O pasado 26 de abril, os convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos, ocuparon as obras que o Concello está realizando na Praza da Porta Nova, posteriormente pasadas as seis da tarde foronse concentrando diversos colectivos que teñen demandas significativas diante da política municipal dos actuais gobernantes. Máis de 300 persoas acudiron á chamada do movimento cidadán ferrolán, non son muitas, mais na súa maioría representaban a unha parte da veciñanza agredida pola política municipal e a sobervia da dereita que goberna a cidade desde as pasadas eleccións municipais do 2003. Desde hai un par de anos, os conflitos veciñais son continuos [Recimil, Sartaña, Ferrol-Vello, Canido, Planta de Gás, Menáncaro, Mandiá, Porta Nova, Os Corrais, ...] acelerandose na medida en que o goberno municipal [PP e IF], toma medidas contrarias aos intereses veciñais, e mesmo no caso de Menáncaro favorecendo aos intereses particulares do Teniente Alcade.
Pasado o Pleno do citado 26 de abril, uns minutos despois, no mesmo Pazo Municipal, ten lugar unha roda de prensa convocada polos dous lideres da dereita municipal, onde entre outras lindezas, Juan José Fernández García, acusa á oposición municipal de despertar "... células durmientes que obedecen a intereses bastardos sólo cuando están en la oposición ..." [sic].
Contrario ao que se pretende facer ver, desde as filas dos dous juanes [Juncal e Fernández], as mobilizacións populares, a xenreira e indignación mostrada nos plenos municipais e as reivindicacións, denúncias e demandas veciñais, non parten, nin son auspiciadas polas bancadas da oposición municipal, nalgúns casos enfrentada a certas demandas veciñais ou noutros casos corresponsabeis de certas situacións. As actitudes veciñais, son só a resposta as súas actitudes antidemocráticas e hostiles contra unha parte importante do movimento social ferrolán e contra a propia cidadanía que seguen ignorando e despreciando, pensando que se pode gobernar sen ter en conta as demandas cidadáns, sen diálogo, facendo o que lles peta, intentando coacionar ao movimento social, vendendo os espazos públicos, pretendendo destruir os escasisimos espazos naturais de importante valor ecolóxico, desoindo demandas veciñais, ...
A nosa actividade desde o movimento social, non ten nada que ver co momento electoral que vivemos, é máis, estea quen estea no poder municipal, tornase imprescindíbel un movimento social forte e reivindicativo, garantia de democracia e a participación cidadán real. Outra cousa é que a oposición pretenda rentabilizar as irresponsabilidades dos gobernantes e a mobilización veciñal, que por outra banda é lexítimo, mais sempre será a cidadanía co seu voto ou coa abstención quen decida quen estará no goberno municipal e quen na oposición. A Plataforma Ártabra 21 sempre estará a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, abril 28, 2007
"... células durmientes ... al servicio de intereses bastardos ..." [sic]
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, abril 28, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon