martes, setembro 18, 2007

Algo estase movendo no seio do BNG, con respecto ao proxecto gasístico de REGANOSA

Segundo publica GZnacion, un xornal dixital na oŕbita do BNG, ademais de facerse eco as axencias de noticias, o Diputado Bieito Lobeira, inertveu no Parlamento Galego, cunha pregunta parlamentar á responsábel autonómica, Directora Xeral de Interior, Isabel Durántez, na Comisión Primeira do Parlamento. Fixo unha pergunta oral sobre a actuación policial, o pasado 30 de maio, sobre a xente do mar e membros da Asemblea Cidadá que se manifestaban en Ferrol. Mais a intervención conten unhas declaracións políticas que entrañan un cambio de rumo na postura que viña mantendo o BNG, no conflito de REGANOSA coa cidadanía que moramos nos concellos do contorno da Ría de Ferrol .

Os acontecimentos ocurriron logo de que a mobilización cidadá consiguira impedir a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro "Mourad Didouche", o pasado 29 de maio, día no que detiveron ao Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida. Ese mesmo día xa houbo carga policial no peirao de Ferrol. Mais foi o día 30 no que Ferrol amaneceu ocupado policialmente. Forzas da policia nacional e da guardia civil tiñan tomado a cidade e todos os peiraos e embarcadeiros da Ría. Por terra mar e aire, nun despliegue sen antecedentes, temos que remontarnos 20 anos atrás cando as loitas contra a Reconversión [desmantelamento do sector naval]. O buque metaneiro consiguei entrar, ao día seguinte, na Ría coa perigosa carga para a ilegal REGANOSA. O Grupo Voz, intoxicou e manipulou todo o que poido a través dos seus medios na comarca: Radio Voz e La Voz de Galicia. Fronte a manipulación informativa; a actuación das autoridades que en vez de mirar pola vida e seguridade da cidadanía, puñase ao servizo do corrupto proxecto gasístico; fronte a detención do Patrón Maior e as cargas policiais; a indignación era enorme. O Comité Cidadán decideu concentrarse, ás 5 da tarde, diante dos xulgados onde ía ser posto a disposición xudicial Bernardo Bastida, a tensión durou varias horas, até a saída dos xulgados do Patrón Maior ao que decretaron prisión provisional sen fianza, nun alarde represivo de forte contido político. Convirteuse nun verdadeiro refén da administración e de REGANOSA. A guardia civil postada na porta antiga dos xulgados comezou a cargar contra as persoas concentradas o que tamén fixo a policia nacional que estaba na nova porta dos xulgados atrancando a Rúa dos Mortos, esta sen control e desesperada pola sorpresa da situación. Carga policial desmesurada e moi violenta que se saldou con numerosas persoas feridas e algunha detención.

Enlace cos arquivos da PA21:
Vídeo e fotos do acontecido o 30 de maio de 2007, así como un audio de Pichi Varela da RTVG

Artigo de opinión de Lupe Ces:
Hoje foi um dia moi duro

Enlace coa noticia nos nosos arquivos:
A mobilización cidadá consigueu impedir a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro "Mourad Didouche", que pretende descargar GNL para REGANOSA


O BNG denuncia a carga policial do 30 de maio contra os mariscadores da Ría de Ferrol
Porén, a directora xeral de interior evita manifestarse ao respecto
[GZnación / Redacción / 17 Set 07]

O deputado do BNG Bieito Lobeira formulou esta tarde na Comisión Primeira do Parlamento unha pergunta oral sobre a actuación policial sobre os mariscadores que se manifestaban o pasado día 30 de maio en Ferrol no contexto do conflicto social xerado pola ubicación de Reganosa na ría. O parlamentar cualificou de “desafortunada” e “desproporcionada” a actuación das forzas da orde que rematou coa detención do patrón maior da confraría ferrolá que mesmo pasou tempo na cadea de Teixeiro.

A directora xeral de Interior, Isabel Durántez, asegurou que o goberno galego aposta pola vía do diálogo e a negociación, mais xustificou actuacións como a acontecida en Ferrol, que cualificou como a “última opción nunha situación de conflicto prolongada”. Durántez evitou manifestarse en contra da actuación policial e limitouse a dar dados sobre o despregamento de medios humans na zona, ao tempo que subliñou que “non podemos estar plenamente satisfeitos cando os conflictos non se resolven pola vía do diálogo”.

Lobeira asegurou, pola súa banda, que se tratou dunha “actuación unilateral por parte da delegación do goberno” e opinou que éste non é “o mellor xeito de resolver un conflicto enquistado coma este”.

De feito, o deputado nacionalista quixo levar o debate sobre este conflicto ao Parlamento porque, segundo dixo, “aqui pódese falar de todo” e lembrou que o BNG “aínda defendendo o carácter estratéxico dunha instalación enerxética destas características no noso país, foi a única forza política que presentou no seu día alegacións nas que se cuestionaban o emprazamento da pranta en Mugardos”, ao tempo que lembrou que, para o Bloque, a ubicación ideal sempre foi no Porto Exterior de Ferrol.

Lobeira recoñeceu que, neste contexto, “o debate agora é quen pode sufragar o traslado destas instalacións en función da súa adscrición ao dominio público portuario, ou mesmo á licenza de actividade outorgada polo Ministerio de Industria”.

Enlace coa noticia orixinal en GZnación
_____________

4 comentarios

Que o BNG cambie a súa política respecto a Reganosa, e bon ou é malo ?

Neste video, fala moito e penso que non de REGANOSA. Pois fala de industrialización si, mais non a caquer prezo.... Hai que velo para creelo

http://www.youtube.com/watch?v=hcN0Lveh1eg

Atopeino por internet:

A HIPOCRESIA DE BIEITO LOBEIRA E O BNG 03-07-2007
E para que sigades comprobando a hipocresia deste personaxe, aqui tendes outra mostra de como fala do perigo de que a ria de Vilagarcia se piudese convertir nunha BOMBA DE RELOXERIA, e de que se deben cumprir as sentencias do tribunal superior de Galicia.

E sin embargo cala a boca no caso da BOMBA DE RELOXERIA na ria de FERROL, e no descarado incumprimento das sentencias do tribunal superior de Galicia nese caso.

Mirade o que dician os do BLOQUE:

O BNG denuncia: "A ría de Arousa é unha bomba de reloxería" Bieito Lobeira esíxelle á Xunta cumprir co pacto de retirar os depósitos químicos
do Ferrazo no porto de Vilagarcía ·· Pide tamén a eliminación do transporte marítimo de hidrocarburos nesta zona
E.P. . SANTIAGO
O
deputado do BNG responsable de Pesca, Bieito Lobeira, reclamoulle onte ó PSOE que cumpra o compromiso que adquiriu en febreiro de 2002, conxuntamente co Bloque, para trasladar fóra da ría de Arousa os depósitos químicos e petrolíferos do Ferrazo no porto de Vilagarcía (Pontevedra).

Así, recordou que o 23 de febreiro de 2004 ambas as formacións se comprometeron a cambiar de localización estes depósitos se chegaban ó goberno da Xunta. "Foi Antón Louro -entón secretario de Organización- quen asinou ese compromiso en nome de Touriño", puntualizou.

Por iso, e por medio dunha proposición non de lei, o BNG insta o Executivo central a que poña en marcha as "medidas necesarias" para retirar e
trasladar fóra da ría de Arousa os depósitos que actualmente están no Ferrazo, así como a eliminación do transporte marítimo de hidrocarburos
nesta ría. Tamén pide Xunta que se activen as actuacións "precisas" e no "ámbito das súas competencias" para modificar a súa actual localización.

"Gustaríanos que esta iniciativa se aproba por unanimidade", subliñou á vez que precisou que, desta forma, o BNG quere cumprir co compromiso adquirido cos habitantes da comarca do Salnés en 2000. "Por iso convertémonos nos portavoces das súas reivindicacións", agregou. Lobeira subliñou que a ría de Arousa é unha "bomba de reloxería" se se manteñen os depósitos químicos e petrolíferos. Así, subliñou que o 30% dos buques que entran no porto de Vilagarcía son petroleiros con máis de 25 anos, o 33% dos cales sufriu detencións noutros peiraos por deficiencias.

Na actualidade, o tránsito de hidrocarburos neste porto chega ás 300.000 toneladas/ano, e os nacionalistas estiman que un incremento vinculado ó proceso de ampliación -con novos recheos- alcanzaría no 2010 as 750.000 tns/ano. Por iso, o BNG recalcou que o mantemento deste material na súa actual localización representa un "risco inasumible".

Salvagardar a riqueza natural e económica do contorno

Neste sentido, destacou a riqueza natural e económica da ría de Arosua, especialmente nos sectores do turismo e do mar-industria. "A suma da produción e facturación de todas estas actividades supoñen unha cifra próxima ós 800 millóns de euros anuais e posibilitan 26.000 empregos directos que supoñen máis da metade de todo o emprego da ría", aclarou.

A CERNA Desautorizados polo Tribunal

Lobeira recordou que unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza anulou a resolución de Industria do PP que autorizaba a instalación de almacenamentos de produtos químicos na zona.

Ao mellor temos sorte e agora ponse a denunciar a REGANOSA. Xa sabemos como son os políticos.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon