De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Adega - Trasancos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de janeiro de 2009 18:17
Asunto: Solicitude ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo, desetimación polígono industrial no espazo natural de Leixa (Ferrol)
Solicitude ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo, desetimación polígono industrial no espazo natural de Leixa - Ferrol
Estimados señores-as:
Remitímoslles a seguinte nota de prensa por se teñen a ben informar dela ou notificar sobre o asunto no seu medio informativo.
Atentamente
Antonio García Jiménez
Vogal de ADEGA-Trasancos
Apdo Correos 481
15480 Ferrol (A Coruña)
angaji@yahoo.com
Tlf 981324707//625878352
Ferrol 20.1.2009
ASUNTO: Enviado ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo cartas e documentación para intentar a protección do espazo natural de “San Pedro de Leixa” ante o proxecto de realización dun polígono industrial nesa zona.
REMITE: ADEGA (Asociacion para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Delegación de Trasancos.
PUNTOS BÁSICOS DA SOLICITUDE:
A) A paraxe natural de S. Pedro de Leixa e das zonas mellor conservadas do interior do concello de Ferrol, (con espazos incluídos no catálogo de benes protexidos do PXOM) e está ameazado polo proxecto de realización do “Polígono Industrial de Leixa”
B) Se tal polígono industrial se levase a cabo provocaría:
- Importantes danos na fauna da zona. (Nesta ubicación atópanse máis de 40 especies entre mamíferos, reptiles, aves, peces, ou anfibios da zona estarían englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable)
- Importante afectación aos bosques de ribeira da zona, a Fraga da Pega (ainda que se intenta manter no proxecto final),comunidade de Ripsilvas, etc
- Importante afectacíon ao sistema fluvial (Regos de Leixa e de Fonteiroa)
- Probable interacción coa rede hospitalaria publica da Area Sanitaria de Ferrol ( o polígono industrial de Leixa, en caso de levarse a cabo, estaría totalmente adxacente ao Hospital Novoa Santos e ao Hospital Básico de Defensa (ver Anexo III), e moi preto da zona están o Hospital Arquitecto Marcide e o Centro de Minusválidos có evidente perigo que supón ter un polígono industrial, con posible tránsito o almacenamento de mercadurías perigosas cerca de estos hospitais)
ARQUIVOS ADXUNTOS:
ANEXO I: Carta enviada ao Valedor do Pobo cos aurgemento da solicitude de desestimación “Polígono Industrial Leixa” [En formato -pdf-].
ANEXO II: Alegacións previas enviadas en 2007 ao proxecto do polígono industrial en S. Pedro de Leixa - Ferrol [En formato -pdf-].
ANEXO III: Esquema do proxecto ubicación polígono industrial de Leixa e núcleos hospitalarios adxacentes e inmediatos [En formato -jpg-].
Nota. Se precisan información adicional (outras alegacións, copia do propio proxecto, carta remitia ao Parlamento Europeo, cartas remitidas a Conselleria Vivenda, Alcaldía de Ferrol, etc) poden solicitarno-lo
Atentemente:
Asinado:
- Antonio García Jiménez - Vogal de ADEGA-Trasancos angaji@yahoo.com Tlf .981324707 e 625878352
- Nés López - Secretario ADEGA-Trasancos lodergz@gmail.com Telf. 649779774
Enlaces relacionados:
Presentadas alegacións ao Proxecto Sectorial do parque empresarial de Leixa e ao Estudo de impacto Ambiental
Enlace Alegacións e Mapa-croquis
A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais
Alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007)
Proposta de resolución para a Asembleia Xeral da PA21, do vindeiro 27 de marzo, sobre Cha de Brión e Leixa
A comarca de Ferrolterra é a comarca galega con máis superficie de chan industrial - Puntualizacións medioambientais sobre Leixa e Mandía
Noticias relacionadas:
La Sepes estudiará construir y gestionar con sus fondos el ...
La Sepes estudiará construir y gestionar con sus fondos el polígono de Mandiá. La entidad planea incluso levantar naves industriales para que sean ...
El PP reclama al Gobierno gallego que agilice los polígonos ...El PP ha reclamado al Gobierno gallego que «agilice» la tramitación para poder iniciar las obras en los polígonos industriales de Leixa y de Mandiá, ...
Ayuntamiento de Ferrol
2 Jul 2008 ... Portuaria proponen al Sepes hacerse cargo del polígono de Mandiá ... y arquitectura industrial que hagan posible un polígono realmente ...
IGAPE - Touriño presenta el Plan de Desarrollo Integral de ...20 Mar 2007 ... “Estamos en condiciones de cambiar la historia e... de Mandiá y casi completada la 4ª fase del polígono de Río do Pozo, ... iniciar una
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon