venres, outubro 07, 2011

#Acampada-Xente-do-Mar


Desde hai días a Xente do Mar, mariscadoras e mariscadores da Ría de Ferrol, manteñen unha importante loita polo seu salario, pola dignidade e pola Ría.

Despois de semanas de intensa actividade reivindicativa, concentracións, ocupacións, peches de estradas con barricadas, de lume ou de mexillón, un grupo de mariscadores e mariscadoras das confrarías de Barallobre e Ferrol acamparon fronte ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, na Praza Amada Garcia.

Todas as reivindicacións están relacionadas. A falta de pagamento da Xunta polos traballos de limpeza, segundo os acordos da administración co colectivo, desencadeou a mobilización da Xente do Mar que tamén denuncian o estado de emerxencia ecolóxica no que se atopa a Ría de Ferrol.

As mariscadoras e mariscadores sinalan á Xunta de Galicia como responsábel última de que a Ría estexa na situación que está, con altos índices de contaminación. Tantos anos sen depuración das augas residuais, sen que se amañara o problema, non só pola administración autonómica, senón que tamén polos distintos gobernos municipais que tiveron a responsabilidade nos diferentes concellos da contorna da Ría. A actitude e desinterese dos responsábeis municipais e autonómicos pola nosa Ría, permitiu contaminación progresiva da mesma, pois a maior parte dos bancos marisqueiros están clasificados como Zona C, o que lles obriga a que o marisco recollido sexa depositado en augas limpas doutras zonas da Ría, para a súa depuración natural antes da venda en fresco.

A Xente do mar agarda que o vindeiro Luns 10 de Outubro, se fagan efectivos os pagamentos que endebeda a Xunta das cantidades comprometidas polos traballos que realizaron nos últimos meses. As mariscadoras e mariscadores ven un futuro incerto para o seu traballo, dado o alto grado de contaminación e os continuos aprazamentos e atrasos na realización das obras para a depuración integral da Ría.

Se á falta total de depuración das augas residuais urbanas, as dos Portos, Arsenais e as dos contaminantes das industrias localizadas na ribeira, como Navantia, Megasa, Forestal del Atlántico, e as dos polígonos industriais de Río do Pozo, Vilar do Colo, ... , soma mos-lle o problema da esterilización e arrefriamento dos centos de miles de metros cúbicos de auga que utiliza Reganosa para o proceso de vaporización do gas natural licuado -LNG/GNL, a Ría sofre unha agresión de grandes dimensións que só a mobilización e conciencia cidadán pode paralizar.
___________

Noticias relacionadas no Diario de Ferrol:

Os mariscadores manteñen a acampada ao non cobrar
Sábado, 08 de Outubro de 2011

Nós non somos responsables desta situación
Vernes, 07 de Outubro de 2011

Os mariscadores reclaman na acampada o saneamento de Ría
Xoves, 06 de Outubro de 2011

Os mariscadores buscan sensibilizar sobre a urxencia do saneamento
Mércores, 05 de Outubro de 2011

Os mariscadores deixaron de ingresar 58 millóns co esborralle do banco das
Pías Martes, 04 de Outubro de 2011

A conselleira do Mar pide "comprensión" e asegura que advertiu ao sector dos atrasos
Martes, 04 de Outubro de 2011

As Pías, un banco marisqueiro en caída libre desde finais dos anos 90
Domingo, 02 de Outubro de 2011

Os profesionais do sector revitalizaron a zona coas súas propias iniciativas
Domingo, 02 de Outubro de 2011

A Xunta pagará tras o Consello do xoves os salarios dos mariscadores
Sábado, 01 de Outubro de 2011

A Xunta pagará tras o Consello do xoves os salarios dos mariscadores
Sábado, 01 de Outubro de 2011

O alcalde condena a violencia e di que "o asunto está resolto"
Venres, 30 de Setembro de 2011

Os mariscadores arroxan lodo da ría á entrada do edificio da Xunta en Ferrol
Xoves, 29 de Setembro de 2011

A instalación de paneis solares en Barallobre iníciase a próxima semana
Xoves, 29 de Setembro de 2011

Rey Varela mediará ante a Xunta para axilizar os pagos aos mariscadores
Mércores, 28 de Setembro de 2011

Bieito Lobeira (BNG) reclama a Mar que “cumpra co seu deber”
Miércoles, 28 de Septiembre de 2011

Os mariscadores continúan coas protestas en demanda dos seus salarios
Martes, 27 de Setembro de 2011

Os mariscadores saen á rúa para denunciar que non cobraron agosto
Sábado, 24 de Setembro de 2011

Diferenzas nos prazos de cobro frustran unha nova campaña da vieira
Sábado, 24 de Setembro de 2011

Os mariscadores mobilízanse hoxe por non cobrar os traballos do mes de agosto
Venres, 23 de Setembro de 2011
_____________________

4 comentarios

Esa xente que cobra 80 euros diarios por rascar o carallo, que moitos deles son os furtivos que comercializan a vieira, que din que collen mexillón nas Pías e en realidade o colles nos peiraos de Bazán, nada teñen que ver coas xentes do mar

O anterior comentario dun tal anónimo, descualificase por si só. Mais non quero deixar pasar a oportunidade desta nota para manifestar a miña solidariedade co colectivo de mariscadores. Este colectivo de traballadores ten os mesmos dereitos que calquera outro a reclamar o que seu. Se se lles endebeda o salario, hai que pagarllo. Neste momento de crise económica aféctalles por igual as súas consecuencias, mais agravada pola crise da propia ría de Ferrol, convertida nun sumidoiro por deixamento dos gobernantes. Cantas décadas máis teñen que pasar para ver unha ría saneada.

Por outra banda señor anónimo cando se acusa como o fai vostede, o mínimo é dar a cara, non esconderse no anonimato dun comentario.

O dos 80 euros diarios por limpar a ría de mexillón e moita merda que é o que se recolle do fondo dos bancos marisqueiros, sobre todo do das Pias, paréceme suficiente, non sei porque lle corroe a envexa. Xeneralizar ou poñer en dúbida de que se fai mal o traballo, paréceme ruín. O mesmo que poñer o da vieira, ademais de ruín , paréceme moi inxusto.

A xente do mar está en loita e defendendo seus intereses como traballadores e defendendo a nosa ría que non só é o seu medio de vida, senón que é parte da nosa existencia, da nosa vida.

Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

O anterior comentário foi removido por entender que se nomeava a duas pessoas de jeito inapropriado.

O Administrador
Inácio


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon