FUSQUENLLA, ADEGA-TRASANCOS, VERDEGAIA E SGHN-FERROL DENUNCIAN O COMEZO DO ENCHIDO DO OCO DA MINA DE AS PONTES NAS CONDICIÓNS MÁIS PERIGOSAS DE TODAS AS OPCIÓNS POSIVEIS
A principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase do Eume para mediados dese mesmo mes. As entidades Fusquenlla, ADEGA-Trasancos, Verdegaia e SGHN-Ferrol solicitaron nesas datas á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal consideravel con respecto a outros anos. Como en anteriores ocasións, non se recibiu notificación algunha por parte da Consellería, pero o certo é que a moratoria se levou adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina.
O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción ocasionaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago, unha vez enchido este, e por rebouse, considerándose que sería maior a afección que no suposto dun enchido forzado a base do transvase do Eume.
“Para la alternativa del llenado pasivo se han obtenido valores de calidad negativos en el 47,69% de los indicadores ambientales analizados, lo que supone una afección negativa en casi la mitad de los parámetros estudiados.(…) La calidad ambiental alcanzada estaría por debajo de los niveles de restauración que requiere el hueco de mina…”
Na páxina 343 indícase:
“En la evaluación ambiental obtenida para la alternativa del llenado pasivo… todos los indicadores ambientales analizados sufrirían impactos ambientales negativos, directos, acumulativos y/o sinérgicos, a corto plazo, permanentes, irreversibles, continuos y críticos, porque supondrían el desarrollo de un proyecto aleatorio sin ningún tipo de control ni habría posibilidad de aplicar las medidas correctoras adecuadas para lograr un mínimo de calidad ambiental exigido.”
Atopámonos, pois, cun empeoramento da situación, xa que se opta agora polo peor dos escenarios e, visto o que se dixo enriba, cun considerable incremento dos riscos que este proxecto conleva. ENDESA non é descoñecedora dos cambios climatolóxicos actuais, que, de repetirse en anos posteriores, impedirían o Enchido Forzado a base dun transvase. Así e todo, non cejan no seu empeño a pesar das nefastas repercusións que tería. Pouco importa que isto afecte ao Parque Natural das Fragas do Eume, a mellor representación de bosque atlántico europeo, nin o perigo de contaminación de acuíferos, nin os cambios atmosféricos que afectarían á poboación de As Pontes, con repercusións inluso sobre a saúde das persoas. Agora si, queda claro que o seu único obxectivo é acadar a máxima rendibilidade na empresa.
Por estas razóns, as entidades citadas novamente denuncian este asunto ante a Consellería de Medio Ambiente e con notificación á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, solicitando que cese o enchido e se realice o inmediato desaloxo, por medio de bombeo, das augas acumuladas no fondo da mina. Malia que isto supón unha contaminación suplementaria á xa existente para o río Eume, aínda non tería un carácter irreversivel, cousa que si ocurriría unha vez que o volume de auga fixese imposivel o bombeo.
Escrito ao Fiscal Xefe do TSXG Fiscalia de Medio Ambiente
Escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
_________________
Enlaces relacionados:
ADEGA, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian que Endesa comezou a cubrir a explotación mineira coas augas de choiva acumuladas nas súas inmediacións
[23.02.2008]
Adega-Trasancos, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian o enchido pasivo do oco da mina que Endesa ten en As Pontes
[22.02.2008]
O colectivo ecoloxista Erva considera que a lagoa artificial que ha asolagar a mina das Pontes responde á "vontade do bipartito" de levar a papeleira para este concello. Por Antía Rodríguez
[25.01.2008]
O lago artificial das Pontes, para os vertidos da nova Ence? Por Esther Rodríguez
[25.01.2008]
Erva denuncia o proxecto do lago das Pontes como tapadeira dos verquidos da futura ENCE
Polo Grupo Ecoloxista Erva
[24.01.2008]
O lago das Pontes, por Marcelino Fernández Mallo
[19.10.2007]
A Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla contra o lago da mina de As Pontes
[09.10.2007]
Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente
[15.02.2007]
Recuperación da Mina das Pontes: A FGG lamenta que se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro
[14.02.2007]
Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa
[09.12.2006]
Xornadas: Restauracion Mina das Pontes, 2 de decembro
[30.11.2006]
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon