sábado, abril 14, 2007

A aprobación da modificación do uso do solo, non legaliza para nada a obra que se está a acometer na Praza da Porta Nova

Nesta cidade estamos gobernados por uns ineptos e ignorantes, fan como se a cousa non fose con eles, "cándidas "persoas, din que non teñen a culpa do seu mal-goberno e intentan desviar a cuestión, como vós alumnos, imitan aos seus de Madrid [chámense Zaplana, Aceves ou Rajoi na mentira do 11-M e outras]. Xa nos teñen acostumados a rodas de prensa de impacto, até o Alcaide falou de que daba por "zanjado" o asunto e de seguido di que as obras van a continuar pese a quen lle pese, mais ben que desoíndo, desafiando, o ditame do organismo competente da Xunta de Galicia.

Lembremos a chulería manifesta, cando a Federación de Asociacións Veciñais "Roi Xordo" fixera público o informe do Servizo e Inspección, sobre a Praza, o coro de Evia e Pita-Romero, ameazaron con levar aos tribunais a dita Federación e aos funcionarios que emitiran o informe por suposta filtración e falta de debida custodia de documento público, cando a propia lexislación vixente obrigaba aos funcionarios autonómicos a entregar dito informe.

Poda que a Xunta non teña mais remedio que acceder ao cambio de uso do solo, pois poda que sexa que non hai argumentos legais para non facelo, mais a manipulación da resolución por parte dalgún medio de comunicación e os propios gobernantes municipais obrigaron a desprazarse até a cidade ao Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, ... para explicar o xa mencionado ditame, non exento de incoherencia, mais si moi claro nos aspectos dos ilegais acordos plenarios e do ilegal da obra que se está facendo na Praza. O ditame da Xunta impide un edificio para usos privados, como tamén os edificios das dúas cafeterías que se están construíndo. Até o propio túnel entre a avenida do Rei e a de Vigo, é ilegal dado que a súa financiación corre baixo a claúsula de concesión do xa mencionado macro-edificio, acordos que agora a Consellería ven de resolver que son ilegais e nulos de pleno dereito. Ou este Goberno Municipal é parvo ou moi irresponsábel, pois non se poden entender as reaccións triunfais de Alcalde e concelleiros do grupo de goberno, nin se queira en clave electoralista, pois este despropósito pode supoñer moito diñeiro para as arcas municipais, é dicir os cartos de toda a cidadanía de Ferrol.

A obra segue sendo ilegal e innecesaria.

O movimento cidadán enmarcado nos Convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova, debería reunir-se en pleno o mais axiña posíbel e analizar a resolución administrativa da Xunta, para emitir unha opinión consensuada ante a nova situación.

O movimento cidadán, antes de coñecerse o informe da de Política Territorial, xa tiña convocada unha mobilización para o xoves, día 26 de Abril, que consistirá nunha concentración cidadán na Praza do Concello, ás 18:30 hrs, para mostrar a súa repulsa a actuación do Goberno Municipal e demandar a paralización das obras xa, rexeitar a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova e que esta quede limpa e libre, para uso e goce de toda a cidadanía.

Así recollen os medios de información e algún de [des]información convencionais:

Diario de Ferrol

La Opinión de A Coruña
Vieiros
Galicia-Hoxe
O Xornal
El Correo Gallego
La Voz de Galicia

________

Desde a Plataforma Ártabra 21 reafirmamo-nos no dito no Comunicado a toda a cidadanía, leido na manifestación na defensados espazos públicos, do 4 de marzo de 2007 e no Manifesto á Cidadanía consensuado por todas as entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos e contra a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova.
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon