De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de Julho de 2007 11:45
Asunto: Feche no concello de Mugardos dunhas cincoenta veciñas e veciños afectados polos 400 famosos metros de exclusión que preve o Plano Exterior de Emerxencias aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia, o pasado 19 de Xullo, para REGANOSA.
Feche no concello de Mugardos dunhas cincoenta veciñas e veciños afectados polos 400 famosos metros de perímetro de seguridade que preve o Plano Exterior de Emerxencias, aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia, o pasado 19 de Xullo, para REGANOSA.
Desde as once da mañá iniciouse un peche no Concello de Mugardos, por mais de 30 veciños de Mehá (Mugardos) pertencentes á Plataforma de Veciños O Cruceiro de Mehá, cuxas vivendas son das mais próximas ás instalacións que constrúe Reganosa.
Entregaron no Concello un comunicado que como veciñas e veciños do Concello de Mugardos solicitando o apoio da Corporación para que lles sexan concedidas sendas entrevistas que desde o 12 de xullo pasado foron solicitadas a Francisco Barroso Palomino Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña do que depende aurtorizar ou non o acta definitiva de explotacion a Reganosa, así mesmo coa Dirección Xeral de Proteccion Civil de Galicia a cal promoveu indebidamente un Plan de Emerxencia Exterior que foi aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo.
Este peche prodúcese así, mesmo cando desde o Comité Cidadán de Emerxenciar para a Ría de Ferrol se está tamén á espera pola resposta dun escrito enviado á Dirección Xeral de Proteción Civil en Madrid e tamén á espera de resposta do Ministro de Industria aos escritos que desde xuño de 2006 se lle enviáron, o último entregado en man o pasado 11 de xullo de 2007 na súa visita a Ferrol, solicitandolle que ordene ao Área de Industria e Enerxía (que depende do mesmo) non sexa autoarizada a acta definitiva de explotación ou funcionamento que Reganosa non ten e que lle é obrigado soliciar, para o que está pendente de resolver condicionados da súa autorizacion de construción relacionados coas distancias ás poboacións e a saída de emerxencia dos buques gaseiros.
Os telefonos de contacto son :
Luz Marina: Presidenta: 699548246
Elena Vicepresidenta: 657270909
Saúdos cordiais
Carmelo Teixeiro
__________________
________
Un accidente nunha Planta de Gas é posíbel.-
Un Exemplo: accidente en China, decembro do 2003.
Relacionadas:
Noticias na BBC.MUNDO
Vernes, 26 de decembro de 2003 - 15:43 GMT
Gases tóxicos tras explosión en China
Traxedia en planta de gas china
_________________________________
Enlaces relacionados:
- O Comité Cidadán de Emerxencia ... : analiza o anuncio da aprobación dun Plano de Emerxencia Exterior de REGANOSA
- 400 metros
- A Comisión Galega de Protección Civil aprobou un proxecto de Plano de emerxencia exterior para a planta regasificadora de REGANOSA
- Escritos sobre PEE -Plano Exterior de Emerxencias- de Reganosa e para que non sexa autorizada a súa entrada en funcionamento definitiva
- Apropósito do Plano de Emerxencia Exterior de Reganosa, aprobado polo Consello Xeral da Xunta, onte, 19 de xullo de 2007
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon