xoves, xullo 31, 2008

Nova convocatoria da Masa Crítica, como todos os últimos xoves de mes, este Xoves, 31 de Xullo, ás 20:15 hrs, no Palco da Música da Praza do Inferniño

Nova convocatoria da Masa Crítica Ferrolán, como todos os últimos xoves de mes, este Xoves, 31 de Xullo, ás 20:15 hrs, no Palco da Música da Praza do Inferniño

Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes
_______

The Return of the Scorcher

O lexendario documentario que supostamente deu orixen ao térmo “masa crítica” no ciclismo urbano.


____________

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.

Mais info en: www.bicis.info

masacriticaferrol@gmail.com

Animádevos a participar e axudade nos a difundir esta convocatoria

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

MasaCritica Ferrol
-masacriticaferrol@gmail.com-
__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon