Opinión: Xan do Couto
De: Xan do Couto -xandocouto@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de abril de 2007 9:59
Asunto: Sei o que fixestes na última lexislatura
Hai motivos para estar preocupado ?
Sei o que fixestes na última lexislatura
O asunto do saneamento do rural de Narón ven de vello. O partido do grupo que goberna no Concello, leva desde hai anos, como principal promesa eleitoral o saneamento do rural, e ainda está sen se cumprir. Nos últimos meses comezaron as obras, non sen protestas veciñais pola falta de planificación, información, diálogo ... e o que fixo saltar a alarma veciñal foron as abusivas taxas que cobra o goberno municipal do Sr. Gato, aínda máis se as comparamos coas que cobran nos concellos veciños.
O Alcalde Gato e a súa equipa de goberno,leva anos potenciando o urbanismo e a construcción en superficie, gastando grande parte dos cartos municipais en obras de difícil xustificación [vesaxe o que chaman Pazo da Cultura]; potenciando centros comerciais onde xa hai outros; deixando construir naves industriais nunha zona residencial [A Faisca]; construindo unha "Cidade Fidalga" sen zonas verdes; un edificio onde vai a biblioteca municipal de suposta innobadora estética de vanguardia e posteriormente permitindo a construción de novos edificios que a ocultan; o abandono do rural en sustitución do que noutrora foi a política de descentralización dos servicios, a potenciación dos servizos sociocomunitarios, a dotación ao movimento veciñal de infraestruturas e o apoio e promoción da iniciativa cultural.
O medre do polígono industrial de Río do Pozo non está indo á par coas infraestruturas de saneamento necesarias. Onde están vertendo as augas residuais ? Onde vai o controlo dos resíduos tóxicos [pinturas, aceites, productos químicos, ...] ? Non hai quen depure nada, todo vai á Ría sen negún tipo de tratamento nen controlo.
Cousas ben feitas como as Escolas Infantís, van e se privatizan na súa xestión. Formúlase un novo equipamento municipal de saúde centralizado mais sen ter en conta a opinión cidadán e as súas demandas. Non se pratica, a excepción do Consello Municipal da Muller, a tan manipulada participación cidadán, o que se fai é chamar polo cemento, que obsesión ! A verdade é que o cemento é a especialidade deste goberno municipal. Non é de estrañar que sexa un dos concellos da Galiza onde mais se construi, xa non falemos da segunda cementeira e os escapes de clinker, xa non falemos do Talium altamente cancerixeno.
Está ademais a mole da zona da antigua Arzúa que se construiu vertendo lodos sen controlo ao río. Por certo moitas das vivendas que se van a ofertar nese edificio non chegan aos 40 m2, casualidade que a nova lexislación ao respeito da vivenda os proiba. E que pasa no Ponto? A chatarra de MEGASA vai chegar ao ceo. O recheo foi unha das maiores agresións á Ría, hoxe podese ver a montaña de chatarra desde a estrada de Castela. Mais importante é o que non se ve cando a auga da chuvia lava a chatarra de incontrolada procedencia e todo vai parar ao mar, sen negún tipo de depuración; xa non digamos o que se verte no Ponto a escasos metros da Casa de Guarda Ríos, o que hai pouco era un río, hoxe é un sumidoiro de cheire fedento que impregna todo o contorno. Mais sigamos con MEGASA e o seus verquidos no lugar das Barreiras, en Pedroso, onde a empresa deposita os residuos de escoria que pruduce bombeando ao río Xubia auga filtrada desa escombreira.E falemos tamén as racalificacións gratuitas aos Freire en Xubia, o diñeiro chama a diñeiro, o que mais ten mais quere... A quen lle sae o diñeiro polas orellas ?, outra vez MEGASA de fondo. Terá que ver algo MEGASA con Terra Galega?, tanta permisividade xa cheira que fede. E o das obras da Autopista polo Couto non ten nome, a falta de controlo fixo que AUDASA non respectara o contorno, poñendo en perigo un dos patrimonios culturais mais importantes que temos no concello, o Mosteiro do Couto, e tamén pon en perigo as vivendas do contorno. E poderiamos serguir e seguir... Mais o goberno municipal, controlado polo partido do Alcade Gato, agora chamado Terra Galega, valora a súa xestión municipal como modélica e pretende exportala a outros concellos da comarca. Como nos podemos librar disto? Penso que só o MOVIMENTO SOCIAL E VECIÑAL, comprometido e organizado, será quen de poñer freo ás políticas de receitas neoliberais, do que foi Alcalde e se converteu en promotor urbanístico de centro, e defensor do "todo vale" con tal de que enchan as arcas municipais de diñeiro para a súa vez encher Narón de cemento e máis cemento.
Quen traduce todo en diñeiro, non pode agardar un desenvolvemento soltíbel no seu concello. En Naron a realidade nin se lle asoma. Ainda habendo un punto limpo que non hai noutros concellos, non hai a suficiente depuración de residuos, nen de reciclaxe, nen reutilización... e co agrabante de haber dúas industrias altamente contaminantes como son a siderurxia con base na chatarra e as cementeiras. O desenvolvemento urbanístico é desordenado e especulativo, vamos, a Axenda Local 21 está nas antípodas do que se potencia e apoia desde o goberno municipal deste concello.
Fóra do espellismo do boom inmobiliario naronense, está a realidade do mal estado ou falta de infraestruturas comunitarias: sen parques e xardíns na zona urbana; sen beira-rúas nas estradas, con camiños e pistas intransitábeis, pendentes insostíbeis no Couto, falta de planificación para o tránsito rodado e señalización deficiente; falta de depuradoras e de controlo de resíduos industriais e urbanos; falta da rede de saneamento e de auga potábel a estas alturas do século XXI nunha sociedade que se considera avanzada como é a nosa; os centros de ensino públicos abandoados; non hai política de vivendas sociais e protexidas no concello; vexamos o mal estado dos pavillóns polideportivos; non hai unha rede de transporte público axeitada, potenciandose o uso do transporte privado, mais centralízanse os servizos ao redor da Casa do Concello, sen que haxa estacionamento, a non ser que pages outra taxa nun privado; ...].
Que pasa en Narón? Resulta que imputan ao arquitecto municipal por suposto tráfico de influencias, parace ser tamén que o patrimonio deste técnico é algo elevado. Será casualidade ou estamos a ver unha pequena punta do iceberg da burbulla inmobiliaria naronense? Parece ser que, un reducido grupo de empresas se repartíron os proxectos máis relevantes de obras executadas no municipio nos últimos anos. Non decimos máis, xa se saberá o que está a pasar. Mais é significativo que fora a constancia dun veciño cabreado pola desidia, desplante e incompresión dos gobernantes municipais, o que lle levara a destapar as supostas irregularidades. E onde estaba a oposición municipal ? Pois durante anos gobernando xunto con Gato e participando das súas políticas neoliberais, antes o BNG e ultimamente o PSOE. E o PP ?, pois o PP forma parte dese partido tan servil esa burguesía que se beneficia da política municipal do Alcalde Sr. Gato. A oposición non exerceu como tal , estaba cautiva da política de adormidera do goberno municipal, mais a proximidade de eleicións municipais parece ser que é o antídoto que os fai reaccionar, despertar e tomar posicións.
Serán estas últimos movimentos que Narón desperta ou simplemente que se aveciñan as elecións municipais? É esperanzador que a veciñanza do rural despertara dos efectos da política de adormidera que se inxectava desde a Casa do Concello e decidira pasar á mobilización popular na defensa dos seus intereses. A veciñanza deféndese das taxas abusivas da rede de saneamento e auga potábel xudicialmente [mais de 100 veciñ@s apresentaron demanda] e a través da mobilización popular. O 25 de marzo tivo lugar unha importantisima e histórica manifestación contra a política do goberno municipal. Máis de mil persoas reivindicaron, dun xeito moi activo e participativo, outra política municipal, organizadas pola Agrupación das Asociacións Veciñais da Zona Rural de Narón. O xulgado dá parcialmente a razón á veciñanza nas primeiras sentenzas polo asunto das Taxas. O Goberno Municipal ten que recuar nas súas pretensións abusivas. O Alcalde tivo que suspender o Pleno Municipal do pasado venres, 30 de marzo, pois as protestas veciñais chegaron até o mesmo, respondendo con unidade e firmeza na defensa dos seus intereses veciñais, ante a chulería e prepotencia de certos concelleiros, non acostumados a ter oposición na Casa do Concello. O arquitecto municipal imputado por tráfico de influencias, e o Alcalde con moitos visos de ter que declarar. Algo se move no Concello de Narón. Hora é de que o Movimento Social e Veciñal tome a palabra e a rúa, ten que facerse oir e reivindicar que outro Narón é posíbel.
Narón, 1 de Abril de 2007
Xan do Couto
_____________________
Manifestación do 25 de Marzo de 2007, contra as abusivas taxas de saneamento e enganche coa rede de auga potábel, convocada pola Agrupación de Asociacións Veciñais da Zona Ruralde Narón, así recolleron os medios convencionais a noticia:
Enlace coa noticia no Diario de Ferrol
Enlace coa noticia en La Voz de Galicia
Enlace coa noticia en La Opinión de A Coruña
_____________________________
La Voz de Galicia
Luns, 26 de Marzo de 2007
URBANISMO - Narón
Francisco Varela
O arquitecto municipal de Narón, imputado por tráfico de influencias
O xuíz investiga se participa en firmas que executan obras no concello
A denuncia partiu dun veciño que pleiteó durante 15 anos contra a alcaldía por ruídos
O xuíz imputou un delito de tráfico de influencias ao arquitecto municipal de Narón. O maxistrado Alejandro Morán citou a Manuel Villar para que compareza como imputado, acompañado de avogado se o desexa, e declare sobre as supostas irregularidades.
As dilixencias incoadas polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 7 tiveron a súa orixe na denuncia do particular José Luis do Río Bastida, veciño de Narón, na que facía constar que apreciaba irregularidades en importantes proxectos que se están executando no municipio como Leira Arzúa, anexos de Odeón, un edificio no paseo marítimo de Xuvia e outras na Gándara.
+ Info e noticia completa orixinal en La voz de Galicia
_________________
Ferrol Diario
Sábado, 31 de Marzo de 2007
Narón
Gato suspende o pleno do Concello de Narón por "falta de respecto" dos asistentes
Un centenar de veciños da zona rural presentáronse onte no Concello de Narón para presenciar o pleno ordinario de fin de mes. Logo de tratar os oito primeiros puntos da orde do día, o final víase vir, ante os continuos apupos e algúns insultos pronunciados por parte do colectivo que aumentaron ao tratar o tema do saneamiento rural. Transcorrida unha hora, o alcalde, Xoán Gato, suspendeu a sesión.
+ Info e noticia completa orixinal no Diario de Ferrol
_____________
La Voz de Galicia
Naron Pleno
Sábado, 31 de Marzo de 2007
A polémica pola rede de sumidoiros rural obriga a suspender o pleno municipal
A sesión paralizouse cando a corporación se dispuña a votar unha moción do BNG
O alcalde apelou a un acto «consensuado dende ou principio entre oposición e veciños»
+ Info e noticia completa orixinal en La voz de Galicia
La Voz de Galicia
Narón
Sábado, 31 de Marzo de 2007
Os afectados fixan a súa esperanza no recurso ante o TSXG
+ Info e noticia completa orixinal en La voz de Galicia
_____________________
El Correo Gallego
Sábado, 31 de Marzo de 2007
Narón. Taxas do auga
Gato suspende o pleno de Narón ante as protestas vecinales da zona rural
31.03.2007 Cen persoas interrompen a sesión contra o cobro do imposto de saneamiento
P.H.
Pese á sentenza que lles dá a razón nas taxas de saneamiento do auga, os veciños de Narón seguen o seu programa de manifestacións. O alcalde Xoán Gato interrompeu a sesión plenaria de onte, na que cen persoas expresaron vivamente o seu malestar por estes impostos.
Fai unha semana que a Asociación Vecinal da Zona Rural solicitaba a intervención no pleno. Quería demostrar o seu enfado "porque a nova taxa do auga aplícase ata entre veciños que non están enganchados na rede". O Concello respondeulle o xoves que a petición rexeitábase, xa que o tema atopábase en xulgados sen maiores novidades.
+ Info e noticia completa orixinal en El Correo Gallego
_______________________
La Opinió de A Coruña
María Luaces García.
NARÓN
OS ASISTENTES PEDIRON POR ESCRITO INTERVIR NA SESIÓN PERO O ALCALDE IMPEDIULLO
As protestas contra o saneamiento obrigan a Gato a suspender o pleno
Preto de cen veciños de zonas rurales encheron as gradas do público durante o pleno que, tras unha hora de gritos e insultos, terminou aprazado sen nova data.
Non ocorría nada igual desde fai moitos anos en Narón. Os concelleiros máis novos nin sequera recordaban un clima de crispación parecido ao do último pleno deste mes, que onte terminou como o rosario da aurora. O alcalde viuse obrigado a suspender a sesión tras unha hora de gritos e acusacións por parte dos veciños das zonas rurales que asistiron e que reclaman ao Concello que rebaixe o prezo do servizo de saneamiento, establecido en 1.100 euros por vivenda.
+ Info e noticia completa orixinal en La Opinión de A Coruña
______
Enlaces relacionados:
Impacto ambiental de la industria del cemento -I-
Impacto ambiental de la industria del cemento -II-
____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, abril 09, 2007
Sei o que fixestes na última lexislatura
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, abril 09, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
non estou dacordo con que se cite ó periódico La Voz, habida conta de cal é a liña ideolóxica habitual que desenvolve e a pésima calidade periodística que practica. Máis aínda cando a noticia aparece desenvolta pola prensa comarcal.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon