De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de marzo de 2007 14:31
Asunto: Van presentar unha batería de alegazóns ao proxecto de xestión de Ferrol patrimonio da humanidade para garantir o control democrático do mesmo
ESQUERDA UNIDA-IU PRESENTARÁ UNHA BATERÍA DE ALEGAZÓNS AO PROXECTO DE XESTIÓN DE FERROL PATRIMONIO DA HUMANIDADE, PARA GARANTIR O CONTROL DEMOCRÁTICO DO MESMO
ESQUERDA UNIDA-IU defendeu a necesidade de extremar os controis públicos e democráticos no Pleno extraordinario que tivo lugar hoxe pola mañán, en todo o referente ao proxecto de xestión de Ferrol, patrimonio histórico.
O proxecto que levouse ao Pleno amosaba notables carencias e zonas de obscuridade e ambiguedade que teñen que ser despexadas para evitar que se frustre a arela de conquerir para a nosa cidade a condición de cidade patrimonio da humanidade.
EU-IU tampouco entende de recibo non ter falado e gañado o compromiso de participación e axuda por parte das administracións públicas que o texto propón que formen parte do Padroado, ministerios de defensa e cultura e da Xunta. Non vale con dicir – como fixo esta mañán o propoñente – que ten falado coas administracións; requírense papeis para dotar de firmeza e veracidade calquer compromiso desta envergadura. Queremos tamén denunciar a práctica de exclusión practicada polo propoñente acerca dos profesionais da universidade, que supuso elaborar a proposta de costas a universidade, algo inconcebible nunha proposta de este xénero.
Para EU-IU hai que vencellar o éxito e a fondura do proxecto de Ferrol, patrimonio da humanidade, coa necesaria desblocaxe do atrancado convenio de defensa. Suliñar que hai nestes anos actuacións que amosaron a falla de interese real do goberno municipal para coidar o espazo da nosa cidade de actuacións moi graves: caso da planta de gas de Reganosa, ou as vivendas ao carón do baluarte, retraso incalificable nos planos de recuperación de Ferrol Vello, ... Actuacións moi agresivas en espazos sensibles e que expresan – alén de retóricas de ocasión – a falla dun criterio integral no que fai a preservación do legado histórico e natural da cidade.
ESQUERDA UNIDA-IU quere chamar a atención sobre ao alcance do consignado nos artigos 32, 33 e seguintes, artigos referidos ao patrimonio. Hai que sinalar que o artigo 32 acorda que se produce unha cesión en uso de toda unha serie de bens dunha importancia excepcional: castelo de s. Felipe, o arsenal civil da Cabana, o parque temático do centro de Prioriño Chico, o reduto de s. Xoán, o baluare de Canido, Foxo e as alamedas contiguas ao Arsenal, espazos cáseque todos de titularidade municipal; asemade se encomendan ao Padroado as responsabilidades de coordinación e supervisión no centro Torrente Ballester e no teatro Jofre. A nosa organización quere indicar que as competencias de xestión son tan amplias como para comprometer a capacidade de decisión sobre un conxunto de espazos que son fundamentais para a vida cultural e social da cidade. Mais cando ao longo desta lexislatura se teñen producido episodios de evidente descoordinación na programación eutilizaicón destes espazos.
A nosa organización vai presentar neste vindeiro mes unha batería de alegacións para clarificar os necesarios mecanismos de control público sobre as competencias e o patrimonio e recursos a xestionar pola fundación.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
EU-IU
Patrimonio da Humanidade
Van presentar unha batería de alegazóns ao proxecto de xestión de Ferrol patrimonio da humanidade para garantir o control democrático do mesmo
xoves, marzo 08, 2007
Van presentar unha batería de alegazóns ao proxecto de xestión de Ferrol patrimonio da humanidade para garantir o control democrático do mesmo
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, marzo 08, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon