martes, abril 10, 2007

Denuncian o desinterese do equipo de goberno para pór en funcionamento a escola infantil de Caranza

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail
Data: 10 de Abril de 2007 14:45
Asunto: Denuncian o desinterese do equipo de goberno para pór en funcionamento a escola infantil de Caranza


ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar o desinterese do equipo de goberno para pór en funcionamento a escola infantil de Caranza

ESQUERDA UNIDA-IU considera inaceptable que o goberno municipal deixe pasar os días sen resolver as cuestións pendentes para garantir que a escola infantil de Caranza poida botar a andar o curso vindeiro. Como xa denunciabamos hai varias semanas, o goberno municipal carece de máis mínimo interese en dar resposta a unha demanda social e educativa de grande importancia para Caranza e para o conxunto da cidade.

O equipo de goberno non pode enganar todo o tempo a tod@s, á oposición, ao barrio de Caranza a e o conxunto da cidadanía,que lle temos reclamado reiteradamente dilixencia e compromiso con este servizo educativo e social.

Un día comprometen unha partida orzamentaria para arranxos urxentes, outro nos din que eles xa fixeron os deberes e que agora resta esperar a sinatura da vicepresidencia, cando a realidade teimuda é que están a deixar morrer os días sen incorporar as modificacións pormenorizadas ao anteproxecto de mínimos, modificacións que lle foron reclamadas pola consellería.

Nós temos que sfirmar que non hai interese en dotar a Caranza e en xeral a Ferrol dunha escola infantil pública e de calidade; que cicáis a dereita política prefire que as nais e pais teñamos que enviar a escolas privadas aos nosos fill@s, para que algúns fagan negocio co que é un dereito; que cicáis a dereita política que malgoberna esta cidade prefire que as mulleres queden na casa a coidar os nenos, e poñer así atrancos a incorporación da muller a vida s social en igualdade de condicións cos homes, para manter roles sexistas e discriminatorios pola vía dos feitos, de negar os equipamentos sociais que propicien a plena incorporación da muller á vida laboral; cicáis a dereita política non entende a importancia da educación nas edades tempranas como factor que coadxuva á correción das desigualdades sociais coas que os nen@s chegan á escola.

ESQUERDA UNIDA-IU fai un chamamento as administracións implicadas , concello e Xunta, para que con traballo e non só con declaracións electoralistas fagan o necesario para que a escola infantil de Caranza entre en funcionamento este vindeiro curso. Non en van, levamos medio ano perdido dende ao acordo do Pleno do concello onde acordáronse unha serie de demandas que suporían a incorporación de Ferrol ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. Dende entón, hai menos traballo feito que palabras pronunciadas e ningún resultado. Por elo a nosa denuncia e a nosa esixencia de que o goberno municipal se poña mans á obra para que no que depende del a escola infantil sexa unha realidade educativa e social pública e de calidade.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon