NOTA ACLARATORIA POSTERIOR Á PUBLICACIÓN DESTE POST: Queremos pedir desculpas por unha imprecisión na información causado por un erro das fontes da mesma. Pois hoxe [27.01.2009], como así se agardaba, sobre as 10:00 hrs entrou o "LNG Larbi Ben M'Hidi" na Ría de Ferrol, despois de estar case dous días para poder entrar, mais non viña cargado con GNL-LNG para REGANOSA, senón que viña a Navantia, onde se encontra atracado no peirao 14 do esteleiro, para reparar un tramo de cadea e outros traballos na cuberta do buque. Se un gaseiro sen carga ten tantas dificultades para entrar na Ría ante determinadas condicións meteorolóxicas, como poden as autoridades portuarias permitir o tráfico dentro da Ría, de gaseiros cargados con máis de 120.000 de metros cúbicos de gas natural licuado, que o fan sen autonomía, e poñendo en perigo a vida de miles de persoas?
Este Luns, 26 de Xaneiro de 2009, está prevista a entrada dun novo buque cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa REGANOSA, este faría o número 40 desde que conmezaron a entrar en Maio de 2007. O buque que ten prevista a súa entrada é o "LNG Larbi Ben M'Hidi", un vello buque arxerino de máis de 32 anos de antigüedade [1977]. Diante da anunciada entrada deste buque con miles de mᶟ de gas natural liquado, na nosa Ría, como é habitual, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou unha acción de protesta, unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, na Praza Amada García, o mesmo Luns 26, ás 7 da Tarde.
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA !!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Características do buque:
Eslora.- 281.7 m -
Manga.- 41.6 m
Calado.- 10.8 m
Capacidade.- 129.767 m3
Posicón do buque gaseiro "LNG Larbi Ben M'Hidi"
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org/
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de gas
Reganosa
Ante o anuncio da entrada na Ría de Ferrol dun novo buque cargado con GNL, está convocada unha acción de protesta este Luns 26 de Xaneiro de 2009
domingo, xaneiro 25, 2009
Ante o anuncio da entrada na Ría de Ferrol dun novo buque cargado con GNL, está convocada unha acción de protesta este Luns 26 de Xaneiro de 2009
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, xaneiro 25, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon