Manifesto do Primeiro de Maio
Bruxelas, 24 de abril de 2007.-
Os traballadores e traballadoras de todos os recunchos do planeta, reunidos o Primeiro de Maio, celebramos os enormes logros do movemento sindical e honramos a memoria de quen tanto deron pola causa da xustiza, a igualdade e a dignidade humana.
Toda persoa ten o dereito de ter un traballo e unha vida dignos. Para moitos millóns de persoas eses dereitos non son máis que unha aspiración pero poden converterse en realidade grazas á determinación e a vontade colectiva do sindicalismo e quen actualmente gozan deses dereitos na súa vida cotiá poden defendelos e mantelos a través dos seus sindicatos.
A histórica unificación do movemento sindical mundial que se levou a cabo fai apenas seis meses proporciona á nosa loita por un mundo mellor novos medios e unha vitalidade renovada.
Aproveitaremos na maior medida posíbel este novo ímpetu para facer chegar a nosa solidariedade a todos os que a necesitan e para cambiar o rumbo da economía mundial, a fin de que a mesma redunde en beneficio de moitos e non duns poucos.
Segue sendo inquebrantábel o noso compromiso de construír un mundo mellor, onde o progreso económico responda ás necesidades sociais, onde as persoas que viven sumidas na pobreza e á marxe da sociedade teñan a posibilidade de acceder a unha vida decente e gratificante.
Os valores universais que apontoaron máis dun século de orgullosa traxectoria sindical seguen tendo a mesma validez hoxe que no momento mesmo en que naceu o noso movemento.
Opoñémonos a todas as formas de opresión e de explotación e proclamamos a nosa determinación de continuar loitando contra quen buscan sacar proveito das privacións, a discriminación e a desesperación. Estamos xunto a todas as mulleres e homes cuxos dereitos de traballadores e de seres humanos son avasallados e acudiremos na súa axuda de todos os xeitos que podamos.
Condenamos a quen sacan proveito da miseria doutras persoas e continuaremos loitando contra os tremendos abusos da cobiza empresarial. Seguiremos procurando construír un mundo onde todos poidan vivir en condicións de seguridade e paz, exentos da ameaza de violencia, guerra ou destrución.
As xeracións actuais temos nas nosas mans o futuro mesmo do planeta. As nosas accións marcarán de xeito indelébel as vidas dos nenos do mundo e das xeracións venideras.
Cumpriremos co noso solemne deber de obrar para que haxa un progreso económico e social sustentábel, de desempeñar o papel que nos corresponde no concernente ao cambio climático e ao establecemento dun sistema comercial mundial equitativo no que os dereitos dos traballadores e traballadoras se atopen plenamente respectados e no que o potencial de desenvolvemento non quede minado por esixencias inxustas, de proporcionar saúde e educación para todas e todos e de facer fronte aos enormes desafíos que se nos suscitan actualmente como comunidade mundial.
Queremos conseguir que no mundo todas as nacións poidan cooperar en prol do ben común, creando e apoiando a xustiza nas relacións económicas, onde non se deixe atrás a ningún país e onde se responda plenamente á aspiración de ter unha vida decente que abriga todo home, muller e cianza do mundo.
Apoiando as loábeis e perdurábeis tradicións do noso movemento, comprometémonos a convertir en realidade isos sonos e esperanzas.
Viva o Internacionalismo Proletario !!
Viva a Solidariedade Internacionalista !!
Viva a Clase Traballadora !!
Viva o 1º de Maio !!
____________
A CSI, fundada o 1 de novembro de 2006, representa a 168 millóns de traballadores e traballadoras de 153 países e territorios e conta con 304 afiliadas nacionais.
Para maior información, poden poñerse en contacto coa Oficina de Prensa da CSI aos teléfonos: 32 2 224 0204 ou 32 476 621 018.
Enlace coa Confederación Sindical Internacional
Contact:
press@ituc-csi.org
tel.: +32(0)22240210
mobile: +32(0)476621018
Boulevard Albert II 5 Bte. 1
1210 Brussels
Belgium
Press Officer: (only for journalists)
Mathieu Debroux, Press Officer
mobile +32(0)476621018
press tel.:+32(0)22240210
mathieu.debroux@ituc-csi.org
_______________
Manifestacións en Ferrol.-
* Ás 12 do mediodía, sae a manifestación convocada pola CIG desde a esquina que fai o cruce das rúas Pondal e Esteiro: "Contra os recortes no sistema de protección social, Galiza nación, Autodeterminación".
* Ás 12 do mediodía, sae a convocada por CC.OO. - UGT, desde a Estrada de Castela no Inferniño: "Pola igualdade. Emprego de calidade"
___________
Centrais Sindicais da Comarca:
C.U.T. - Central Unitaria de Traballadores
CNT - Confederación Nacional do Traballo
CIG - Confederación Intersindical Galega
CC.OO. - Sindicato Nacional de Galicia das Comisións Obreiras
UGT - Unión Xeral de Traballadores
USTG - Unión Sindical de Traballadores Galegos
_______________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon