xoves, xaneiro 01, 2009

Gaza

A sigla ONU, todo o mundo sábeo, significa Organización de Nacións Unidas, é dicir, á luz da realidade, nada ou moi pouco. Que o digan os palestinos de Gaza a quen se lles están esgotando os alimentos, ou se lles esgotaron xa, porque así o impuxo o bloqueo israelí, decidido, polo visto, a condenar ao fame ás 750 mil persoas rexistradas alí como refuxiados. Nin pan ten xa, a fariña acabouse, e o aceite, as lentellas e o azucre van polo mesmo camiño. Desde o día 9 de decembro os camións da axencia de Nacións Unidas, cargados de alimentos, agardan a que o exército israelí lles permita a entrada na franxa de Gaza, unha autorización unha vez máis negada ou que será posposta até a última desesperación e a última exasperación dos palestinos famentos. Nacións Unidas? Unidas? Contando coa complicidade ou a covardía internacional, Israel rise de recomendacións, decisións e protestas, fai o que vén en gana, cando lle vén en gana e como lle vén en gana. Chegou até o punto de impedir a entrada de libros e instrumentos musicais coma si se tratáse de produtos que ían pór en risco a seguridade de Israel. Se o ridículo matase non quedaría de pé nin un só político ou un só soldado israelí, eses especialistas en crueldade, eses doutoramentos en desprezo que miran o mundo desde o alto da insolencia que é a base da súa educación. Comprendemos mellor ao seu deus bíblico cando coñecemos aos seus seguidores. Jehová, ou Yahvé, ou como se lle diga, é un deus rencoroso e feroz que os israelís manteñen permanentemente actualizado.

Gaza, de José Saramago
[22 de Dezembro de 2008]
Fonte: O Caderno de Saramago
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon