Ante a nova aparecida onte nos medios de comunicación segundo o cal, o fiscal xefe da Área, Román Ruíz Alarcón, decidiu o arquivo das autoinculpacións presentadas polas membras e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no procedemento que se segue contra os mariscadores aos que se lles imputa un delito grave nos sucesos de Maio de 2007, cando se lle impediu a entrada na Ría ao buque gaseiro Galicia Spirit, o CCE manifesta:
Todo o mundo sabe que o CCE promoveu a acción que o 7 de Maio de 2007 impediu a entrada na Ria de Ferrol do primeiro gaseiro cargado con GNL”Galicia Spìrit”. Nesta acción participaron centos de persoas, entre elas as 31 que o pasado dia 1 presentaron un escrito de inculpación dirixido á Fiscalía.
A actuación desta Fiscalía, apartando ao CCE e reducindo agora a 9 mariscadores a imputación dos feitos, parece máis dirixida a castigar de xeito exemplar a un pequeno grupo de traballadores do mar, “asumible pola sociedade”, que a facer xustiza.
¿Quererá o Sr. Fiscal que pase desapercibida a raíz do problema, que non é outro que a ameaza á vida de miles de persoas que supón a planta de gas de Reganosa no corazón da Ría de Ferrol?
¿Quererá o Sr. Fiscal que non se saiba que esta instalación esta acelerando a destrución do ecosistema da Ria, o medio de vida dos mariscadores?
¿Quererá o Sr . Fiscal que non se saiba que esta instalación é produto dun acto continuado de corrupción do que se beneficia unha ínfima minoría?
Lamentamos que as actuacións do Sr. Fiscal, sexan publicitadas nos medios de comunicación antes que se notifiquen aos afectados. Contrasta esa dilixencia, con outras actuacións de quen parecen cegos diante da ameaza de Reganosa, que representa un perigo para a vida, profundiza na destrución da nosa Ría, está mergullada desde o seu nacemento na corrupción, e pola contra, tentan atemorizar precisamente a aqueles que, como neste caso, defenden a vida, a legalidade e a Ría.
Ferrol a 11 de Xuño de 2010
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de junho de 2010 19:12
_______________________Enlaces relacionados:
- Ártabra 21: A fiscalía acorda o arquivo das autoinculpacións no caso do bloqueo da Ría cando pretendía entrar o "Galicia Spirit", en Maio de 2007
- Ártabra 21: Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e da Asemblea Cidadá autoinculpáronse hoxe no Xulgado
- Ártabra 21: Inculpación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no proceso aos 60 Mariscadores, pola acción que impideu a entrada do "Galica Spirit" na Ría de Ferrol
- Ártabra 21: O Comité Cidadán de Emerxencia organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010
- Ártabra 21: O "Galicia Spirit" na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganos
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon