xoves, xaneiro 10, 2008

Concentración en protesta pola entrada do LNG Sokoto na Ría cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA

Este mércores 9 de xaneiro de 2008, entrou na Ría de Ferrol un novo buque gaseiro, o LNG Sokoto, cargado de GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA. E con este xa son 12 os buques que entraron na Ría poñendo en perigo a vida e seguridade de miles de persoas.

[Clicar acima da imaxe para ver Galería de Diapositivos da Concentración -09.01.2008]

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou, xa como é habitual, unha sonora concentración para protestar pola entrada do buque na nosa Ría. Ao final da concentración o compañeiro "Lalán", coordenador do citado Comité dirixiuse ás persoas concentradas e aos medios de comunicación alí presentes. Fíxonos chegar un saúdo de Carmelo Teixeiro que está convalecente dunha grave enfermidade. Comunicou a interposición do Recurso de Alzada contra a Acta de Posta en Funcionamento de REGANOSA. Lembrou que o vindeiro 13 de xaneiro cumprese décimo aniversario do accidente do Discoverer Enterprise que deixara incomunicado Ferrol durante meses. Se ese accidente foi grave, no caso do que o accidente sexa dun buque gaseiro cargado de GNL pode ser catastrófico. Lembrou a necesidade de dotarse de recursos económicos, polo que chamou para que se venderan as rifas de apoio que están en circulación editadas polo Comité Cidadán. Comunicou que se ía poñer en coñecimento da fiscalia nova documentación no caso do pelotazo urbanístico de REGANOSA en Mugardos. Por último chamou a continuar na loita até conseguir os obxectivos.

Planta de Gas Fora da Ría !!
_____________

_
Enlace coa Galería de Diapositivos da Concentración [09.01.2008]
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon