venres, decembro 18, 2009

Última hora: Pasadas as 11 da noite do Venres 17 de Decembro, hora da península, despois de 32 días en Folga de fame, despegaba un avión, levando a bordo, a activista saharauí Aminetu Haidar, desde o Aeroporto de Lanzarote rumbo a El Aiún, tras 32 días de folga de fame na illa lanzaroteña


Pasadas as 11 da noite do Venres 17 de Decembro, hora da península, despois de 32 días en Folga de fame, despegaba un avión, levando a bordo, a activista saharauí Aminetu Haidar, desde o Aeroporto de Lanzarote rumbo a El Aiún, tras 32 días de folga de fame na illa lanzaroteña.

Segundo noticias de axencia, Aminetu Haidar volta ao Sáhara Occidental unicamente cun salvoconducto do Goberno español e o visto e prace de Marrocos para a súa entrada ao país, segundo confirmaron fontes da Plataforma de Apoio a Aminetu.

A activista saharauí está regresando á capital do Sahara Occidental acompañada pola súa irmá, Leila Haidar, que chegou onte á noite e Domingo de Guzmán, médico e director do Hospital de Lanzarote.

Está previsto que á primeira hora da madrugada do Sábado 18, Aminetu Haidar poda estar na súa terra e abrazar a familiares e amig@s.

A noticia

A activista asegurou que o seu regreso supón "un triunfo a xustiza internacional e da causa saharauí".

A activista saharauí Aminetu Haidar chegou esta noite ao aeroporto de Lanzarote tras abandonar o hospital, onde levaba 24 horas, logo de sufrir fortes dores abdominais, orixinados pola folga de fame que mantén desde fai 32 días. Dentro dunhas horas a activista saharauí viaxará ao Aiún, de onde as autoridades marroquís expulsárona o pasado 14 de novembro.

"Isto é un triunfo. Unha vitoria do dereito internacional, dos dereitos humanos, da xustiza internacional e da causa saharauí", asegurou Aminetu Haidar na porta do hospital de Lanzarote, xusto antes de ser trasladada ao aeroporto.

O Goberno español enviou un avión a Lanzarote, que chegou ás 21.10 (hora peninsular), para trasladar a Haidar nun voo directo á capital do Sahara Occidental. Nese momento, unha gran cantidade de axentes da Garda Civil facíanse visibles na estrada e en todas as rotondas de acceso ao aeródromo, mentres que un centenar de persoas, todas elas eufóricas, apiñábanse á porta do hospital esperando ver á activista e despedirse dela. Viaxarán con Haidar o seu médico, Martín de Guzmán, director do Hospital Insular, e a súa irmá Laila.

A contorna de Haidar decatouse da boa noticia a través de Pilar del Río, a esposa do escritor José Saramago. Ela recibiu unha chamada do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciándolle a boa nova dun inminente traslado da activista saharauí á cidade de onde foi expulsada. Pouco despois, recibiu unha segunda chamada de Bernardino León, secretario xeral da Presidencia de Goberno. Pilar del Río contactou coa avogada de Haidar, Inés Miranda, quen á súa vez entrou na UVI para consultar coa propia activista saharauí. Miranda pediu que ademais do médico fose a súa irmá e ela mesma, pero a letrada foi finalmente vetada no voo. A defensora dos Dereitos Humanos, que xa abandonou a UVI, asegurou que manterá a folga de fame ata que aterre no Aiún.

As informacións das últimas horas apuntaban cara a un pronto desenlace. Precisamente pouco antes, o ministro español de Asuntos Exteriores, Miguel Angel Moratinos, anunciaba no Congreso dos Deputados que o Goberno seguía traballando cada hora "para atopar unha solución definitiva para Aminetu Haidar" e que esperaba "en breve poder anunciar esa solución".

Cando a Comisión aínda non terminara, Moratinos suspendeuna porque o Executivo está "desenvolvendo intensas negociacións" e a prioridade é que se poida traballar para lograr que Haidar regrese. "Hai que ser prudentes, hai que ser discretos", dixo o titular de Exteriores, que garantiu que o "Goberno vai actuar con toda determinación para atopar esa solución".

Moratinos recoñece que Marrocos lle avisou da expulsión

O Goberno español recoñeceu este xoves por primeira vez que Marrocos lle avisou da expulsión da activista saharauí Aminetu Haidar, segundo comunicou na Comisión de Exteriores do Congreso Moratinos. Segundo o ministro, o seu homólogo marroquí, Taieb Fassi Fihri, chamoulle para informarlle de que a activista ía ser expulsada a mesma noite na que estaba detida no Aiún, unha expulsión que Moratinos cualificou de "política" e non "administrativa".

"Esa chamada prodúcese ao redor das once da noite" do 13 de novembro, precisou Moratinos, que trasladou ao ministro marroquí o seu "rexeitamento e condena" pola expulsión. Ao día seguinte, cando Haidar xa viaxaba nun avión rumbo a Lanzarote, o titular español de Exteriores recibiu unha nova chamada na que foi informado de que a expulsión xa se efectuou. "O Ministerio de Exteriores non aceptou, non apoiou, senón que rexeitou a actitude de Marrocos", insistiu Moratinos ante a Comisión de Exteriores do Congreso, na que comparece para facer un relato do caso da activista desde que foi expulsada por Marrocos do Aiún.

Interior informou a semana pasada que a Policía Nacional foi quen permitiu a entrada de Haidar en España, aínda que avalou a súa actuación xa que se axustou ao "establecido na normativa vixente". Aínda que a defensora dos dereitos humanos non portaba pasaporte, circunstancia pola que podería ser denegada a súa entrada en España, comprobouse que levaba o cartón de identidade de estranxeiro en vigor, que acreditaba a súa condición de residente legal en España.

I. CEMBRERO / M. GONZÁLEZ -
Madrid - 17.12.2009


Fonte: http://www.aminatouhaidar.org/
___________________

Enlace relacionado:
_______________________

1 comentarios so far

Segue en pé a convocatoria do domingo ¿?¿


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon