Non é o mellor agoiro que o futuro presidente de Estados Unidos repita unha e outra vez, sen que lle trema a voz, que manterá con Israel a "relación especial" que une aos dous países, en particular o apoio incondicional que a Casa Branca dispensa á política represiva (represiva é dicir pouco) con que os gobernantes (e porqué non tamén os gobernados?) israelís viñeron martirizando por todos os modos e medios ao pobo palestino. Se a Barack Obama non lle repugna tomar o seu té con verdugos e criminais de guerra, bo proveito lle fága, mais que non conte coa aprobación da xente honesta. Outros presidentes colegas seus fixérono antes sen necesitar outra xustificación que a tal "relación especial" coa que se dá cobertura a cantas ignominias foron tramadas polos dous países contra os dereitos nacionais dos palestinos.
Ao longo da campaña electoral Barack Obama, xa fose por vivencia persoal ou por estratexia política, soubo dar de si mesmo a imaxe dun pai dedicado. Iso permíteme suxerirlle que lle conte esta noite unha historia ás súas fillas antes de que se durman, a historia dun barco que transportaba catro toneladas de medicamentos para socorrer á poboación de Gaza na terrible situación sanitaria en que se atopa, e que ese barco, Dignidade era o seu nome, foi destruído por un ataque de forzas navais israeliés co pretexto de que non tiña autorización para atracar nas súas costas (cría eu, ignorante redomado, que as costas de Gaza eran palestinas?) E que non se sorprenda se unha das fillas, ou as dúas a un tempo, dinlle: "Non che canses, papá, xa sabemos que é unha relación especial, chámase complicidade no crime".
Israel, de José Saramago
[31 de Dezembro de 2008]
Fonte: O Caderno de Saramago
_____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, xaneiro 01, 2009
Israel
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xaneiro 01, 2009
Artigos relacionados
- Festiclown Palestina lanza un crowdfunding para achegar o circo aos refuxiados pale
- A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA CONMEMORA O DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
- Alternativas ao Neoliberalismo " A Esquerda con Saramago". Cáceres 23 de febreiro de 19
- Onte rematava na cidade brasileira de Porto Alegre o Fórum Social Mundial Palestina Liv
- Por Ignacio Ramonet [*]13.09.2014 Com Síria, Iraque e os confrontos entre Israel e os
- ¿Que fai Feijoó, ademáis de lle levar flores de defunto a Alfonso Daniel e encriptar o xe
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon