De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de Junho de 2007 11:51
Asunto: O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido
AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS DE VIVENDAS EN CANIDO (FERROL)
O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido O Valedor do Pobo dirixiuse novamente ó Concello de Ferrol para esixirlle que solucione o problema dos veciños afectados polas expropiacións no barrio de Canido. A institución que dirixe Ramón Vázquez Sandes recibiu recentemente a resposta da entidade local á súa recomendación de decembro de 2006, pero non a considera suficiente. “Non se sinala nada en relación co dereito de realoxo dos afectados e a correspontente peza separada de realoxo nin cos criterios de valoración”, indica o Valedor nunca carta dirixida ós afectados.
O pasado decembro o Valedor recomendoulle ó goberno local que os criterios de valoración das vivendas non se correspondían cos previstos na Constitución e que os veciños debían ser realoxados “preferentemente” nun novo piso do sector por urbanizar. No barrio a promotora madrileña Albantur proxecta construir máis de 260 vivendas. Pero a comunicación do Concello non tocou ningún destes dous puntos. O Valedor espera actualmente unha resposta definitiva á súa recomendación. En caso de que a nova corporación local non a remita con urxencia, a queixa dos veciños de Canido chegará o Parlamento de Galicia a través do informe anual que presenta Ramón Vázquez Sandes.
Malia que o goberno local aprobou en 2004 que os 18 inmobles afectados polas expropiacións tiñan un valor conxunto de 224.932 euros (uns 12.000 euros por casa) o Concello non lle remitiu ó expediente o Xurado de Expropiación de Galicia ata o 9 de novembro de 2006. Este órgano é a primeira garantía para os expropiados no caso de estar en desacordo coas valoracións realizadas pola Administración.
Os veciños afectados esperan que a nova corporación de esquerdas de Ferrol tome en serio a recomendación do Valedor do Pobo e solucione o problema de xeito definitivo.
_______________________
Espolio en Canido:
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, xuño 20, 2007
O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xuño 20, 2007
Tags
Artigos relacionados
- Este Sábado, 21 de Setembro de 2013, no barrio ferrolán de Canido está organizado, pol
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA DOTACIÓN NO VINDEIRO ORZAMENTO PARA FA
- De: Expropiados Ferrol-expropiadosferrol@gmail.com- Para: artabra21@gmail.comData: 20 de
- Por medio de Fuco Buxán A.C. recebemos a noticia do falecemento de Ramón Capotillo. Me
- De: Expropiados Ferrol-expropiadosferrol@gmail.com-Para: artabra21@gmail.comData: 24 de
- De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-Para: artabra21@gmail.comData: 28 de ma
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon