O vindeiro Sábado 27 de Setembro de 2008, ás 10 da mañá, está convocada unha Asemblea Xeral da Rede "Galiza Non Se Vende", no local social do C.S. "A Gentalha do Pichel" [Sta. Clara, 21 Baixo], en Santiago de Compostela.
Orde do día:
1). Comentar o resultado da Asemblea extraordinaria do 20 de xullo.
2). Propostas de actividades.
Outros pontos propostos:
- Organización de xornadas informativas sobre os problemas dos que tratamos na Rede a fin de dar a coñecer a nosa actividade e ampliar a nosa base social;
- Na mesma liña do anterior (divulgar e darnos a coñecer), organizar unha caravana festiva que percorra diferentes lugares;
- Caravana de Galiza Non Se Vende.
- Mani en Fevereiro, antes das eleiçons.
- Voto pola terra: Na Asemblea Extraordinaria do 20 de Xullo, falouse da posibilidade/necesidade de facer unha proposta de participación nas próximas eleccións; houbo compañeir@s que se comprometeron a concretar dita proposta, que agora vos presentamos.
- Plano acuícola.
- Asessoria jurídica e finanzamento desta.
- Feches.
- Plano Eólico.
- Propostas de Campañas.
- Manoel Santos da Plataforma Medioambiental de Corrubedo, propón incluir na O. do D. da próxima Asemblea o tema da participación no Foro Social Galego que se celebrará en decembro.
- Varios.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon