De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2007 19:12
Asunto: A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora
Nin a calor, nin a distancia, nin as "ausencias" permitiron rebaixar o ánimo dos 5000 manifestantes que onte se reuniron na manifestación de Ribadavia contra o Parque mediambiental dá Carballeda.
Ás 18:30 horas partía a manifestación onde diferentes colectivos, Foro social TEMOS DEREITO A SABER, de Ribadavia (convocantes do evento social), SOS COUREL de Lugo, POLA DEFENSA DÁ RÍA de Pontevedra, Comité Cidadán de Emerxencia dá ría de Ferrol e PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ estes últimos pechados dende fai hoxe 55 días no concello de Mugardos e opositores á localización no interior da ría Ferrolá da planta de gas de REGANOSA, lograron elevar o ánimo de unidade popular e de repulsa ás distintas aberracións que o capitalismo desatinado intenta impor nas distintas localidades da Galiza.
Unha vez na praza do concello o presidente do foro social TEMOS DEREITO A SABER, Clodomiro Montero, agradeceu entre outras cousas, a asistencia masiva da poboación así como da dos distintos colectivos que acudiron a devandita manifestación. Acto seguido presentou a unha madriña de luxo, MABEL RIVERA, quen, exultante, recordou aos presentes que se sentía manipulada polos señores que están no Goberno a quen se lles enche a boca de sustentabilidade e non saben de que están falando.
Neste ambiente de unidade popular, todas as organizacións alí representadas comprometéronse en acudir á manifestación convocada polo COMITE CIDADÁN DE EMERXENCIA de Ferrol, que o domingo día 30 de setembro, ás 12 do mediodía partirá dende o Peirao da cidade departamental baixo o lema :
"PLANTA DE GAS FORA DA RÍA"
PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
ocruceiromeha@yahoo.es
___________
DIFUNDE A CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN EN FERROL, PARA O DOMINGO 30 DE SETEMBRO:
Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:
Enlace co ficheiro da convocatoria en formato -PDF-
Cartaz da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato JPG, para reproduzir e fotocopiar::
Enlace co ficheiro onde está o cartaz en formato -JPG-
AVISO:
Nos locais do Ateneo Ferrolán de 10:00 a 13:00 hrs, poden-se recoller os cartaces e follas informativas da convocatoria que editamos en imprenta.
______________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Convocatorias
Medio Ambiente
Solidariedade
A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora
luns, setembro 17, 2007
A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, setembro 17, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
POSICIONAMENTO ECOLOXISTA EN TORNO AO PROXECTO DE POLÍGONO ADICADO Á XESTIÓN DE RESIDUOS EN CARBALLEDA DE AVIA. 12 de setembro de 2007
Perante a iniciativa de instalación en Carballeda de Avia dunha infraestrutura de tratamento de Residuos denominada “Parque medioambiental”, os grupos ecoloxistas abaixo asinantes REXEITAMOS este proxecto por:
-Falta de planificación previa sobre o tratamento de Residuos Urbanos e Industriais a nivel galego (nova Lei Galega de Residuos e Planos Galegos de Residuos Sólidos Urbanos e de Residuos Industriais).
-Pésima política informativa da administración con continuas declaracións e propostas distintas e mesmo contradictorias.
-Pola súa proximidade aos núcleos de poboación sitos a menos de 2000 metros, pola súa posíbel afectación aos recursos hídricos e pola falta dun estudo previo para outros posíbeis emprazamentos.
-Porque a día de hoxe seguimos sen saber a natureza, procedencia e volume dos residuos e as técnicas que se van usar para o seu tratamento.
-Rexeitamos nese emprazamento a posibilidade de levar residuos tóxicos e perigosos como disolventes, aceites industriais ou ácidos e bases.
Porén, APOIARÍAMOS plantas de tratamento para a xestión de residuos, sempre e cando cumprisen os seguintes criterios:
-Estivesen enmarcadas nun modelo de xestión no que prime a Redución.
-Estivesen baseadas en sistemas de tratamento que exclúan a incineración (incluído plasma ou pirólise).
-Que se escollan os emprazamentos máis axeitados para garantir a saúde ambiental e cidadá en función do residuo a tratar, e non ao revés.
Finalmente, os grupos abaixo asinantes manifestan o desexo de que a xestión dos residuos deixe de ser empregada como ferramenta partidista e que pase a ser considerado un dos piares básicos dunha sociedade galega sustentábel.
ASINAN: ADEGA, Amigos da Terra, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon