luns, setembro 17, 2007

Informando e difundindo a convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro e Citas para esta semana

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ven informando a poboación sobre o estado da situación da ilegal e perigosa planta regasificadora que lle deixaron construir a REGANOSA dentro da Ría e a súa vez convocando para a manifestación cidadá do vindeiro 30 de setembro. Que está previsto que saía desde o Porto de Ferrol, ás 12 do mediodía. Festivais populares e eventos que se producen na Comarca son visitados por activistas do Comité. Perante esta semana, partidos sindicatos e organizacións cidadáns van ser informadas de forma específica. Vai ser moi difícil contrarrestar a campaña mediática que REGANOSA co apoio das administracións está realizando, mais confiamos na capacidade de reflexión da cidadanía, para dar-se conta que o despropósito gasístico que REGANOSA instalou dentro da nosa Ría, é unha aberración que entraña un grande perigo para a vida e seguridade das persoas que moramos no contorno da Ría, como tamén pon en perigo os 600 postos de traballo da xente do mar, non só pola cantidade de buques gaseiros que está previsto entren e saían anualmente da Ría coa conseguinte paralización da actividade en varios dos bancos marisqueiros, senon polo obsoleto sistema de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA que produce un impacto ambiental de enormes perxuicios á xa deteriorada Ría.
_____
+ Info na Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:

Enlace co ficheiro da convocatoria en formato -PDF-


AS CITAS DESTA SEMANA:


- 20 de Setembro, Xoves, ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, Organizado polo Colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio”. Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).

- 21 de Setembro, venres, proxeción pública do documentario "O salario do Silencio", ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro. Organizada pola A. V. Fontelonga, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, NÓS-UP e Unión Libertaria. No caso de que chova realizara-se na carpa do Festival de Fervesteiro que estará situada no campo de Batallóns ao lado da muralla do asteleiro.

- 21 e 22 de Setembro, celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será apregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá" e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.

- 22 de Setembro, Sábado, ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades - Campus de Esteiro, reunión de intelectuais, xente das letras e da cultura, para elaborar e asinar un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
__________

1 comentarios so far

Programa do 5º Fervesteiro
Monday, September 17, 2007, 07:43 PM - Programa






Programa do 5º Fervesteiro


Venres 21

15:00h:
Apertura do espazo para graffities.
Na porta do asteleiro.

21:00h:

Cinema ao aire libre: "O salario do silencio". documental sobre a loita contra a planta de gas na ria de Ferrol.
Na praza do hinno galego.

22:00h:
Concertos.
Maladromena.(Hip-hop desde Compostela).
Lost psychotics( Punk-rock desde Ferrolterra).
Aljashsue and the visionaries.( Reagge-roots-ska desde A coruña).
Na porta do asteleiro.


Sabado 22

19:30h:
Roteiro polo barrio de esteiro.
Saida da porta do asteleiro.

22:00h:
Intervencion de Luz Mariña Torrente, membro do comite cidadan de emerxencia para a ria de Ferrol, e presidenta da AA.VV cruceiro de Mea, que levan dous meses ocupando o edificio do concello de Mugardos, en protesta pola ubicacion da planta de gas de Reganosa.
Na porta do asteleiro.

22:15h:
Cocertos.
Presa facil(rock de Ferrol).
Essenzia de lapo(Punk-glamour desde Vigo).
Som do galpom(Folck-fusion desde Compostela).
Dr Funkestein(Funk de Ferrolterra).
Na porta do asteleiro.

Ademais destas actividades, habera mercadillo artesanal, e tamen de colectivos. Entre grupo e grupo se proxectaran documentais e fotografias da loita contra a planta de gas. Asi como pinchadas varias despois dos concertos.
O espazo para os concertos esta cuberto baixo carpa, asi que si chove imos bailar igual!

Que aproveite.
A RIA E NOSA, E NON DE REGANOSA!!!!!!!!!!!!!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon