Enlace coa Galería de Diapositivos en alta resolución, da concentración Por Palestina de Ferrol, do 9 de Xaneiro de 2009
Hoxe, 9 de Xaneiro de 2009, tivo lugar a segunda mobilización Por Palestina en Ferrol, desde que comezou a agresión o pasado 27 de Decembro. Un número importante de persoas congregaronse na Praza Amada García, nunha acción de apoio a Palestina e para protestar contra a agresión sionista. En diferentes cidades e vilas da Galiza están tendo lugar mobilizacións e asembleas, para preparar e coordenar as accións de Solidariedade con Palestina diante da agresión israelí. Esta semana tiveron lugar varias reunións nas que se decideu unificar as mobilizacións e convocar unha só Manifestación Nacional o Domingo 18 de Xaneiro, ás 12 do mediodía na Alameda de Santiago de Compostela. Desde Ferrol vaise contratar autobuses para desprazarse até Compostela. Para preparar esta mobilización vai ter lugar unha reunión, o vindeiro Martes, 13 de Xaneiro, ás 8 da Tarde, no local da Fundaçom Artábria en Esteiro.
___________________
De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de janeiro de 2009 18:39
Asunto: ACORDOS REUNION PRO PALESTINA
Benqueridas amigas e amigos:
Con satisfacción debemos anunciar que hoxe chegamos a un acordo tódalas plataformas e organizacións convocantes de accións en solidariedade co pobo palestino en Galicia. Así, tanto as mobilizacións deste Sábado, día 10, nas distintas cidades e vilas de Galicia, como a Manifestación Nacional do Domingo, día 18, ás 12:00 horas, desde a Alameda de Compostela e ata a Quintana, contan co respaldo das organizacións que figuran en baixo, así como a de tódalas organizacións que asinan o Manifesto anexo.
Achégase o borrador do Manifesto que será leído no remate da Manifestación do Domingo en Compostela para que cada quen faga as aportacións oportunas antes do Martes, día 13 ás 20:00 horas.
Na reunión estiveron presentes: Esculca, Fundación Araguaney, Seminario Galego de Educación para a Paz, CNT, Marcha Mundial das Mulheres, Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza, Foro de Inmigración, Coordinadora de Crentes Galegos, Fundación Galiza Sempre, BNG, CC:OO de Galicia, UGT de Galicia, e Galiza por Palestina.
O lema da Manifestación será "Galiza con Palestina. Non ao masacre", en galego e árabe, e será portada exclusivamente por palestinas e palestinos. O resto das organizacións e entidades irán á continuación coas súas propias pancartas si así o desexan.
O xoves, día 15, ás 18:00 horas, haberá unha nova reunión nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz, para concretar e ultimar os aspectos técnicos.
Confiando en que podades dar a máxima difusión ós acordos, recibide un saúdo cordial.
Atentamente,
Manuel Dios Diz
Seminario Galego de Educación para a Paz
Enlace co Manifesto Unitario nos Arquivos Ártabros
Galería fotográfica "Agresión Sionista contra o Pobo Palestino"
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon