De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de julho de 2008 19:58
Asunto: 30 xullo. Convocatoria Concentración : Entrada 26º Gaseiro
Anunciada a entrada do 26º Gaseiro rumbo a REGANOSA
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol,
Convoca
CONCENTRACIÓN
Ante o Edificio da Xunta de Galicia
na Praza de Amada García
(xunto a Praza de España de Ferrol)
Mércores, 30 de xullo, ás 8 da tarde
Convoca
CONCENTRACIÓN
Ante o Edificio da Xunta de Galicia
na Praza de Amada García
(xunto a Praza de España de Ferrol)
Mércores, 30 de xullo, ás 8 da tarde
O buque que agardamos é o "LNG Rivers" o que na sua anterior entrada estivo a punto de protagonizar un serio incidente, ao errar o rumbo na bocana da Ría, e ter que repetir a manobra de aproximación, pasando moi perto do baixo das Merloeiras.
Á vez que esperamos resposta ás nosas demandas de explicación deste incidente, este Comité pregúntase:
¿Para cando as nosas Autoridades van ter a valentía de afrontar o gravísimo problema que supón a ubicación da Planta de Gas no interior de Ría, e o risco do contínuo tránsito de gaseiros incumplindo toda a normativa de seguridade establecida?
¿Cando van a acatar as Sentenzas en contra do establecemento e autorización de funcionamento de Reganosa, que de continuo emite o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.
¿Que tremenda desgraza ou cantos centos de vítimas terá que haber para que esta demanda sexa escoitada e atendida?
Mentres tanto, este Comité, agora e sempre, como fai 8 anos, seguirá esixindo:
¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!
Acude a Concentración e difunde este comunicado.
- Enlace co post do CCE "Descripción do incidente"
- Enlace co post do CCE "Escritos dirixidos a Ministra de Fomento, director Xeral da Mariña Mercante e Capitán Marítimo de Ferrol"
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon