De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de julho de 2008 12:13
Asunto: Demanda de explicacións sobre o incidente do LNG Rivers
Escritos dirixidos á Ministra de Fomento, ao Director Xeral da Mariña Mercante e ao Capitán Marítimo de Ferrol
Asunto: Manobra de entrada do gasero "LNG Rivers" o día 2 de xullo de 2008 na Ria de Ferrol
Sra. Dª Magdalena Alvarez Arza
Ministra de Fomento 28071
Madrid
Manuel A. Rodríguez Carballeira, DNI ..., con enderezo a efectos de notificacións en ..., coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, formado por un gran número de asociacións cidadás, culturais, e ecoloxistas, ao amparo do artigo 35 da lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións publicas,
EXPÓN:
O pasado 2 de xullo sobre as catro da tarde o buque gasero "LNG Rivers" de 288 m de eslora cargado com 135.000 m3 de gas natural tivo serios problemas para entrar em a ría de Ferrol.
Esa tarde o vento sopraba do Sur e había marusía. A marea alta era ás 4:34 PM cunha altura de 3.80 m. O buque estábase achegando á costa sen que estivesen os prácticos a bordo. Sen saber se a causa foi unha mala enfilación ou a forza combinada do vento e o mar que empuxaban o buque cara á costa, a realidade é que pouco despois de subir os prácticos o buque en vez de continuar a manobra de entrada virou en redondo, cando estaba perto de Punta Coitelada, pasando moi perto da costa e por encima dos baixos "Merloeiras", con puntos de calado entre 11 e 16 m (BMVE).
Posteriormente renovaron a manobra tomando a enfilación correcta, comezando desde un punto mais afastado da costa. Moita xente presenciou a inusitada manobra mentres estaban pescando ou paseando pola costa.
Como queira que este tipo de manobras con este tipo de buque supón un risco tanto para a navegación marítima na canle de acceso á ría de Ferrol, así como para os habitantes das súas marxes é polo que,
SOLICITO,
que me facilíten todos os detalles relativos á manobra efectuada: Posición do barco e hora exacta de cando subiron os prácticos, diámetro do circulo de evolución deste buque para a velocidade que tiña em ese instante, momento e posición exactos en que tomaron remolque cada remolcador, rexistro detallado dos datos da derrota seguida polo buque durante o xiro en redondo e posterior derrota de entrada até o fondo da ría e atracada no peirao de Reganosa.
Ferrol, a 10 de xullo de 2008
Asinado. Manuel A. Rodríguez Carballeira
___
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___
Enlaces relacionados:
Gaseiro en perigo [02.07.2008]
Diapositivos e mapas [02.07.2008]
__________
1 comentarios so far
Outras informacións falan de que o gasero "LNG Rivers", despois de saír, con dúas mareas de retraso, do Porto de Mugardos o día 4, aínda estivo algún tempo parado na zona resguardada do Porto Exterior frente a praia de Cariño.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon