sábado, abril 28, 2007

Convocatoria da manifestación contra a degradación do territorio o 6 de maio en Compostela

MANIFESTACIÓN

contra a degradación do territorio

Santiago 6 de maio de 2007

GALIZA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s

A práctica totalidade das organizacións ecoloxistas galegas reunidas nunha asemblea que se celebrou en Santiago o pasado día 31 de marzo, acordamos, por unanimidade, convocar unha manifestación para o día 6 de maio en Compostela.

Máis de 40 colectivos de toda Galicia c oincidimos na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia.

Denunciamos o grave estado de deterioro e de crecente degradación en que se atopa todo o territorio galego, un acelerado proceso de expolio e destrucción que afecta tanto á costa como ao interior.

Reivindicamos as medidas necesarias para frenar este desastre:

  • O cumprimento da lexislación vixente
  • Unha nova Lei de Ordenación do Territorio
  • Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral
  • Protección efectiva e ampliación da aplicación das figuras de protección ambiental
  • Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio

É dicir: A implantación dunha nova cultura do territorio

Achegamos o Manifesto da convocatoria, un breve texto asinado polas máis destacadas personalidades dos eidos da ciencia, a cultura, e as artes de Galicia. Este manifesto está ó voso dispor na páxina web www.redelitoralvivo.info coa relación de firmas permanentemente actualizada.

Agradecidos pola vosa atención rogamos que vos fagades eco deste chamamento.

Recibide un cordial saúdo.

CONVOCAN:

Fusquenlla, Verdegaia, Salvemos Monteferro, Greenpeace, Luita Verde, Foro Social de Cangas, Comité de Emerxencia da Ría do Ferrol, Ortigueira sostible, Amigos da Terra, Anduxía, Colectivo nacionalista de Marín, Asociación na defensa do Parque Rosalía de Castro, SOS Courel, Natura Céltica, Cíes Artesanais S. Coop. Galega, Centro Social A Revolta, Bouzas móvete, Grupo de Axitación Social (GAS), Caleidoskopio, Plataforma contra a ampliación da piscifactoría de Quilmas, Plataforma contra a piscifactoría de Costa Galloufa, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Representantes Alumnos da Facultade de Informática de Coruña, Federación Ecologista Galega (FEG), Salvemos Sanxenxo, Asociación Fuco Buxán, Choiva Azeda, Comissao RNGP, Jóvenes Verdes, O Tesón de Ribadeo, Comité de defensa das Rías Altas, Plataforma Ártabra 21, Sociedade galega de Historia natural, Voces polo Litoral de Teis, Colectivo Urbano Lugrís, Asemblea do Suído, Plataforma Ecoloxista pola Defensa da Ria de Ribadeo, Aturuxo Local Social Boiro, Plataforma Ecoloxista pola Defensa da Ria de Ribadeo, Ronda non Sanxenxo, Plataforma na Defensa do Patrimonio de As Pontes


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon