venres, xullo 24, 2009

Nova acción de protesta ante o anuncio de entrada na Ría de Ferrol doutro buque gaseiro cargado con GNL para Reganosa


Este Venres 24 de Xullo, ás 8 da tarde concentración, ante o anuncio de entrada na Ría dun novo buque gaseiro cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque, de entrar, faría o 49 que coa súa perigosa carga poñería en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da Ría. É por iso polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a acción de protesta en Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡


Características do buque:
Nome.- Sestao Knutsen Bandeira.- España Eslora.- 284.4 m - Manga.- 42.5 m Calado Máximo.- 12.3 m Capacidade.- 138.000 m³


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
23 de julho de 2009 13:13


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon