A sigla ONU, todo o mundo sábeo, significa Organización de Nacións Unidas, é dicir, á luz da realidade, nada ou moi pouco. Que o digan os palestinos de Gaza a quen se lles están esgotando os alimentos, ou se lles esgotaron xa, porque así o impuxo o bloqueo israelí, decidido, polo visto, a condenar ao fame ás 750 mil persoas rexistradas alí como refuxiados. Nin pan ten xa, a fariña acabouse, e o aceite, as lentellas e o azucre van polo mesmo camiño. Desde o día 9 de decembro os camións da axencia de Nacións Unidas, cargados de alimentos, agardan a que o exército israelí lles permita a entrada na franxa de Gaza, unha autorización unha vez máis negada ou que será posposta até a última desesperación e a última exasperación dos palestinos famentos. Nacións Unidas? Unidas? Contando coa complicidade ou a covardía internacional, Israel rise de recomendacións, decisións e protestas, fai o que vén en gana, cando lle vén en gana e como lle vén en gana. Chegou até o punto de impedir a entrada de libros e instrumentos musicais coma si se tratáse de produtos que ían pór en risco a seguridade de Israel. Se o ridículo matase non quedaría de pé nin un só político ou un só soldado israelí, eses especialistas en crueldade, eses doutoramentos en desprezo que miran o mundo desde o alto da insolencia que é a base da súa educación. Comprendemos mellor ao seu deus bíblico cando coñecemos aos seus seguidores. Jehová, ou Yahvé, ou como se lle diga, é un deus rencoroso e feroz que os israelís manteñen permanentemente actualizado.
Gaza, de José Saramago
[22 de Dezembro de 2008]
Fonte: O Caderno de Saramago
_____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, xaneiro 01, 2009
Gaza
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xaneiro 01, 2009
Artigos relacionados
- Por Celso Posada Fernández [*]07.07.2016 O vindeiro outono vanse celebrar as Eleccion
- Onte rematava na cidade brasileira de Porto Alegre o Fórum Social Mundial Palestina Liv
- Por Amy GoodmanAo peche desta columna, a ofensiva de Israel contra a Franxa de Gaza - qu
- Unha moción polo recoñecemento do estado Palestino, para o Pleno do Concello de Narón.
- Por Fran P. Lorenzo24.06.2010 O lema da Red Madre –o lobby antiabortista que impulsou a
- Por Fran P. Lorenzo [*] 15.07.2010 Como ao 80% dos súbditos da Coroa española, o gol de
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon