Amosando publicacións coa etiqueta Unión Libertaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Unión Libertaria. Amosar todas as publicacións

martes, decembro 07, 2010

Este Mércores 8 de Decembro en Ferrol: "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres", palestra na que participará Mitra Shomal, activista de RAWA

Mércores 8 de decembro: Charla "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres" a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán)

Unión Libertaria, co fin de achegar a terrible situación na que se atopa a poboación afgana vítima de anos de guerra organiza unha charla que leva por título: "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres" a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán).

Será o mércores 8 de decembro no Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo, Ferrol), ás 20:00 horas.

Presentación de Mitra Shomal:

Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.

O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.

Mitra formouse naquelas escolas, onde aprendeu ás materias habituais, mentras tomaba conciencia sobre a traxedia das mulleres afgás e a necesidade de loitar contra as causas de tantas miserias. Con 16 anos, ingresou en RAWA e comenzou o activismo "para apoiar ao pobo descalzo e traballar pola construción dun Afganistán laico, democrático e libre".

En 2007 licenciuse en psicoloxía pola Universidade de Kabul e actualmente desempeña diversas responsabilidades no seo de RAWA, como impartir clases, recompilar datos sobre violacións dos Dereitos Humanos e distribuír publicacións clandestinas por todo Afganistán.

Enviado:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
7 de dezembro de 2010 15:16
______________________

xoves, novembro 25, 2010

Este Xoves, 25 de Novembro, en Ferrol: Presentación do libro "Caminando hacia el abismo" de José María Botana Cao - Suspensión da palestra do ICEA

IX Xornadas Libertarias - Presentación do libro "Caminando hacia el abismo" de José María Botana Cao - Suspensión da palestra do ICEA


As IX Xornadas Libertarias continúan o xoves coa presentación do libro "Caminando hacia el abismo" de José María Botana Cao "Boti". Este acto vai pechar as xornadas, pois a palestra de Endika Alabort, do "Instituto de Ciencias Económicas y de la Autogestión" foi suspendida por enfermidade do conferenciante.

Xoves 25 de novembro de 2010, no Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo), ás 20:00 horas.


Presentación do libro “Caminando hacia el abismo: historia de una generación”, coa presencia do autor, José María Botana CaoBoti”.


A obra foi editada polo Periódico Anticarcelario “Punto de Fuga” e a Biblioteca Antiautoritaria “Frakaso escolar” en setembro de 2010. Nas súas páxinas, baixo a forma dunha novela, atopamos unha mediatación sobre a xeneración rebelde da transición, cos seus sonos e as súas miserias, a súa brutalidade e a súa solidaridade profunda.


Mais información das IX Xornadas Libertarias:

www.unionlibertaria.org



Enviado por:

Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
24 de novembro de 2010 16:17
_________________________

martes, novembro 23, 2010

Este Mércores, 24 de Novembro, en Ferrol: Mesa redonda arredor do tema "Okupación vs Especulación" nas IX Xornadas Libertarias

Xornadas Libertarias - Mesa redonda arredor do tema "Okupación vs Especulación"

As IX Xornadas Libertarias continúan mañá mércores 24 de novembro cunha mesa redonda arredor do tema "Okupación vs Especulación"

Mércores 24 de novembro de 2010, no Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo), ás 20:00 horas.

Mesa redonda “Okupación vs Especulación”, con membros dos Centros Sociais “A Casa da Estación” de Pontedeume, “A Casa das Atochas” da Coruña e “O Salgueirón” de Cangas.

O movemento social das okupacións, xurdido hai moitos anos en todo o mundo, ten na Galiza unha renovada forza nos últimos tempos. Membros de tres dos Centros Sociais okupados máis representativos da Galiza, debaten sobre a okupación como alternativa diante da especulación e sobre a alternativa que representan as casas okupadas fronte ao capitalismo neoliberal no seu conxunto.


Mais información das IX Xornadas Libertarias:

www.unionlibertaria.org

Enviado por:

Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
23 de novembro de 2010 15:13
_________________________

luns, novembro 22, 2010

Este Martes, 23 de Novembro, en Ferrol: "A loita do pobo mapuche" nas IX Xornadas Libertarias

IX Xornadas Libertarias - A loita do pobo mapuche

As IX Xornadas Libertarias organizadas por Unión Libertaria continúan mañá martes 23 de novembro, arredor da loita do pobo mapuche.

Martes 23 de novembro de 2010, no Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo), ás 20:00 horas.

Representación de monicreques “A historia do indio Lautaro” e charla “Análise histórico e situación actual do pobo mapuche”, a cargo dun observador da situación mapuche.

Dúas formas de narrar unha mesma historia, a loita do pobo mapuche contra o estado chileno e as multinacionais que ameazan a súa terra, a súa cultura e a súa vida. Unha loita que é representativa das tentativas populares de crear formas distintas de combate ante os ataques do capitalismo, recuperando na loita a súa dignidade colectiva.

http://www.mapuche.info/

Mais información das IX Xornadas Libertarias:

www.unionlibertaria.org

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
22 de novembro de 2010 14:57
_________________________

venres, novembro 19, 2010

Homenaxa ás vítimas do franquismo, no antigo cemiterio de Canido de Ferrol, este Sábado 20 de Novembro

Convocatoria: Homenaxa ás vítimas do franquismo, no antigo cemiterio de Canido (Ferrol), o vindeiro 20 de novembro, ás 12:30 horas.

Dentro dos actos das IX Xornadas Libertarias, organizadas por Unión Libertaria, convocamos a toda a cidadanía ao xa tradicional acto de homenaxe ás vítimas do franquismo, que terá lugar o sábado 20 de novembro no antigo cemiterio de Canido, ás 12:30 horas.

A homenaxe consistirá nun acto poético-musical-reivindicativo, con intervencións do poeta Xoan Abeleira, un membro de Unión Libertaria e a clarinetista Amelia Ónega, e rematará cunha ofrenda floral. Trinta e cinco anos despois da morte do dictador Franco aínda é necesario reivindicar a memoria de todas as vítimas do franquismo, asasinadas pola dictadura e esquecidas na transición. A homenaxe aproveita tamén para lembrar á militancia libertaria, ás veces esquecida, coincidindo co 74 cabodano da morte do combatente revolucionario libertario Buenaventura Durruti.

Agardamos a vosa presencia.

Unión Libertaria

P.D. En caso de temporal, a homenaxe trasladaríase ao Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo). Se sae o sol ou a chuvia non é excesiva, o acto terá lugar no sitio indicado, o antigo cemiterio de Canido (ao carón do Instituto de Ensino Secundario de Canido, para a xente de fora de Ferrol).

Mais información das IX Xornadas Libertarias:

www.unionlibertaria.org

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
18 de novembro de 2010 20:27
_______________________

martes, setembro 07, 2010

Unión libertaria edita o libro "O atraso político do nacionalismo autonomista galego" de Félix Rodrigo Mora

O grupo "Unión Libertaria" de Ferrol ven de editar o libro "O atraso político do nacionalismo autonomista galego: Reflexões sobre O atraso económico de Galicia", de Félix Rodrigo Mora, o pasado 1 de setembro.

O libro é un estudio sobre a desaparición do mundo rural popular galego. O autor, ex-compoñente do grupo anti-desenvolvimentista "Los Amigos de Ludd", é un estudioso do mundo rural que por primeira vez aborda o pasado, o presente e o futuro do rural galego. O seu estudio contén unha reivindicación das características positivas do mundo rural tradicional e é belixerante contra a estigmatización da sociedade rural en nome do progreso, que exemplariza na obra de Xosé Manuel Beiras "O atraso económico de Galicia".

Extractos do libro:

"A verdade é que o mundo tradicional rural galego, onde até meados do século XIX vivia 90% da população da Galiza, tinha como características próprias uma riquíssima rede de relacionamentos de apoio, afeto e serviço mútuos extraordinariamente intensas, sinceras, complexas, eficientes e exuberantes, que faziam dele uma das sociedades convivenciais mais admiráveis de que se tem memória. Isso explica o muito que custou ao Estado (espanhol) liquidar dita formação social, que foi capaz de resistir, com mais sucesso que nenhuma outra da península Ibérica, a pressão para o individualismo, a veneração pelo Estado, o culto pelo dinheiro, a genuflexão perante o empresariado e a devoção pela tecnologia, em soma, o desajeitado afã por uma vida sem liberdade, servil, amoral, sórdida, ambientalmente destrutiva, virada na satisfação dos apetites do ventre, mais própria de porcos que de seres humanos. É a que provém do par Estado-capital e a que os escritos dos autores desenvolvimentistas encomiam, mais ainda, impõem ao povo através do seu monopólio da emissão de ideias, atropelando a liberdade de expressão e, sobretudo, a liberdade mais determinante de todas, a de consciência, a cada dia espezinhada pelas elites mandantes. Uma revolução que estabeleça uma sociedade razoavelmente livre tem de pôr fim a tais excessos".

(...)

"Torna-se necessária uma reformulação da linha a seguir, depois de meio século de ter «O atraso económico de Galiza» como bíblia de um nacionalismo autonomista, apesar de ser parte integrante dos Planos de Desenvolvimento franquistas, para abrirmo-nos à realidade do século XXI e, ao mesmo tempo, para fecharmo-nos argumentadamente à sua apologia do capitalismo mundializador, do desenvolvimento económico, da ditadura política parlamentarista, da destruição ambiental, da aniquilação do galego, da tergiversação académica da história da Galiza, de sacrificá-lo tudo à produção, da falta de amor pela terra e o povo, de cosmopolitismo niilista, camuflado ou não de galeguismo, de estar de joelhos ante a «ciência económica», da cega devoção pelo ente estatal".

A obra vai ser presentada nos vindeiros días en diversas localidades da Galiza:

* Quinta-feira, 9 de Setembro: Compostela - Feira do Livro Anarquista, Casa Das Asociacións (Cornes-Conxo) - 18:00 horas

* Sexta-feira, 10 de Setembro: Ferrol – Centro Cultural Torrente Ballester (R/Concepción Arenal, s/n) - Organiza Unión Libertaria – 20:00 horas

* Sábado, 11 de Setembro: A Coruña – Casa das Atochas (R/Atocha Alta, 14) - 20:00 horas

* Segunda-feira, 13 de Setembro: Pontedeume – Casa da Estación – 20:00 horas

* Terça-feira, 14 de Setembro: Pontevedra – Galería Sargadelos (R/Oliva, 22) – Organiza CNT – 20:30 horas

* Quarta-feira, 15 de Setembro: Vigo – A Cova dos Ratos (R/Romil, 3) - Organiza Lapsus – 20:30 horas

* Quinta-feira, 16 de Setembro: Lugo – C.S. Mádia Leva (R/Amor Meilán, 18) – 20:00 horas

* Sexta-feira, 17 de Setembro: Ponteareias – C.S.A. O Fresco - Organiza Ateneo Libertario Lume Negro - 21:00 horas

Para coñecer máis datos sobre a obra e para ter información actualizada das presentacións, consultar a páxina web

www.unionlibertaria.org

Ferrol, 6 de setembro de 2010

Unión Libertaria

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
6 de setembro de 2010 22:14
__________________________________

sábado, xullo 10, 2010

Convocatoria: Xa chega a Ferrol a bicicaravana en defensa da terra

Tras o seu paso por As Pontes, Goente e Pico Vello, as fragas do Eume e Pontedeume, a "bicicaravana en defensa da terra" chega na tarde de hoxe a Ferrol onde temos programadas varias actividades para este venres 9 e sábado 10 de xullo.

Hoxe ás 18:00, partindo do espigón da avenida do mar de caranza, temos previsto a realización dun roteiro en bicicleta polacidade cun percorrido que visitará algúns dos "puntos negros" da nosa ría. En Caranza os vertidos de augas fecais, no Bertón un exemplo de especulación urbanística que tamén apreciaremos na praza de España, en Esteiro e Ferrol Vello, o porto carboeiro e a vista da planta de Reganosa dende o peirao de Curuxeiras.


http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&hl=es&t=h&source=embed&msa=0&msid=102831163689627357790.00047ff6d1533be7dab8c&ll=43.4909,-8.249188&spn=0.130516,0.363579&z=12>

Ás 20:00 no Espazo Libertario, local situado na Av. Esteiro 1o, baixo temos unha palestra con proxección de videos e imaxes que amosarán o percorrido feito pola bicicaravana por terras de Irlanda, cantabria, asturias, etc.

Mañá sábado 10 de Xullo ás 11:30 a bicicaravana partirá dende a praza do inferniño a mugardos onde a partires das 14:00 celebrarase unha festa reivindicativa co lema "outro modelo enerxético é posile" con xantar solar e música no "campo dos carneiros".

Unión Libertaria 09/07/2010


=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-

Texto da convocatoria inicial de Unión Libertaria

A caravana que partira en maio de Madrid a Irlanda para protestar contra o gasoduto experimental de alta presión que a Shell quere facer pasar por unha reserva da biosfera no noroeste de Irlanda xa está de volta e chegará á nosa comarca a partires do 7 de Xullo. No seu percorrido reivindicativo foron moitos os lugares nos que activistas en bici sumáronse para loitar e reivindicar outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético e industrial que non sexa destrutivo, que respecte o medio e que sexa xusto e posible. Un modelo de decrecemento e desindustrialización que restaure con urxencia o necesario equilibrio que nos reconcilie coa natureza da que formamos parte.

É o momento agora de que nos sumemos á marcha na nosa comarca para chamar a atención sobre os moitos problemas que nos afectan. Como o da mina de andalucita que se pretende instalar na zona de Goente poñendo en perigo a riqueza e biodiversidade das fragas do Eume, os distintos puntos negros de contaminación, recheos e desfeitas na ría de Ferrol e a perigosa barbarie que supón a instalación da planta regasificadora de Reganosa.

Desde UL facemos un chamamento a apoiar esta marcha nas distintas etapas e días que percorrerá a comarca participando nos roteiros programados, nas charlas e na festa reivindicativa que faremos en Mugardos. É tempo de berrar e de pedalear!!!

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
9 de julho de 2010 13:13
____________