Mobilizacións contra a privatización do Centro "Souto de Leixa"
O vindeiro Mércores, 17 de Novembro de 2010, ás 11:00 hs, en San Caetano - diante dos Edificios Centrais da Administarción Autonómica, en Santiago de Compostela, está convocada unha manifestación , contra a política privatizadora da Xunta de Galicia, en defensa dos postos de traballo e para que o centro "Souto de Leixa" siga sendo público.
Desde Ferrol haberá autobuses que sairán ás 9 da mañá de enfrente aos propios centros de "Terra de Ferrol" e "Souto de Leixa" [Telefono de contacto 696191701]
Na actualidade hai 118 personas traballando no Centro de Educación Especial "Terra de Ferrol", dos cales 55 son postos vacantes, coñecidos como interinos, o resto dos postos están ocupados por persoal laboral fixo.
O pasado 13 de Outubro, nunha rolda de prensa onde estaba o Delegado Territorial, Diego Calvo, mais os Secretarios Xerais das Consellarías de Educación e Traballo, anunciaban a xestión privada do "Souto de Leixa".
Isto ten un só significado o desmantelamento por parte da Xunta de Galiza dos servizos públicos esenciais e básicos para este tipo de usuari@s dependentes e semidependentes. Os traballadores e as traballadorasas entendemos que esta política que está a empregar a Xunta, non só significa a eliminación do persoal laboral senón unha mingua xeneralizada na calidade asistencial aos usuari@s. Como por exemplo menos talleres ocupacionais, menos persoal de atención directa, menos persoal de servizos, menos persoal de enfermería e médicos, ...
Instamos á Xunta de Galicia a garantir o mantemento da xestión pública do centro "Souto de Leixa" no proceso de segregación e posta en funcionamento mantendo os postos de traballo da totalidade da plantilla hoxe adscrita ao CEE "Terra de Ferrol", na súa condición de empregados públicos, garantindo a calidade asistencial desenvolta ao día de hoxe.
IMPORTANTE O APOIO DE TOD@S, CÓMO USUARI@S E TRABALLADORAS E TRABALLADORES!
O Sábado 20 de Novembro, está convocada unha manifestación en Ferrol
[Por confirmar lugar de saída e hora]
Información baseada na publicada no sitio web da CIG-Saúde.
_________________________
Enlaces relacionados:
- Ártabra 21: Privatización ao pé da casa
- Ártabra 21: Solidariedade da CIG Aministración - Ferrol co persoal do "Terra de Ferrol" - "Souto de Leixa" e alerta sobre a vaga de privatizacións desenvolvidas e na axenda do Partido Popular
- Ártabra 21: Non á privatización do Centro "Souto de Leixa" - Os servizos públicos non deben ser un negocio
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon