calidade de vida dos campamentos de Tinduf. Un pequeno grao de area desde Ferrol para o Sáhara.

Ferrol, 20 de decembro, de 2017

Publicado na Web oficial do Concello de Ferrol. | 20 de decembro de 2017 | Ir á Web.
---

Solidariedade Galega co Pobo Saharagui

http://sogaps.org/gl/

Queres ser familia acolledora, no programa Vacacións en Paz? | Ir á Web.

Queres contribuír ao proxecto un quirófano para o Sahara? | Ir á Web.

Voluntariado

Sumar á rede de voluntari@s. Axúdanos en atender as necesidades dos campamentos de refuxiados Saharauis e na loita por recuperar a súa terra. | Ir á Web.
____________

sábado, novembro 25, 2017

Urxe material sanitario para os campamentos saharauis, di o Concelleiro André Abeledo, ao tempo que solicita ao Concello que faga un chamamento, á solidaria veciñanza de Narón, de apoio aos campamentos de refuxiados saharauis no deserto de Alxeria - Unha desas necesidades é a dun quirofano que pode salvar moitas vidas e mellorar a calidade de vida das persoas nos campamentos


Dende EU queremos facer un chamamento a solidaria veciñanza de Narón para cós campamentos saharauis no deserto de Alxeria

O concelleiro das esquerda de Narón, André Abeledo, explica que os campamentos precisan de material sanitario. Temos que lembrar que as difíciles condicións de vida, a escaseza de auga, a dificultade para levar unha dieta equilibrada, as altas temperaturas, fan moi vulnerable as enfermidades a poboación dos campamentos, e sobre todo as nenas e nenos.

É urxente a axuda sanitaria. O próximo 2 de Decembro saíra un envío de material sanitario cara aos campamentos, por ese motivo a necesidade de colaboración é se cadra máis urxente.

O concelleiro recoñece estar convencido de que as naronesas e naroneses darán mostra unha vez máis do seu espírito solidario.

Unha desas necesidades é a dun quirofano que pode salvar moitas vidas nos campamentos.

Indicamos o número de conta habilitado por SOGAPS para poder conseguir este importante obxectivo.

IBAN ES4020805056133040034374

Solicitan ao Concello a realización dunha campaña de apoio ao programa de acollida de nenas e nenos saharauís de "VACACIÓNS EN PAZ".

André Abeledo solicita ao Concello a realización dunha campaña informativa para buscar familias de Narón dispostas a participar no programa solidario de acollida de nenas e nenos saharauís de "VACACIÓNS EN PAZ" durante o verano.

Este proxecto que tira cando menos durante as vacacións de verán da difícil situación de sobrevivir nos campos de refuxiados a nenas e nenos que son acollidas por familias galegas é moi importante para eles, é un autentico drama non poder participar para estas crianzas que pasaron todo o ano agardando esta oportunidade.


Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
http://sogaps.org/gl/

A Comisión Sanitaria de SOGAPS volve aos Campamentos. | 15 Sanitarios participarán na Comisión Sanitaria de SOGAPS que traballará nos campamentos de refuxiados saharauís do 2-9 de decembro. | Ir á Web.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de novembro de 2017 15:10
23 de novembro de 2017 20:32
__________


sábado, setembro 23, 2017

Baixo o titulo O Sahara un conflito esquecido, tivo lugar un acto en Narón da man de Esquerda Unida, coa participación de Mehdane Hocine Hassan, Maite Isla, Xavier Ron e André Abeledo


O SAHARA UN CONFLITO ESQUECIDO. EU NARÓN.


EU Narón organizou unha charla conferencia na tarde de onte, venres día 22 de setembro, no local da asociación veciñal da Gándara, baixo o título "O SAHARA UN CONFLITO ESQUECIDO".

O acto contou como relatores con Xabier Ron, responsable de Elaboración Programática de Esquerda Unida. Ex deputado de AGE e Investigador; Mehdane Hocine Hassan,  cidadá saharauí que acaba de chegar dos campamentos de Tinduf e André Abeledo, Concelleiro e Voceiro de Esquerda Unida- Narón.

Maite Isla, presidenta da Asociación Solidariedade có Pobo Saharauí e presidenta de SOGAPS, participou no acto xunto cunha delegación.

A asociación fixo un chamamento as familias e aos cooperantes da provincia d'A Coruña, para que participen neste acto que pretende visualizar o conflito no Sáhara Occidental e a situación que vive o pobo saharauí nos campamentos.

Así mesmo amosou o seu apoio e agradecemento a EU Narón pola presentación no pleno deste mes de Setembro dunha Moción en solidariedade coa loita do pobo saharauí.

André Abeledo defendera unha Moción no Pleno de Setembro por un “Narón solidario có pobo saharauí”, na Comisión correspondente EU, TEGA, PSOE e BNG xa amosaron o seu apoio a moción.




Intervención de André Abeledo durante a charla conferencia en Narón.

O Sáhara é un conflito esquecido, pero tamén é un conflito agochado.

Cando os medios de comunicación de masas deixan de falar dun conflito, dun drama humano, ese conflito, ese drama, non desaparece, continúan, pero faise invisible.

Cando isto acontece non é por casualidade, existe unha causalidade, normalmente son intereses económicos e xeoestratexicos os que fan calar aos medios, os que agochan o problema.

O caso do Sáhara Occidental é o dun esquecemento forzado, o dun agochamento intencionado e interesado.

Por ese motivo son importantes actos como este, que tentan acabar có esquecemento e sacar a luz a realidade.

O pobo saharauí precisa que se coñeza o seu drama e a súa historia.

Por iso estamos hoxe aquí.

Grazas a Maite Isla, presidenta da Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí e presidenta de SOGAPS.

Grazas a Xavier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida.

Grazas a Hassan, un veciño, un amigo, un cidadá saharauí.

Grazas a todas e todos por vir.

As compañeiras e compañeiros de EU Narón non miramos cara outro lado.

Non miramos cara outro lado ante os problemas dos nosos veciños, nin ante a exclusión social, nin ante os abusos da patronal, non miramos cara outro lado no Sáhara Occidental.

Cumprimos có noso deber internacionalista, cumprimos coa nosa obrigación ética e moral como pobo consciente, como clase obreira.

En relación ao Sáhara Occidental faise necesario ter memoria, a mesma memoria histórica que aínda precisamos no Estado español.

Recuperando a memoria sobre a nosa historia entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade có Sáhara Occidental, este non é un conflito alleo ao Estado español, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.

O Estado español ten unha débeda histórica có pobo saharauí, os deixamos tirados, os entregamos a Marrocos, o pobo español ten a obrigación moral de denunciar a situación da poboación saharauí que vive nos Territorios Ocupados por Marrocos, que sufre, sistematicamente, a violación dos seus dereitos máis elementais.

A legalidade internacional é clara.

Os Acordos Tripartitos de Madrid, polos cales España cedía a súa soberanía sobre o Sáhara Occidental, son ilegais.

Este proceso non pode ser desenrolado unilateralmente, ten que ser, en todo caso, coa aceptación da comunidade internacional.

Isto quere dicir que, según a legalidade internacional, España sigue sendo a potencia administradora do territorio ata que se peche o proceso de descolonización, mediante un referéndum de autodeterminación.

Marrocos, polo tanto, é unicamente a potencia ocupante, a que desenrola a administración do Sáhara Occidental pola forza, mediante a represión, sen que ningún estado membro de Nacións Unidas teña recoñecido a día de hoxe a súa soberanía sobre o territorio.

O Estado español é, polo tanto, responsable de todo o que acontece no Sáhara Occidental e debe impulsar a celebración do referéndum de autodeterminación canto antes.

O  Estado español debe asumir as súas responsabilidades e poñerse do lado dos Dereitos Humanos e da liberdade.

A actual estratexia de Marrocos no Sáhara ocupado é unha copia da estratexia que segue Israel en Palestina.

Marrocos amosa un total desprezo e desobediencia as resolucións internacionais que obrigan á celebración dun referéndum de autodeterminación. Desobediencia que como no caso de Israel non ten ningún tipo de consecuencias para Marrocos.

España traizoou ao pobo saharauí unha e outra vez, ningún Goberno da democracia foi o suficientemente valente para desenrolar unha política acorde coas súas obrigacións legais e morais.

Sempre han primado os intereses económicos duns poucos e as relacións de Estado, que, en algunha ocasión, están directamente relacionadas cós intereses persoais dos que ostentaron determinados cargos públicos.

Os nosos gobernantes seguen coa súa teima de matarnos de vergoña.

Ana Palacio, a aristócrata e ex ministra de Asuntos Exteriores no gabinete de José María Aznar, ten sido fichada pola Monarquía marroquí para que exerza como "experta" defendendo internacionalmente as teses coloniais marroquís  en relación có Sáhara Occidental ocupado.

¿Que podemos esperar de semellantes mercenarios?.

Lembremos que presuntamente, a casa Real española, có Rei emérito Juan Carlos I a cabeza, está historicamente relacionada coa entrega do Sáhara Occidental á monarquía marroquí.

Nin que dicir ten que tanto o Partido Popular, como o PSOE, prometeron velar polos dereitos do pobo saharauí dende a oposición, esquecéndose das promesas, e incluso, traizoándoas abertamente, unha vez chegaron ao poder.

O pobo saharauí tamén sufre no desterro, un desterro obrigado, un desterro no deserto alxerino.

Nos campamentos de Tinduf sobreviven, principalmente, pola axuda da cooperación internacional.

O Estado español, as comunidades autónomas, os concellos, así como diferentes ONGDs foron os principais doantes de axuda humanitaria para a poboación refuxiada saharauí.

A crisis económica fixo que esta axuda  se teña reducido drasticamente, tendo duras consecuencias para a poboación.

Debemos impedir que a xestión desta crisis leve por diante a cooperación internacional, pero máis especialmente, debemos esixir que as axudas ao pobo saharauí  convértanse nunha prioridade para o goberno do Estado, dada a enorme responsabilidade que ten o Estado español neste conflito.

EU Narón apoia ao pobo saharauí neste acto, pero tamén o faremos politicamente no Pleno do Concello de Narón mediante a presentación de unha Moción este Xoves día 28 de Setembro, unha Moción que vai a declarar a  “Narón municipio solidario có pobo saharauí”, na que pediremos ao Consistorio o seu apoio aos seguintes acordos:

1) O Concello de Narón mellorará o marco de financiación estimando unha contía para cada neno e nena que veña a Narón dentro do programa de solidariedade Vacacións en Paz. A financiación debe considerar os gastos de desprazamento en avión que son, normalmente, os que máis problemas ocasionan a SOGAPS, por solicitar a compañía de avión o pagamento por anticipado.

2) Manter un encontro institucional co novo Delegado Saharauí en Galicia para tratar a situación actual do pobo saharauí e para debater sobre o novo marco de financiamento que se propón desde o Concello de Narón. Dito encontro será aberto a membros de SOGAPS.

3) Denunciar a sentenza ao Grupo de Gdeim Izik e solicitar ao goberno do Estado que se interese ante o seu homólogo marroquí e reclame a liberación destes 24 presos políticos que o único que fixeron foi defender o dereito de autodeterminación do Sáhara Occidental de forma non violenta, de acordo ao establecido pola Nacións Unidas, a Unión Africana e diversos organismos internacionais.

4) Solicitar que se manteña, ata que se celebre o Referendum de Autodeterminación, a consideración española dos Saharauís para que non teñan atrancos no seu desexo de asentarse no Estado español, e que, no seu defecto, se lles conceda asilo para evitar a súa deportación. En todo caso, lémbrase a obriga de respectar a lexislación internacional e se un menor solicita asilo non pode ser tratado coma un adulto.

5) Informar dos puntos tratados e dos acordos ao novo delegado saharauí en Galicia, Saad el Mami, e darase traslado desta moción ao goberno do estado.

QUE VIVAN OS POBOS DO MUNDO!

QUE VIVA O SAHARA LIBRE!


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.





Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de setembro de 2017 02:08

____________

luns, xullo 24, 2017

Tras as durísimas e inxustas condenas coas que castigaron ao grupo do Gdeim Izik polo seu activismo pacífico: solidariedade galega co Pobo Saharaui na Praza do Obradoiro


Un día inesquecible. Máis de 1000 persoas gritando liberdade para os Presos Políticos Saharauís.

Na mañá de onte, Domingo 23 de Xuño, realizouse unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago, esixindo a liberdade dos Presos Políticos Saharauís, cuxa situación empeorou unha vez máis esta semana, tras as durísimas e inxustas condenas coas que castigaron ao grupo do Gdeim Izik polo seu activismo pacífico.

24 persoas fixeron a representación dos 24 presos, encadeados, e co nome de cada un no peito. O noso compañeiro Xosé Henrique Porto Varela deu lectura dun manifesto.

Vivíronse momentos moi emotivos, asomáronse bágoas aos ollos de moitas persoas, e contamos coa extraordinaria resposta das familias acolledoras cos seus nenos.

Asistiron moitos concelleiros desde distintos Concellos de Galicia, moitos medios de comunicación, e contamos con todo o apoio do Concello de Santiago.

Entre os asistentes, os tres fillos da activistas Mina e Hassanna Duihi.

Damos as grazas a todo o apoio e comentarios de amigas e amigos políticos como as Eurodeputadas Lida Senra e Ana Miranda, membro do Intergrupo Paz e Liberdade para o Sahara, Montse Prado, a Senadora Vanesa Angustias, o deputado David, Pilar a alcaldesa de Mugardos, Andre Abeledo, concelleiro de Naron, Carlos Ruiz Miguel, catedrático da USC, Xose Luís Rivera, responsable Internacional da CIG.

Desde a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS o noso agradecemento a todas e todos e dicirvos que a loita continua e queremos seguir contando co voso apoio e Solidariedade co Pobo Saharauí.

SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI
Avda. Alcalde Gregorio Espino, 57 baixo.
36205 - Vigo
Tel./Fax: 986 262 637

http://sogaps.org/gl/

info@sogaps.org

https://www.facebook.com/sogaps.galicia/

https://twitter.com/sogaps_oficial
_______________

xoves, xuño 16, 2016

Esquerda Unida de Narón apoia o programa “Vacacións en Paz” que neste momento corre perigo de non se poder levar acabo na Galiza por motivos económicos


Esquerda Unida de Narón apoia o programa “Vacacións en Paz” que neste momento corre perigo de non poderse levar acabo na Galiza por motivos económicos.

O concelleiro de EU Narón André Abeledo reuniuse con SOGAPS para coñecer a problemática.

Neste momento este programa na Galiza esta en perigo, é posible que máis de 300 nenas e nenos non poidan viaxar por falta de diñeiro para pagar os gastos de billetes e documentación.

O problema é mais burocrático que de falta de diñeiro, porque as axudas van chegar pero tarde, posto que a administración paga cando se lle presentan as facturas, pero os billetes de avión e os tramites para a documentación hai que pagalos por adiantado.

As familias de acollida no noso concello tamén vense afectadas por esta situación pois levan esperando meses un reencontro que sempre é moi emocionante con estas nenas e nenos que xa forman parte das súas vidas.

Este proxecto que saca cando menos durante as vacacións de verán da difícil situación de sobrevivir nos campos de refuxiados a nenas e nenos que son acollidas por familias galegas é moi importante para eles, é un autentico drama que non se leve a cabo para estas crianzas que pasaron todo o ano agardando esta oportunidade.

Esquerda Unida de Narón fai un chamamento a todas as veciñas e veciños a colaborar con esta iniciativa, neste momento aínda faltan 190.000 euros, e a data limite é o 26 Xuño.

SOGAPS esta a vender unhas “rifas solidarias” para tentar conseguir financiamento, así como colocando “petos solidarios” en distintos lugares.

O numero de conta para aportacións para este proxecto é o seguinte:

A Banca – ES40 2080 5056 13 3040034374.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui-SOGAPS, é unha Organización non Gobernamental, sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia que ten a súa sede social na cidade de Vigo. SOGAPS está formada por persoas voluntarias que dedican parte do seu tempo, para colaborar na axuda a pobo saharaui. | Ir á Web.

Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Portavoz: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
15 de junho de 2016 13:40

_______________