Hoxe no pleno municipal de Ferrol vai-se tratar unha moción de apoio á veciñanza de Mugardos que leva pechada na Casa do Concello, desde o pasado 23 de xullo en protesta pola actual localización da planta regasificadora de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.
A veciñanza pechada , está conseguindo apoios procedentes de toda Galiza, intelectuais, políticos, artistas, colectivos, ... a solidariedade é amplia. Agora vai-se tratar as súas demandas neste Pleno Municipal.
Desde comezos do peche a veciñanza consiguiu entrevistarse con varios cargos políticos e da administración, mais agora trata-se de conseguir entrevistar-se con cargos que teñen o poder de decisión, para impedir que REGANOSA consiga autorización para o seu funcionamento, sen cumprir os condicionados fundamentais de seguridade: a distancia de 2.000 metros de núcleos de poboación e que os buques gaseiros podan saír a alta mar, en caso de emerxencia, polos seus propios medios. Condicionados imposíbeis de cumprir, é por iso polo que se demanda desde hai oito anos [a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá incluida] que esta regasificadora non pode estar localizada dentro da Ría.
Esta moción non está exenta de polémica, pois está presentada a mesma moción tanto polo grupo municipal de Esquerda Unida [Moción], como pola Federación Veciñal "Roi Xordo" [Moción]. Agardamos unha explicación pública por parte de ambas entidades.
Proposta:
1. O Pleno do Concello de Ferrol apoia as reivindicacións dos veciños da Plataforma de Mehá pechados na Casa do Concello de Mugardos e solicita do Presidente da Xunta de Galicia e do Ministro de Indústria se conceda unha entrevista a unha representación destes veciños na maior brevidade de tempo.
2. O Pleno do Concello de Ferrol insta ó seu Alcalde a realizar cantas xestións sexan necesarias para conseguir as entrevistas dos veciños da Plataforma de Mehá co Presidente da Xunta de Galicia, e co Ministro de Indústria, debendo dar conta pública nun prazo de 20 días das xestións realizadas e dos resultados obtidos
Acudamos ao Pleno para apoiar a Moción
________________
Enlace relacionado de moito interese -I-
Enlace relacionado de moito interese -II-
_______________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Mugardos
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
O apoio á veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, vaise tratar hoxe, xoves 30 de agosto, no Pleno Municipal de Ferrol
xoves, agosto 30, 2007
O apoio á veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, vaise tratar hoxe, xoves 30 de agosto, no Pleno Municipal de Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, agosto 30, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon