venres, xullo 18, 2008

Sembrando incendios no Courel

De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 4 de julho de 2008 16:50

Asunto: Sembrando incendios no Courel




Sembrando incendios no Courel

Difunde !!!

A Xunta de Galicia decidida a acabar co Courel !!

Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio.

Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra

  • Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.
  • Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...
  • Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.
  • Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais, .....
  • Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.
  • Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de “autovías” de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.
Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.

Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.

Así viaxa o Courel cara o Parque natural. Santa Eufemia en dúas fases:

1ª Fase

2ª Fase

A propósito da destrucción do Courel, mañá sábado, día 5 de xullo, en “La Vanguardia”, con referencia na portada , sairá unha reportaxe de tres páxinas adicada ao Courel. http://www.lavanguardia.es

Saúdos

SOS Courel, xullo de 2008

Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
NIF G27362474
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon