xoves, xuño 10, 2010

A fiscalía acorda o arquivo das autoinculpacións no caso do bloqueo da Ría cando pretendía entrar o "Galicia Spirit", en Maio de 2007

Tags

Segundo o publicado na edición de hoxe, do Diario de Ferrol, o fiscal xefe da Área, Román Ruíz Alarcón, decidiu o arquivo das autoinculpacións presentadas polas membras e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no procedemento que se segue contra os mariscadores aos que se lles imputa un delito grave nos sucesos de Maio de 2007, cando se lle impidiu a entrada na Ría ao buque gaseiro Galicia Spirit.

Polo visto a fiscalía neste proceso, parece que non ten a intención de que se faga xustiza, parece que busca un castigo exemplar, costoso, mais asumíbel. Pura política partidaria e sístémica, a prol de Reganosa e dos seus apoios políticos, administrativos e económicos. Xa no seu momento decidiu apartar da causa a 51 mariscadores que nun principio procesara a xuíz instrutora. E agora con este arquivo quere deixar ao marxe ao Comité Cidadán, para que o asunto non amose as verdadeiras dimensións do confito social que subxace de todo este caso que non é nen máis nen menos que a instalación da planta de gas de Reganosa no corazón da nosa Ría, a poucos metros de núcleos de poboación. Instalación que só respondeu a un corrupto desprósito gasístico que beneficia a uns poucos, poñendo en perigo a seguridade e a vida de moitas persoas que moramos na contorna e que ven destruír aínda máis a xa deteriorada Ría de Ferrol e os seus recursos marisqueiros.


Pola importancia da noticia a transcribimos a continuación.

A Fiscalía acorda o arquivo das autodenuncias na causa do gaseiro
Ferrol - 10.06.2010

O fiscal xefe de Área de Ferrol, Román Ruíz Alarcón, acordou onte a incoación de dilixencias preprocesales penais e o seu arquivo simultáneo respecto das 31 denuncias autoinculpatorias no procedemento que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número 3 contra un grupo de mariscadores polo bloqueo da ría.

Trátase dos escritos presentados o pasado día 1 de xuño no rexistro xudicial por integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en relación co procedemento xudicial aberto respecto dos incidentes ocorridos en maio de 2007, por mor de que se impedise a entrada a Reganosa do buque gaseiro "Galicia Spirit".

Os membros do Comité Cidadán decidiran autoinculparse baixo o argumento de que a medida de presión que ese día levou á práctica fora convocada por eles, polo que non entendían por que se imputaba a sesenta mariscadores.

No seu decreto, o fiscal explica que o procedemento a que fan referencia os denunciantes iniciou xa a súa fase intermedia como procedemento abreviado. En devandito trámite, o Ministerio Público formulou acusación contra nove persoas e interesado o sobresemento respecto de todas as demais, por estimar que non había proba de cargo bastante da súa participación nos feitos.

Sinala, ademais, que os novos escritos presentados nada achegan ao xa resolto, polo que decide o arquivo dos mesmos, "por non resultar fundamento bastante para o exercicio da acción penal".

O presente decreto da Fiscalía de Área será notificado a todos e cada un dos 31 denunciantes.

Fonte: Diario de Ferrol
____________________

Enlaces relacionados:

_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon