De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Abril de 2007 14:47
Asunto: Urxe a revisión da delimitación do D.P.M.T. na Frouxeira
Adxunto nota de prensa que enviamos hoxe sobre o asunto.
Un aperta, Carlos Outeiro.
Urxe a revisión da delimitación do D.P.M.T. na Frouxeira
Desde a organización ecoloxista Adega non podemos menos que felicitarnos pola rectificación da Demarcación de Costas en Galiza con respeito ao edificio que pretendía facer en DPMT no concello de Valdoviño. Para acadar esta rectificación foi necesario formalizar dununcia por escrito na propia Demarcación de Costas e nas Consellarías de Política Territorial e Medio Ambiente.
Abalando as causas entre a prevaricación e a incompetencia, deberían derivarse consecuencias para quen utiliza tan inaxeitadamente os cartos públicos.
Reclamamos do Ministerio de MA que, denantes de emprender obra algunha na Frouxeira, revise a delimitación do DPMT en base ao obrigatorio cumprimento da Lei de Costas. Ese entorno ten os marcos de delimitación tan caóticamente ubicados que se poden ollar incluso nas inmediacións da auga da Lagoa da Frouxeira, sendo obrigado protexer a totalidade da zona de influencia das augas e das zonas areosas.
Quen asume a responsabilidade de delimitar este espazo de protección, ten que dar exemplo do seu cumprimento.
Apoiamos a dotación de servizos públicos na praia da Frouxeira, sempre dentro da legalidade vixente, polo que terán que facelo fóra do DPMT e fóra da súa área de protección (100 m) cando isto sexa posíbel ou, con instalacións móbiles en caso contrario.
En Valdoviño a 13 de abril do 2007
Xesús Andrés López Piñeiro
Presidente de ADEGA-Trasancos
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
venres, abril 13, 2007
Urxe a revisión da delimitación do D.P.M.T. na Frouxeira
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, abril 13, 2007
Artigos relacionados
- De: "S.O.S Courel" -soscourel@mundo-r.com-Para: artabra21@gmail.comData: 29 Maio 2008 22:
- Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com- 2 de abril de 2009 16:14A CIG-Ensino está
- Na lista de correos da Rede Galiza Non Se Vende consideran interesante consultar unha not
- De: NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 17 de setembro de 200
- Boletín informativo ambiental 22/04/22 Alén de celebrarse o Día da Terra, nesta se
- Esta quinta feira as 19:00hs, volveremos a concentrar-nos desta vez na Praza de Armas, di
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon