luns, novembro 14, 2011

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denuncian que a Xunta de Galicia rompe o principio de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública

Tags


SOS SANIDADE PÚBLICA DENUNCIA: RUPTURA DO PRINCIPIO DE EQUIDADE E UNIVERSALIDADE NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denunciamos que a Xunta de Galicia rompe os principio de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública, deixando ás persoas con menos recursos sen dereito á asistencia sanitaria.

A Orde de 5 de setembro de 2011, actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR), das persoas que se atopan en situación de desemprego (Código 29), e das persoas estranxeiras. No protocolo de aplicación da orde se deixa as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica. Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia e emerxencia (agás no caso dos menores e das mulleres embarazadas, que manteñen estes dereitos). Ademais disto, no protocolo se indica que as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria serán clasificados como PRIVADOS e se lle fará asinar un compromiso de pago da asistencia realizada.

O mesmo protocolo establece trabas no acceso á tarxeta Sanitaria para os estranxeiros. A partir do próximo 1 de xaneiro, o Sergas esixirá unha antigüidade mínima no padrón de 183 días para poder solicitar a Tarxeta Sanitaria, indispensable para garantir a Asistencia Sanitaria.

Esta condición previa para acceder á Tarxeta Sanitaria vai limitar o seu acceso á atención primaria nos centros de saúde. A Lei Orgánica sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (decembro 2009) establece no seu artigo 12: "Os estranxeiros que se atopen en España, inscritos no padrón do municipio no que teñan o seu domicilio habitual, teñen dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condiciones que os españois" sen incluír período mínimo de empadroamento como agora fai o Servizo Galego de Saúde.

A Xunta de Galicia vulnera o principio de UNIVERSALIDADE recoñecido na Lei 8/2008 de Saúde de Galiza:
Artigo 4º.-Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria.


1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma. E tamén o da EQUIDADE en saúde, definida pola OMS, que implica a igualdade de oportunidades e a diminución de diferenzas en saúde ao nivel máis baixo posible, mediante a igualdade de acceso, a igualdade de utilización por un mesmo problema e a igualdade na calidade da atención.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública consideran que estas medidas son un paso máis na precarización da sanidade pública e na perda dun dereito humano fundamental que é o dereito á protección da saúde, implementando unha política de desigualdade, o que nos obriga a facer un novo chamamento ao conxunto da cidadanía, que antes ou despois se verá afectada, a que tome tódalas medidas necesarias para defendela. So se a maioría social se mobiliza e mostra o seu rexeitamento a estas políticas poderemos paralas e así defender á Sanidade Pública.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública
Santiago, 8 de novembro de 2011.

Difunde:

Ana Arto 647938026
Sandra Martínez 630594691
Merche Díaz 670264501
Local Marcide 981334566
www.cig-saude.org
scigasf@sergas.es

Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
14 de novembro de 2011 20:28
_____________________

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Sos Sanidade Pública
__________________________________

Enlaces relacionados:

Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia

Ártabra 21: Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes, ... Por Susana Alaníz González

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.

Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:

Descargar PDF
__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon