martes, marzo 06, 2007

Crónica da terceira manifestación na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova


De novo a chuvia foi a compañeira da manifestación celebrada o pasado domingo, 4 de marzo, na defensa dos espazos públicos contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova.


Apesar do mal tempo reinante, foron varios centos de persoas as que se achegaron até a Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para saír en manifestación até a Praza do Concello. Un mar de paraguas baixaron pola Rúa Real berrando contra o mal goberno municipal, para que se paralicen as obras xa.


Ningún edificio na praza, foi tamén algo que se deixou patente, en alusión a unhas declaracións do candidadto a alcaldia polo PSOE, Sr. Irisarri, onde insinuaba que a solución pasaría por facer un edificio de menor altura, cousa que pode estar en consonancia con que a Dirección Xeral de Urbanismo, dese un prazo de tres meses para a paralización das obras, cando parece ser, segundo a lexislación vixente, poderíanse paralizar como máximo nun mes.


Unha vez na Praza do concello, Miguel López, da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", fixo lectura do Comunicado no nome das entidades convocantes, tamén se dirixeu ás persoas congregadas, Mel Sanxoan da Plataforma Ártabra 21, para manifestar que seguiremos mobilizandonos até acadar os nosos obxectivos dunha praza libre, limpa de edificios para uso e goze de toda a cidadania.

__________________

Enlace coa Galería Fotográfica da manifestación do 4 de marzo de 2007

Enlace coa páxina onde está o Comunicado que se leu na Praza

Enlace coa páxina onde está o Manifesto á Cidadanía
__________________


Enlaces coa noticia nos medios convencionais:

Diario de Ferrol

Diario de Ferrol - Editorial

Galiza-Hoxe

La Voz de Galicia

La Opinión de A Coruña

Faro de Vigo

El Correo Gallego
___________________

1 comentarios so far

Non puiden asistir a esta manifestación...Espero ir a proxima que fagase , e que siga a protesta....


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon