xoves, outubro 16, 2008

Hoxe o "LNG Edo" cargado con GNL para REGANOSA, non poido entrar na Ría por mor da presencia de néboa espesa ao longo do seu canal, ...

Hoxe o "LNG Edo" cargado con GNL para REGANOSA, non poido entrar na Ría por mor da presencia de néboa espesa ao longo do seu canal, no momento da marea morta en pleamar diurna. O buque cargado co perigoso gas durme na Ría de Ares. Mais a acción de protesta tivo lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Berros de frases cargadas de razóns alertaban do perigo que supón a entrada de gaseiros para a ilegal e perigosa REGANOSA.

O compañeiro "Lalán" voltou reiterar da ilegalidade da entrada de gaseiros na Ría e informou de que a vía administrativa, contra o despropósito gasístico, continua aberta, pois recibiron anuncio de que a correspondente dirección xeral da Comisión Europea, vai emprazar ao Goberno Español, ante a denuncia da cidadanía polo incumprimento de REGANOSA da Directiva Seveso II [Artigos 8 e 12], respecto á proximidade a zonas poboadas e sobre o efecto dominó que pode causar un accidente, tanto na planta de gas, como no complexo industrial petro-químico [Forestal del Atlantico] ao que está encostada. Por outra banda Jam López, coordenador da campaña "A Ría na Rúa", informou de dita campaña que terá lugar entre os día 25 de Outubro e 1 de Novembro que pretende levar a loita contra REGANOSA a dez prazas de Ferrol, coa colaboración de 10 artistas que realizarán murais en ditas prazas, ademais dun roteiro reivindicativo e un magosto popular.
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon