xoves, abril 26, 2007

Denuncian o a declaración de ruina da casa de Carvalho Calero en Ferrol Vello

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Abril de 2007 14:13
Asunto: Denuncian o a declaración de ruina da casa de Carvalho Calero en Ferrol Vello, primeiro paso para a desaparición deste edificio, e o incumprimento do acordo plenario para a merca deste inmoble


ESQUERDA UNIDA-IU denuncia o a declaración de ruina da casa de Carvalho Calero en Ferrol Vello, primeiro paso para a desaparición deste edificio, e o incumprimento do acordo plenario para a merca deste inmoble.

ESQUERDA UNIDA-IU denuncia o decreto da alcaldía que declara ruina a instancias da propiedade, entre outras, a casa da rúa San Francisco 51, casa natal de Ricardo Carvalho Calero, abrindo así a porta á desaparición deste edificio de importancia histórica e patrimonial e incumplindo o acordo plenario onde se recolleu o compromiso de adquirir este inmoble por parte do Concello de Ferrol. A moción presentada por Esquerda Unida-IU contou co respaldo do Pleno, coa idea de rehabilitalo inmoble como centro cultural.

Este non é máis que un novo caso, moi significativo eso sí, de premio aos propietarios arruinadores, que deixan caer as casas dos nosos barrios históricos. O Concello, incumple a lei, que lle esixe velar pola conservación do patrimonio construido por riba dos intereses dos propietarios. Nos últimos seis anos desapareceron por inacción da administración municipal a cuarta parte dos inmobles con interese patrimonial en Ferrol Vello, pasto dos incendios, do abandono dos propietarios e das promocións inmobiliarias que destrúen o patrimonio construido.

Lamentamos a desgraciada inacción do Concello nestes últimos meses para pór en valor o acordo do Pleno e evitar a degradación e ruína do inmoble. Por canto un dos deberes da administración municipal e instar a conservación deste ben inmoble. O Concello de Ferrol ten a obriga legal, obriga que obvia sistemáticamente, de instar ao propietario a realizar as obras precisas para o mantemento do inmoble. Se o propietario non as executase, o Concello ten que aplicarlle multas coercitivas e reiteradas ata que as execute. Se esto non sucedera, é o Concello o que ten que facer as obras de mantemento de oficio e pasarlle a multa ao propietario.

Esta obriga é ignorada sistemáticamente polo Concello e, cando chega a hora, despois de anos de abandono, só queda declarar ruina o inmoble, culminando así o atentado en contra do patrimonio cultural.

Nas outras cidades e vilas de Galiza é común atopar que as casas natais dos nosos máis esgrevios persoeiros da cultura (pintores, escritores, intelectuais) son centros culturais, bibliotecas ou museos temáticos sobre a súa vida e obra. En Ferrol, este goberno municipal, en troques, deixa caer este inmoble, aínda contando con cartos para mercalo. Tal é o caso da Casa Natal de Carvalho Calero que conta con fondos do IGVS para este fin. E un xeito ben curioso de amar Ferrol.

A nosa organización quere ademáis chamar a atención da cidadanía acerca da praxe democrática do alcalde, que namentras acorda nun Pleno unha cousa, aproba as agachadas e por decreto a contraria. Semella que os nosos gobernantes soportan mal o debate libre e á luz pública, e prefiren agocharse tras un feixe de expedientes para ignorar a lei e as decisións democráticas dos nosos representantes.

ESQUERDA UNIDA-IU entende unha falta democrática gravísima saltarse un acordo plenario, facelo as agochadas e contradecindo o acordado, e aínda por riba malbaratando un inmoble senlleiro do noso patrimonio e da historia. Reclamamos unha rectificación e o cumprimento do acordo plenario, que dote a Ferrol dun espazo para a cultura na casa dun persoeiro ferrolán que atendeu a nosa cultura e axudou a sérmonos un pouco máis libres.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon