martes, xuño 10, 2008

Remata a Folga de Fame que viña mantendo José Álvarez en Ferrol, contra a instalación do "Escudo Estelar Europeo"

Tags

Remata a Folga de Fame que viña mantendo, o activista do Movimento Humanista, José Álvarez en Ferrol, desde o pasado 22 de maio, polo Desarme e contra a instalación do "Escudo Estelar Europeo" de mísiles.

O domingo, 8 de xuño, finalizarei ás 12 do mediodía a folga de fame que empecei o día 22 de maio, durante 17 días, coa intención de denunciar publicamente o intento U.S.A. de instalar a súa "Escudo de mísiles" en Centroeuropa, de costas á xente.

Durante estes días, en Ferrol, por contacto directo e entre amigos foise correndo a voz pola cidade da necesidade de presionar ao goberno checo cos envíos masivos de firmas desde toda Europa para lograr que non asinase esa mesma semana o acordo cos Estados Unidos. A nosa cidade sumouse así á correntada de activismo que se viviu noutras cidades europeas como Copenague, Budapest, Trieste, Milán, Roma, Zúric, Toulousse, Berlín, Málaga, etc

Grazas a toda a xente que colaborou, ata fose de Europa, como en USA, Chile, México, Australia?; grazas ás campañas con xente solidaria en folga de fame, campañas con xaxúns de 24 horas, mobilizacións de todo tipo; grazas ao aumento de adhesións e mensaxes de apoio e á recollida de firmas, logramos que o goberno checo tivese unha entrevista cos humanistas de Praga. Por suposto, o goberno pronunciou bonitas palabras e nada máis, pero aprazamos un mes a firma do tratado con EE.UU. Co tempo gañado, aquí en Ferrol actívase xa todo contacto na rúa para que reenvíe os links dos blogs informativos ás súas liñas de amigos, que á súa vez llos reenvían a outros co fin de ampliar a superficie informada e multiplicar exponencialmente as firmas.

Tras a resposta do goberno checo, os dous Jan deixan a súa folga de fame e toma a substitución a sociedade civil (políticos, artistas, intelectuais fan folgas de 24 horas na República Checa). Giorgio Schultze, portavoz do humanismo en Europa, comeza a súa folga de fame no mesmo momento en que a deixan os dous activistas checos. Hai xa indicios de núcleos de non violencia, activados entre amigos, por todos os barrios de Ferrol. O freo escéptico é substituído polo entusiasmo coa perspectiva de poder levar adiante con forza , cojuntamente, a acción solidaria.

Vese a necesidade de chegar ao Parlamento Europeo, alí Jan Tamas e Giorgio Schultze terán unha reunión o próximo día 11. Entre tanto se van gañando adhesións de organizacións varias e agrupacións políticas. Ponse en marcha unha campaña para lograr a adhesión dos deputados dos distintos países e lograr que a Unión Europea debata a temática do Escudo Estelar. Exponse a posibilidade dun encontro semanal en Ferrol entre amigos que están en simpática sintonía coa non violencia activa.

Cara ao fin da folga comézase a correr a voz de que o domingo día 22 deste mes tamén Ferrol sumarase ás manifestacións das cidades europeas que reclaman a paz cun gran encontro de confraternización entre todos os amigos que colaboraron ou queren colaborar nesta campaña europea a favor do desarmamento. O próximo día 22 en múltiples cidades do planeta participaremos da Xornada de Folga de Fame Mundial, para que se deixen de instalar tantos mísiles nucleares e teñamos en cambio máis pan, saúde e educación?

José Álvarez.
________________

Enlace co artigo orixinal

Enlace relacionado no Blog da PA21
___________

1 comentarios so far

Queridas amigas e amigos:

Agradezco moitísimo todo ó apoio que recibín pola vosa beira no sabido intento de denunciar públicamente a aposta que polo aumento do belicismo e do armamentismo (nuclear e convencional) estase inda hoxe a levar adiante.

Hei dicir que, ó meu ollar, ós amigos somos todos (todos... os que -de acordo ou no coas nosas ideas- queremos sinxelamente un mundo mellor) e, por iso, seguimos en pé, e activándonos uns ós outros, pra que todo xeito de violencia poda pasar a non ser máis que un pesadelo, do pasado, que fixemos desaparecer da paisaxe humán nista xeneraxión.

Neste intre estase empezando a preparar unha "Marcha Mundial pola Paz e á Non Violencia" á que, por enriba das nosas -enriquecedoras- diferencias, tod@s deberíamos adherir. Iste é o momento doado pra afinar muy ben e ó máis amplamente posíbel, as líñas de conexión entre todos nos.

A violencia (física, económica, sexual, racial, ideolóxica, psicolóxica, relixiosa é moral) aféctanos muy seriamente a todos, non hay más que abrir os ollos pra ter algo que siñalar, e por iso chega ó momento de denunciala abertamente é sin reparos, pois así poderemos -entre tod@os- retirar da sociedade (e... de nos mesmos) esa gran lacra, a única que traba ó progreso humán. Ise é o sentido da activación dos núcleos de non violencia, núcleos que somos nós -os de aquí- e tantos e tantos millós de amigos que solo esperábamos a indicación (ó diversísimo conxunto) pra poder facer, movéndonos todos xuntos, a necesaria trasformación global. Ahora empezan a darse as condicións, e temos -pra orientar o cambio da situación actual- pouco mais de un ano.

Sabede que non caeu en saco roto ese sano ofrecemento de encontrarnos semanalmente, en Ferrol, todos os que non somos nada indiferentes á dor e ó sufremento humán.

Unha aperta a tod@s con moito cariño.

Jose.

PD.: Quixera aclarar que eu non son activista do Movimento Humanista, como se siñala no subtítulo dista entrada. Tampouco estou afiliado a ningún partido político nin profeso ningunha confesión relixiosa. Nin xiquera estou en "Mundo sen Guerras", inda que (dende "Á Mensaxe", que eu entendo como a fonda "verdade interior" que tenta en todos nos de expresarse) tamén eu tentaréi de apoiar á nova realidade -muy posíbel- do Mundo sen Guerras... na medida das forzas que poida xunguir.

Paz, Forza e Ledicia, pra tod@s!!!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon