mércores, marzo 31, 2010

O "LNG Madrid Spirit" voltou a adiar a entrada na Ría por mor do temporal

Tags


Imaxe da situación do buque metaneiro de onte a tempo real 17:55 h do -2010.03.29- tirada do Blogue do Canario do Penedo. Hoxe a situación voveu-se repetir e o  "LNG Madrid Spirit" virou rumbo a altamar, pois o temporal reinante, con fortes ventos non permite a entrada do buque de máis de 284 metros de manga e 25 de puntal.

2º intento falido da entrada do "LNG Madrid Spirit

Tamén hoxe, por segundo día consecutivo, o "LNG Madrid Spirit” tivo que renunciar ao seu intento de arribar a Reganosa.

Achegouse a bocana da Ría, a hora da marea alta, pero a forza do vento fixo imposible que efectuara a manobra de entrada ao estreito canle.

Tal como explicabamos onte, é o gaseiro nº 63 dirixido a Planta de Gas de Mugardos, e co de hoxe van 15 intentos falidos a causa das condicións meteorolóxicas. Unha proba máis da improcedente localización desta Planta perigosa, innecesaria e destrutiva dos valores ambientais, laborais, paisaxísticos e patrimoniais da contorna.

Unha planta sen demanda e economicamente deficitaria que está a sobrevivir a conta dos fondos públicos e do diñeiro de toda a cidadanía, en beneficio dos seus promotores e coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.

É moita hora xa de que as autoridades competentes poñan coto a este esbanxamento e a este perigo permanente, determinando a súa paralización, cando a demanda de gas existente cóbrese sobradamente e sen problemas polos gasodutos que agora teñen pechados en beneficio de Reganosa.

Ferrol, 30 Marzo de 2010

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseadana enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de março de 2010 19:49
_________________

Enlaces relacionados:
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon