Por: Sheera Frenkel e Michael Evans
Foto: Patrick Baz/AFP/Getty Images
Crese que Israel utilizou bombas de fósforo branco para cubrir o seu ataque de onte á densamente poboada Franxa de Gaza. O arma, que foi utilizada polas forzas británicas e usamericanas en Iraq, pode ocasionar terribles queimaduras, pero non é ilegal se se usa para crear pantallas de fume.
Mentres as forzas israelís tomaban por asalto as aforas da cidade de Gaza e o número de palestinos mortos chegaba a 500, podía verse como estas bombas esparcían grosos tentáculos de fume branco para cubrir o avance dos soldados.
"Estas explosións son espectaculares e producen unha gran cantidade de fume que cega ao inimigo para que as nosas forzas poidan avanzar," dixo un experto en seguridade israelí.
As partículas incandescentes de fósforo branco poden causar queimaduras moi graves a quen se atopen ao seu alcance, o que impide que posibles francotiradores e operadores de explosivos a control remoto poidan actuar. Israel admitiu utilizar fósforo branco na guerra contra Líbano en 2006.
O uso desta arma na Franxa de Gaza, unha das zonas máis densamente poboadas do mundo, pode aumentar a controversia respecto ao ataque israelí, durante o cal máis de 2.300 palestinos resultaron feridos.
Aínda que a Convención de Xenebra de 1980 establece que o fósforo branco non pode usarse como arma de guerra en contra de poboacións civís, o Dereito Internacional non prohibe de xeito expresa o seu uso como pantalla de fume ou para iluminación.
No entanto, Charles Heyman, experto militar e ex maior do exército británico, declarou que "quen lancen fósforo branco deliberadamente contra civís poden terminar sendo xulgados polo Tribunal da Haia. O fósforo branco tamén é un arma utilizada para infundir terror, pois as partículas de fósforo que caen, arden cando entran en contacto coa pel."
Aínda que o exército israelí negou onte utilizar fósforo, tamén se negou a revelar o tipo de armas que utilizou. Segundo o capitán Ishai David, portavoz do exército, "Israel usa municións permitidas polo Dereito Internacional." "Seguimos adiante coa segunda etapa das operacións, as nosas forzas avanzan na Franxa de Gaza para tomar as áreas desde onde se lanzan foguetes a Israel."
A cantidade de civís mortos nas primeiras 24 horas do ataque terrestre -lanzado logo dunha semana de bombardeos por aire, mar e terra- pasa de 64. Entre os asasinados están os cinco membros dunha familia que morreron cando o proxectil lanzado por un tanque deu no seu automóbil, e un paramédico que morreu cando un tanque fixo voar a súa ambulancia. Os médicos do principal hospital a cidade de Gaza declararon que entre os mortos e feridos atópanse moitas mulleres e nenos.
O exército israelí tivo a súa primeira baixa da ofensiva cando un dos seus soldados foi morto por fogo de morteiro. Máis de 30 soldados foron feridos por morteiros, minas e francotiradores.
Israel ignorou as chamadas de cesamento do fogo, para permitir que a axuda humanitaria entre a Gaza, onde as subministracións médicas estanse acabando.
En vista de que as protestas en contra de Israel crecen en todo o mundo, Gordon Brown describiu a violencia en Gaza como "un momento perigoso."
Fósforo branco:
- Produto químico utilizado para crear pantallas de fume que produce unha queimadura que pode chegar ata o óso.
- Cando entra en contacto co osíxeno, o fósforo branco estala nunha chama amarela que produce un denso fume branco.
- Úsase como pantalla de fume e como arma incendiaria, pero tamén pode utilizarse como compoñente flamígero antipersoal capaz de producir queimaduras que poden ser fatais.
- Xeralmente, o fósforo branco produce queimaduras de segundo ou de terceiro grao, porque as partículas seguen ardendo ao entrar en contacto coa pel ata que desaparecen por completo e poden chegar ata o óso.
- As Convencións de Xenebra prohiben o uso de fósforo como arma ofensiva contra civís, pero o Dereito Internacional non prohibe o seu uso como pantalla de fume.
- Israel usou fósforo branco na guerra contra Líbano en 2006.
- As forzas británicas e usamericanas usárono en guerras recentes, especialmente durante a invasión a Iraq en 2003. O seu uso foi amplamente criticado.
- Na xerga militar o fósforo branco (white phosporus en ínguas) recibe o nome de "Willie Pete", que data da Primeira Guerra Mundial. Usouse amplamente durante a Guerra de Vietnam.
TeleSUR
Creative Commons License
A Nova Televisión do Sur C.A.
(TVSUR) RIF: G-20004500-0
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, xaneiro 06, 2009
Israel lanza bombas de fósforo sobre Gaza
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xaneiro 06, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon