domingo, marzo 08, 2009

Diante da anunciada entrada, na Ría de Ferrol, dun novo buque cargado con GNL, convocada unha acción de protesta para este Luns 9 de Marzo de 2009

Ante a previsión de que un novo buque gaseiro, o “LNG SOKOTO”, entre na angosta Ría de Ferrol, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta, este Luns 9 de Marzo, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Este buque coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado [LNG], para a ilegal REGANOSA, faría o nº 42 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas que moramos na ribeira. Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán decide convocar a concentración de protesta, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa REGANOSA, esixindo o seu desmantelamento xa !

Goberne quen goberne:
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

7 de Marzo de 2009 17:27


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org




Nota.-
Caracterísitcas do buque “LNG SOKOTO”
Bandeira: Bermudas – Eslora: 188,75 m.- Manga: 48 m. - Calado: 12,30 m.

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon