Mais de 4.500 m de percorrido pola cidade, o ponto de partida estaba na Praza de Sartaña, onde se colocou a primeira estiqueta reivindicativa, onde se sinalaba o despropósito municipal de usurpar a praza á veciñanza, para entregala a
mans privadas, lease empresa amiga SERVIOCIO, tamén a acción desenvolvida pola veciñanza e por último a revindicación cidadá: Praza de Sartaña Sempre Pública. O representante do colectivo veciñal,
J. Ramón Jove, dirixeu unhas palabras as persoas congregadas, antes o membro da Xunta Coordenadora da PA21, Mel Sanxoán, presentou o Paseo Urbano lembrando os seus obxectivos.

Comezou o roteiro, atravesando o barrio de Ultramar, As Pías e o barrio de Recimil que pretendía derrubar este goberno municipal, mais a tenacidade na loita veciñal e un pouco de cordura na

Dirección Xeral de Urbanismo, impideu que se cometera un grande atentado urbanístico especulativo e unha agresión á veciñanza moradora do barrio. A etiqueta colocouse nas inmediacións da esquina [Rúa R. Carvalho Calero -Estrada de Castela], onde estaba o "Bambu Club".

Foi elexida esa zona, pois é a designada para levar adiante o Plano Piloto de Rehabilitación. No lugar agardaba unha importante representación veciñal que na súa maioria non se puideron somar ao paseo pola súa avanzada edade. O acto foi moi emocionante e a veciñanza de Recimil moi agradecida. O representante do colectivo veciñal, Eloy

Montero Romero, presidente da
Asociación San Fernando, dirixeu unhas palabras, ás persoas congregadas, resaltando a importancia da solidariedade e o apoio mútuo entre veciñas e veciños.

Os pasos dirixironse até a Praza da Porta Nova, onde se colocou a terceira etiqueta, acima do polémico tunel, fronte aos edificios administrativos da Xunta de Galicia, onde contemplamos case sete anos de obras para unha grande desfeita, onde costruen o macro-edificio

innecesario e ilegal, e toda unha chea de despropósitos que nos van costar moito diñeiro público a toda a cidadanía de Ferrol. O encargado de dirixir a palabra aos congregados foi Miguel Reimúndez, representante da PA21, nos convocates das

mobilizacións na defensa dos espazos públicos.
O Baluarte de Canido, simbolizando toda a zona rural, foi o lugar elexido para colocar a cuarta e quinta etiqueta. Lindo lugar, cun pequeno parque e unha

conservada mostra das murallas que no seu día rodearon Ferrol. A vista que abarca é preciosa, onde podemos contemplar parte da Ría e unha parte importante da zona rural ao leste da cidade. Alí mesmo colocaronse as etiquetas da

Fraga de Menáncaro e as referentes aos casos de Cha-Brión, Os Corrais, Mandiá e Leixa. Como así viña sucedendo no transcurso do percorrido, esta vez foi a veciñanza do rural a que agardaba en Canido. Interviñeron Ramón Regueiro en representación da

Comunidade Menáncaro e Xan Ramírez da Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa.
Na Rúa Insua, colocouse a sexta etiqueta para denunciar a

espoliación que pretendían facer coa veciñanza expropiada para a construción dunha urbanización na zona.

A veciñanza e a asociación veciñal non están contra a urbanización que parece ser ven mellorar a calidade de vida do barrio, polo tipo de vivendas, o parque de máis de 8.000 m2 e os locais comunitarios previstos, mais o que se reivindica é un prezo xusto polas vivendas expropiadas e un realoxo digno.

Pola veciñanza afectada falou emocionado, Enrique Sequeiro que agradeceu as mostras de solidariedade e pideu unha solución xusta diante das expropiacións.
O paseo continuou até Ferrol-Vello, onde a beleza do lugar contrasta co abandono ao que está sometido o barrio, para o cal a Asociación Veciñal

ten un plano que hai poucos días presentou ante a opinión pública. A reivindicación dun plano integral de rehabilitación do barrio é necesaria e urxente, non se pode agardar máis tempo para un saneamento e solución integral. Rematou o roteiro na

Praza Vella, onde se colocou a sétima e última etiqueta cunha bateria de reivindicacións, destacando o saneamento integral da Ría e rexeitando a Planta de Gas que REGANOSA coa complicidade das administracións, pretende poñer en funcionamento

dentro da Ría. O compañeiro Mel Sanxoán encargouse de resumir as revindicacións do Paseo Urbano fronte os Despropósitos Municipais do Goberno da dereita [PP-IF],

cos juanes, Juncal e Fernández á cabeza, rematando o acto o membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Alexandre Carrodeguas, que chamou a seguir mobilizandose contra a regasificadora de REGANOSA: Planta de Gas fóra da Ría.
_______________________________________________________
Galerías Fotograficas do Paseo Urbano polos Despropósitos Municipais [20.05.2007]
- Enlace coa Galería Fotográfica da PA21, fotos cedidas polo Colectivo Veciñal de Sartaña [Disponíbel en poucos días]
- Enlace coa Galería Fotográfica da PA21, fotos cedidas polo Clube de Montaña de Ferrol [Disponíbel en poucos días]
_______________________________________________________
Enlace coa noticia nas versións dixitais dos medios:
Diario de Ferrol
El País, un artigo de Lorena Bustabad_______________________________________
Espolio en Canido:____________________________________________
2 comentarios
O final puiden ir a marcha, e dende logo que mereceu a pena pois pese a que non se fixo demasiado ruido malo será que algun partido pólitico non se de conta do que nos este a pasar, pois hay mais de algun señor concelleiro o que lle debería caer a cara de vergoña.
http://juanjuncal.blogspot.com/ Simplemente incríbel!
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon